Amosando publicacións coa etiqueta @VozNatura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta @VozNatura. Amosar todas as publicacións

6.6.19

MERCADIÑO INFANTIL NO I MERCADO VIVEMAR

OLA RAPAZADA :)


Dende o Concello estase a organizar para este sábado o I Mercado VIVEMAR, no que se realizará un mercadiño infantil.

O sábado día 8 de xuño, é o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS, así que animádevos a levar xoguetes de material de refugallo ou aquelas cousiñas que xan non utilicedes, xa sabedes que dende o #coledegaldo ensinamos a :


REDUCIR,RECICLAR E REUTILIZAR


#senplásticomellor,#concellodeviveiro, #maressenplástico


ESTE É O PROGRAMA :)


DÍA DO MEDIO AMBIENTE #5dejunio

Ola rapazada :)

Hoxe celébrase o día do MEDIO AMBIENTE, ainda que no cole xa levamos a cabo diferentes actividades durante todo o curso para coidar o noso medio, hoxe puidemos ver un VIDEO feito polo alumnado de 6º de EP onde os nenos e nenas de infantil foron os protagonistas.


MIRADE QUE RESPOSTAS MÁIS INTERESANTES...

#ocoidadodomonte



16.3.19

SEMANA DA PRENSA #fridayforfuture

Nesta semana da prensa, vimos como as clases se enchían de periódicos, tanto en papel como dixitais. 

O periódico é unha ferramenta moi boa coa que traballar diariamente, o máis pequenos aprenderon a identificar as diferentes partes dun periódico ( titular, subtitular, pe de fotos, seccións) .

Nas clases de E-dixgal lemos e buscamos noticias diarias, artículos de opinión, cartas ao director, etc xa que trabállase a competencia lingüística e dixital con noticias reais do día a día.

Esta semana traballamos cunha noticia que tiña moito que ver co noso proxecto deste ano, FACER ALGO POLO MEDIO AMBIENTE, xa comezamos dende o curso pasado coa recollida de lixo nas praias, co reciclaxe no centro,tanto no comedor escolar coma no patio e nas aulas, e este ano comprometímonos de fondo no ENTROIDO, facendo os nosos disfraces sen plástico,facendo un guiño ao NOSO MONTE, para traballar co proxecto de @VozNatura.

Hoxe, #15M, en todo o mundo, fixéronse paróns escolares polo #cambioclimático, e o noso cole aportou o seu graniño de area, porque educar no medio ambiente É A NOSA OBRIGA!