OLA RAPAZADA :)
Esta semana ímola dedicar á nosa PREZADA ROSALÍA, cada día, na HORA DE LER, teremos diversas actividades de dinamización á lectura,todas elas relacionadas coa vida e obra de dita escritora.
O luns, foi o turno de 5º e 6º curso, fixeron á ESCENIFICACIÓN DA "CRONOLOXÍA ROSALIANA" (contar de forma amena a súa vida e obras) e unha PERFORMANCE do poema "NEGRA SOMBRA" coa canción de Luz Casal e Carlos Núñez. Para isto documentámonos co libro de "MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA,ROSALÍA DE CASTRO"da editorial URCO.
Este é o video,espero que vos guste.
O martes,foi o turno de 3º e 4º curso,esta vez decidiron utilizar a música dunha maneira moi orixinal. O curso de 3º,traballou co libro-disco "UXÍA,ROSALÍA PEQUENIÑA",da editorial Galaxia,e cantaron "HAS DE CANTAR". O curso de 4º, decidiron rapear; buscando información sobre Rosalía atoparon as WIKIROSALÍAS, unhas nenas que rapean poemas desta autora; elixiron "ALBORADA" porque este poema representa a chegada da primavera que o día 21 de marzo dará comezo coincidindo co Día Internacional da Poesía.
MIRADE QUE BEN O FIXERON!
O xoves, foi o turno de 1º e 4º de infantil; tamén traballaron co libro-disco de "UXÍA, ROSALÍA PEQUENIÑA"; 1º CURSO,recita e canta "ROSALÍA PEQUENIÑA",e as nenas e nenos de 4º de infantil, recitaron unha estrofa do poema "ALBORADA".
E o venres foi o turno do alumnado de Infantil e 1º curso, que fixeron diferentes recitados:
- As nenas e nenos de 6º de infantil,traballaron co libro dos BOLECHAS, AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS, ROSALÍA, da editorial Bahía, recitando "ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES".
- As nenas e nenos de 5º de infantil, traballaron co libro de "ROSALÍA PEQUENIÑA" e fixeron "MAIO LONGO",pero unha versión coa música de Carlos Núñez".
- 2º curso "XAN", unha poesía que nos fai reflexionar neste día da MULLER TRABALLADORA, un Xan que facía tódalas cousas dentro e fóra da casa,vamos ,como di Rosalía, un Xan moi compreto.
PRONTO PODEREMOS VER QUE BEN O FAN !
Ningún comentario:
Publicar un comentario