Amosando publicacións coa etiqueta DIVERCIENCIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DIVERCIENCIA. Amosar todas as publicacións

3.3.18

A ANSIADA VISITA DE SOFÍA ESPIÑEIRA


Alá polo mes de novembro, para celebrar o 25N, Día contra a Violencia de Xénero, comezamos a coñecer a Sofía Espiñeira e o seu traballo discográfico "Alá onde agroman as herbas". Gustounos especialmente a súa canción "NON TEÑO MEDO" coa que fixemos un vídeo no que participou toda a comunidade educativa.





Esta canción converteuse nun himno para o noso colexio e todos e todas disfrutamos diariamente ao escoitala. Por iso os nenos e nenas de Galdo non o pensaron dúas veces e pedíronlle a Sofía que nos viñera a facer unha visita.





"SOFÍA VÉN UN DÍA, SOFÍA VÉN UN DÍA..."





E CONSEGUÍMOLO... Sofía visitounos coincidindo coa celebración do Día da Paz. Preparámoslle un escenario chulísimo, cheo de globos con mensaxes de paz. E é que no cole de Galdo NON TEMOS MEDO... a ser felices, a loitar polo que queremos, a compartir, a ser nós mesmos...


La imagen puede contener: interior



Sofía estivo unha tarde enteira con nós e pasámolo xenial!!!

Fixémoslle unha entrevista que podedes escoitar en RADIOGALDO (preme na imaxe).




E despois escoitamos o seu concerto en vivo e en directo. Queredes escoitalo?? 



10.12.17

NON É MAXIA, É CIENCIA!

Este é o lema adoptado polos pequenos e pequenas do colexio estas últimas semanas.
E cada vez o teñen máis claro posto que preparan distintos experimentos que expoñen e explican aos compañeiros e compañeiras durante os recreos.
Aquí vos deixamos outra mostra do moito que estamos a aprender, esta vez, da man de Andrea,Carla e Santi, de 5º curso.

 

MÁIS CIENCIA

Nesta ocasión, Uxía e Lucía son as nenas que nos van a explicar o seguinte experimento. Preparádevos para ver algo asombroso!
 

UN NOVO CAPÍTULO DE DIVERCIENCIA


Esta semana seguimos cos recreos científicos, e esta vez, os menos e nenas de 5º prepararon e explicaron experimentos relacionados coas propiedades do aire.
Aquí tedes ao primero dos grupos.

3.12.17

RECREOS DE CIENCIA

Esta semana, os nenos e nenas do cole estamos aprendendo moito sobre ciencia. Informámonos,investigamos e preparamos experimentos para compartílos co resto dos compañeiros e compañeiras que veñen a vernos durante os recreos.

Neste caso tocounos expoñer dous dos experimentos realizados na aula!


NON É MAXIA,É CIENCIA