20.5.14

EXPOSICIÓN E ACTIVIDADES DAS BIBLIOTECAS.

"DAQUELES CONTOS....A NOVOS FINAIS". Catro días moi intensos de Exposición de traballos e Actividades de Animación e Fomento da lectura.
Unha axenda cultural moi diversa, que reúne nunha actividade conxunta ás bibliotecas escolares da zona.

Os contos clásicos, referente básico nas lecturas ,pero con novos finais adaptados aos tempos actuais. As Comunidades Educativas , alumnado, mestres e familias fixeron posible esta cita cos Contos.
Na Praza Maior, na Sala de Usos Múltiples do Concello, o Martes 13 de maio inagurouse oficialmente a Exposición e o Programa de Actos.



Cartolinas de cores portadoras de contos traballados polos nenos e nenas e polas súas  familias.



As golosas e simpáticas cartolinas azuis da EEI San Roque


As cartolinas verdes do IES Vilar Ponte



O libro morado do CEIP de Cervo e
 o libro en grande formato do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.

Moradas tamén eran as cartolinas do CEIP de Covas.






As cartolinas vermellas do IES María Sarmiento


Cartolinas blancas do CEP Lois Tobío


E...coincidindo na cor laranxa, as cartolinas do CEIP Pedro Caselles Rollán, de Xove 





e as  do CEIP Plurilíngüe Santa Rita de Galdo.


Fotos tomadas antes da inaguración e apertura da exposición, mentras as rapazas do grupo de teatro do IES Vilar ponte ensaiaban os seus fabulosos  contos musicados.





MARTES 13 DE MAIO

Abríronse as portas ao público para facer a Inaguración oficial. Acto coa presenza das responsables de bibliotecas escolares de cada un dos colexios participantes e a Concelleira de Cultura do Concello, Covadonga. Palabras de agradecemento ás familias e ao alumnado polo esforzo e traballo feito e  ao Concello, por facilitar o local toda a semana. Covadonga dixo unhas palabras para  animar a seguir  facendo este tipo de actividades conxuntas tan importantes e animando tamén a utilizar a nova e reformada Biblioteca Municipal, no edificio onde era antiguamente o Concello.


Entón agora, de cara a un numeroso público, Contos musicados do IES Vilar Ponte: "La ratita presumida"que remata acaramelada co rato logo dun desfile de repoludos animaliños que queren casar coa ratiña  e "Los 7 cabritillos", que pasan do : "No,no, no eres nuestra mamá" a ser enganados polo lobo , "Si,Sí eres nuestra mamá". Sabio consello con música: Facede caso da vosa mamá!





Vaia!, co público ainda expectante, chegou a hora do Telexornal Como cho conto!, Especial Biblioteca. Desde o CEIP Plurilíngüe Santa Rita, é dicir, dende o noso colexio, os presentadores Xoel e Paula dan conta das noividades en torno á Biblioteca:  entrevista á responsable Rebeca e os cambios realizados na Biblioteca escolar, Concurso da Mascota, a evolución e experimentación desde o audio  Podcast e os contos con efectos sonoros ao audiovisual, videocontos, recomendacións de libros e lecturas, até  contar  cadros de H. Xeada. Unha ollada ao noso quefacer  diario conxugando imaxes e palabras. Desde a nosa Biblioteca, centro de recursos!







Así, ainda deu tempo para ler e mirar con detenimento os orixinais e inéditos finais das cabezas máis novas da zona.


A bruxa Winnie chamaba a atención!

Contamos con libro de visitas chulísimo, elaborado polo CEIP de Covas. Que cousiñas atoparemos escritas?



MÉRCORES 14 DE MAIO

Unha simpática  Carapuchiña de Cores, con carapuchas de Outono ou de Primavera, desde o CEIP Antonio Pedrosa Latas, de Celeiro e un lobo, para nós coñecido, que intenta prepararse para levar unha vida máis sana: facendo exercicio, aprendendo modales,aprendendo idiomas,...








Grazas, ás mestras Angélica e Virginia, que nos fixeron pasar tan bo rato!

XOVES 15 DE MAIO

O CEIP de Covas veu cargadiño de actividades de Animación e fomento da lectura.
O monólogo de Claudia Casal sobre agasallar un libro,


a orixinal posta en escena e con instrumentos da  canción:" Porque ler un liiibroo, sempre é divertiiidoo..." (Adaptación dunha canción de The Queen),






e a traballosa curta de animación que levaron a cabo o alumnado de 2º de Primaria do CEIP de Covas. Plastilina, moitas fotos e o Stop Motion como editor de video. Noraboa ás mestras, canto tempo e canto traballiño empregado...
_ Ramón, que será iso? Será un rato?
_Será, Ramona...







