9.6.19

CLUB DE CIENCIAS, GUSANOS DE SEDA

OLA RAPAZADA :)

Os nenos e nenas de 1º e 2º de EP levan un tempo investigando  a  METAMORFOSE DOS GUSANOS DE SEDA, en vivo e en directo.

Primeiro foron á biblioteca a buscar o libro de INVENTARIO DE  INSECTOS da editorial de KALANDRAKA, documentáronse porque non podían creer que un gusano de seda se convertiría nunha bolboreta. 

Grazas ao microscopio dixital ( mercado co orzamento do club de ciencias ), viron no ordenador como era a sua apariencia cando estaban minúsculos... déronlle de comer MOREIRA e foron medrando dunha forma espectacular en pouco tempo. 

Ademáis de aprender a coidar e respectar a natureza, tamén traballamos a competencia matemática( xa que foron medindo coa regra os cm. que crecían por semana) e a competencia dixital ( aprenderon a usar o microscopio dixital).

Como a profe Cintia era a encargada de traer as follas de moreira tódolos días, decidiron plantar unha árbore no patio, agora xa temos comida no noso cole, que maravilla ! 

Nestas fotos podedes ver como medraron, xa temos dous gusanos fora do nido empezando a súa METAMORFOSE... 

XA VOS IREMOS CONTANDO...



Ningún comentario:

Publicar un comentario