9.6.19

FORMACIÓN STEAM, E-TEXTILES

O pasado mes de abril tivemos a gran sorte de facer unha formación  STEAM no #coledegaldo con PAOLA GUIMERAINS. Aprendimos que o STEAM non so é a programación scratch senon que existen miles de posibilidades como os E-TEXTILES. O equipo de biblioteca tivemos a sorte de coñecer a Paola nas xornadas de bibliotecas en Santiago, celebradas tódolos anos no mes de novembro; despois volvimos ir a outra ponencia nos ENCONTROS PLAMBE19 e pensamos que isto ía ser moi motivador para o noso alumnado, aproveitar a costura creativa coa programación; traballo da competencia computacional. Dende o entroido ( que coseron eles mesmos os seus disfraces) xa saben o que é COSER, agora sería engadirlle a parte robótica.

A clase de 4º de ROBÓTICA, coa mestra Cintia, comezaron nesta andaina. Primeiro familiarizáronse cos led, cables conductores e a polarización +,- dun circuito. 

Nas seguintes sesións intentarán coser no fieltro o fio conductor para facer funcionar estes led.

MIRADE QUE CARAS DE ABRAIO !


Ningún comentario:

Publicar un comentario