Con esta e con outras exposicións que se aveciñan entrenámonos como público respectuoso. Aprendemos a comportarnos nas visitas e nas Exposicións. Pois, nunha exposición móstranse obras feitas polas persoas autoras. Iso ten un valor importante e merecen todo o respecto. Ver... pero non tocar! Como se do Museo do Prado se tratase!
Claro que ás veces é unha tentación moi grande o querer sentir e tocar... É o caso da nosa bruxa Winnie e a tentación de pisala ou meterlle a man nos petos da chaqueta, ou..."chocarlle as cinco" coa man aberta!
Tamén resultaban moi tentadoras as casiñas golosas da EEI San Roque...
Aprendimos a tratar con moito cariño os libros de grande formato!
A pasar as follas con coidadiño...
LIBRO DE VISITAS. PARA QUE? Que escribimos?
Ao comezo só firmábamos pero non nos atrevíamos a poñer nada máis. logo, as nais deron exemplo e...comezaron as auténticas expresións!
Mensaxes de agradecemento, de animación a seguir facendo deste tipo de actividades conxuntas. Unhas nenas "anónimas" que se preguntan Por qué O Landro non participa? Felicitacións, opinións e simples firmas. Estamos moi agradecidos por tanta e tan boa participación!
ACTIVIDADES CONXUNTAS. Aprendendo en Comunidades.
Desde o CEIP Plurilíngüe Santa Rita de Galdo agradecemos moitísimo o ser convidados a participar destas actividades conxuntas. A pesares de non ser Biblioteca Escolar pertenecente ao PLAMBE, os colexios da zona sempre se acordan de nós para facer actividades conxuntas , compartir e aprender xuntando as nosas comunidades nunha Comunidade máis grande na que cada centro aporta os seus puntos fortes, as súas fortalezas: Arte, Música e Canto, Contos, Teatro, textos, Curtametraxes, Ilusións e Documentacións. Como base, as Bibliotecas Escolares.
QUE É O PLAMBE?
O PLAMBE é o Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Non todas as Bibliotecas Escolares teñen concedido ese Plan de Mellora. É necesario facer un Proxecto-solicitude e logo , se se aproba ese Proxecto , temos dereito a un orzamento en condicións para poder xestionar e mellorar a Biblioteca Escolar. De feito, na nosa zona, somos dos poucos Centros escolares que non damos entrado a formar parte do PLAMBE.
Esperemos que este ano nos aproben o Plan, pois...a pesares das nosas limitacións, cremos que o esforzo desde as familias é merecedor da aprobación dun Plan de Mellora das Biblioteca Escolar para seguir , lendo, disfrutando e aprendendo dentro da Nosa Comunidade Escolar, do noso entorno e das nosas circunstancias.
Necesitamos un Plan que nos incluia e nos valore como Comunidade que quere medrar en Cultura e en Coñecementos. Só necesitamos o empuxe necesario..! non si?
Ningún comentario:
Publicar un comentario