Outra curtametraxe de animación nos chega desde o CEIP Pedro Caselles Rollán, de Xove. Que é o amor? nos explican os rapaces e rapazas. Debuxos, montaxe, guión, ...propio dunha montaxe de alfombra vermella. Noraboa pequenos armantes do cinema, levando á pantalla grande uns dos libros favoritos da Biblioteca.




 VENRES 16 DE MAIO. Clausura e Día de Coros.
Uniron forzas os coros do CEP Lois Tobío e o coro do CEIP Antonio Pedrosa Latas, de Celeiro.
Coa "roja" comezou o CEIP Antonio Pedrosa Latas cantando os contos traballados: Os tres porquiños, Carapuchiña, Hansel e Gretel,...




O CEP Lois Tobío trasladou á Sala de Usos Múltiples do Concello todo un escenario do medievo para ambientar e deleitarnos cun fabuloso Romance.












Logo, animouse o coro a ofrecer un popurrí de cancións infantís de contos e xogos.

E...así finalizou a semana de Actividades de Bibliotecas Escolares, para ir coa música e cos contos  a outras e a todas partes!

Con tristeza pero tamén con orgullo tocou desmontar a Exposición : gardar os contos e os novos finais en cadansúa Biblioteca, ler con detenimento o Libro de Visitas e comezar a xornada de Reflexión sobre o que foi  esta semana de Actividades e de Exposición.
Aprendemos para artellar novas experiencias, non si?

14.5.14

AS NOSAS LETRAS 2014. MATERIAIS SOBRE O POETA DÍAZ CASTRO

Nesta semana , andamos a traballar documentándonos sobre o POETA DÍAZ CASTRO, homenaxeado das Letras Galegas 2014.


1º premio do Concurso de Carteis, Olga Cortiñas, de 4º curso.


Para documentarse, saber sobre a vida, época e obra do Poeta Díaz Castro e facer uns bos traballos, temos feita unha escolla de MATERIAIS que poden ser de gran utilidade: documentos, biografías, materiais audiovisuais, presentacións, e outros.

Onde? No blog de Dinamización da Língua, CON N DE NOSA.
Na última entrada, logo de comentar o Concurso de carteis, temos os enlaces que nos levarán aos materiais que nos interesen, segundo a nosa busca.

Podemos ir xa directamente desde aquí :

12.5.14

COS CONTOS...AO CONCELLO.

Esta semana é unha grande semana de actividades entre Contos e Letras.

Cartel feito por María Pernas, para o evento.


Exposición na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro, na Plaza Maior desde o 13 ao 16 de Maio en horario de 18:00 a 20:00h .Xuntaranse as nosas cartolinas laranxas con cartolinas doutras cores: novos finais para contos tradicionais polas  familias dos centros educativos da zona. Trátase dunha actividade conxunta das Bibliotecas escolares dos centros participantes, coa colaboración do Concello de Viveiro, o CFR (Centro de Formación e Recursos do Profesorado) e Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación.


Esperamos a vosa visita! No folleto que se repartiu ás familias figura o programa de actividades de animación á lectura que realizarán os colexios ao longo da semana.


O martes 13 é o Acto de Inaguración. Logo da inaguración, o noso colexio presenta o Telexornal  Como cho conto!e despois teremos contos musicados do IES Vilar Ponte.

O mércores 14 , contacontos do CEIP Pedrosa Latas de Celeiro, as mestras Angélica e Virginia.

O xoves 15, actuación do CEIP Plurilíngue de Covas e a curtametraxe "Que é o amor" do CEIP Pedro Caselles Rollán, de Xove.

O venres 16 é a clausura da Exposición coa actuación de alumnado do CEP Lois Tobío, de Viveiro e o alumnado do Ceip Pedrosa Latas ,de Celeiro.

Completa Semana de Contos e Letras!


As comunidades escolares dos nove centros participantes, desde as súas bibliotecas únense  para participar e  celebrar esta semana cultural de actividades.
Porque a riqueza das Comunidades está nas participacións conxuntas e no valor otorgado a os Libros, á Biblioteca e á Cultura.

O MURO LARANXA DE CONTOS...NO COLE.



