Despois dunha semana intensa, podemos contarvos tódalas actividades que fixemos para conmemorar esta data, data que traballamos todo o curso pero que facemos mención especial.
- Teremos durante un mes na nosa biblioteca a #MALETA VIAXEIRA DA IGUALDADE, xa que foi solicitada dentro do I PLAN DE ACTIVIDADES PARA A IGUALDADE 2016-2020, da Xunta. A maleta ven cargadiña de libros para poder disfrutalos na hora de ler, mirade que maravillla!.
- Tamén chegou o PAPAGAIO cheo de noticias moi interesantes, xa sabedes, acudide á biblioteca a ver estas novidades!
- O día 13 de marzo, tivemos un TALLER SOBRE O MICROMACHISMO impartido pola psicóloga do concello, como unha das actividades propostas polo CIM de Viveiro. Cremos que é superimportante empezar a educar dende a escola, e canto antes mellor. O alumnado de 6º xa traballara o que era o MICROMACHISMO a través dun libro moi espcecial titulado:"FEMINISMO ILUSTRADO, ideas para combatir el MACHISMO".Con este taller puideron comprobar in situ todo o aprendido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario