15.5.17

INFANCIAS DE CINE

MICROREDE

Este foi o noso proxecto, dentro do título "A MARIÑA CON MOITA ARTE",o cine...pero non calquera película,senon a máis importante para as nais e pais do noso alumnado,aquelas películas que marcaron a súa infancia. Para iso,un ano máis,vos pedimos a vosa colaboración e como non,de novo,felicitarvos dende aquí, xa que, neste centro participa o 100% das familias.
O equipo de biblioteca preparou unha carta coa seguinte información:



Pouco a pouco foron chegando os traballos....e púxemonos a pensar que formato elixiríamos para expoñer todo isto. Para isto sempre temos as PEDAZO IDEAS da mestra Mari,a expresión plástica é o séu....así que recreo un recanto de cine...con rolos de películas,tickets de entradas,unha claqueta e como non,as palomitas...

Podedes imaxinar cal foron as películas que máis se viron??..pois E.T, MERY POPINNS,e a serie de VERANO AZUL. Os nenos e nenas estiveron moi interesados nisto,paraban a mirar, ainda que non eran películas que eles e elas viran...gústáballes investigar...un éxito total.

Logo de estar 10 días no centro,mudamos para EXPOÑER NO CONCELLO (dende o 8 ao 11 de maio) ,xunto con 10 centros máis, e facer a exposición conxunta da MICRORREDE.

Neste blog tedes toda a información do traballo conxunto coas outras bibliotecas.

                                 http://microrredeamarina.blogspot.com.es/





Ningún comentario:

Publicar un comentario