Grazas, familias pola vosa colaboración!
Durante o mes de Abril puidemos ver, ler e disfrutar dos Contos Tradicionais con novos finais e de elaboradas ilustracións que os acompañaban na Exposición  de cartolinas laranxas no corredor principal do noso colexio.

Alumnado e familias compartiron o momento para elaborar un final novo para un conto tradicional. A tarefa non era doada pero houbo unha participación masiva e absoluta.
GRAZAS polo esforzo e o traballo!

21.4.14

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.


"Un libro é o mellor amigo do mundo,
corríxete sen que te avergonces 
e enséñache gratuitamente".

Carmen de Máximo, coas súas palabras anima a todas as persoas a ler, a disfrutar e a aprender cos libros e cos Audiolibros.


O curso pasado, por esta mesma celebración publicamos as vosas respostas á pregunta
Que é para ti un libro?  na  Biblioteca. 

Esta vez,estamos interesados e queremos que fagades as vosas recomendacións. A pregunta é:

Cal é o teu libro favorito e por qué? Que libro recomendarías para a súa lectura?


Para poder contestar é necesario pensar, ir a ese fermoso disco duro que tedes na vosa cabeza e rescatar aquel libro, aquela portada, aquel título, aquela agradable sensación... Seguro que ese libro está na Biblioteca do cole, noutra biblioteca ou na casa.
 Pois, sería interesante que o atopárades, o rescatárades e elaborárades a vosa recomendación.

O Equipo de Biblioteca agarda polas vosas recomendacións para poder publicalas.
Se xa tedes claro cal é o libro que queredes recomendar non tedes máis que dicilo.
  Queremos ver, oír e ler as vosas recomendacións!

Lembrade que non todos os libros son contos. Existen moitos libros diferentes: libros de texto da escola, libros de consulta, libros informativos, Albumes ilustrados, Audiolibros,... Libros!


As familias, desde a casa tamén podedes facernos chegar as vosas recomendacións!

Agradecemos a participación e as vosas achegas!

Galdiño estará agardando a saber cales son os libros favoritos dos lectores da Biblioteca.



NOVAS MOI INTERESANTES

Para coñecer as novas actividades nas que estamos a punto de embarcarnos desde o colexio de Galdo tes que visitar o blog Con N de Nosa
Alí atoparás:

  •  Información sobre as novas actividades e tarefas que pretendemos  levar a cabo e nas que é preciso que participes.

  •  Novas entradas que poden ser do teu interese, sobre o Entroido, festa importante en Italia, Obradoiro de traxes rexionais, Romaría das Tortillas ou Semana Santa de Interese Turístico Internacional, Semana Santa dos Nenos con moitas fotos e datos que deberás estudar para facer bos traballos posteriores.  
Que estás agardando?! Vai xa directamente dende aquí! Colle vuelo directo e unha vez no Blog, navega sen presa e engánchate nas diversas aventuras que se presentan como oportunidades de disfrutar e aprender. Mira ben, le, pensa, investiga, toma nota e logo conta!

Enlace directo:         http://con-n-de-nosa.blogspot.com.es/

20.4.14

A VOZ. PORTADA DO 9 DE ABRIL.

Pés de fotos, titulares, portada,...estamos falando de prensa, de xornais. Outro tipo de texto que non é conto nin poesía. Son novas que lemos e que se escriben dun xeito determinado.

O titular é o título da nova. Escríbese con letras grandes e destacadas. Serve para chamar a atención e invitarnos a ler máis. 

Que titulares chamarán a atención de Saúl?


Páxina  L5, é dicir, a páxina 5 dentro das noticias locais. Xornal A voz de Galicia, 9 de abril de 2014.

A nova xa viña anunciada na portada, e entre a xente da foto había cara conocidas por Saúl. Así que quixo ler máis. A linguaxe da prensa non é de fácil lectura pero o interese e a curiosidade fixo a Saúl facer preguntas e pedir explicacións para comprender. Así que, con lectura mediada e acompañamento entendimos mellor a revolución que había no noso colexio a semana do 7 ao 11 de abril.



 Vaia, os nosos mestres e o nome de Viveiro compartindo portada co presidente do goberno! Evidentemente o "noso" titular é o que vai debaixo da foto en letras menos destacadas que o titular de arriba, pertenecente á noticia de Rajoy .




É dicir, que o colexio de Galdo, a semana do 7 ao 11 de abril, foi anfitrión dun grupo de 10 mestres polacos que viñan a coñecer o Sistema Educativo Español, e Galego, por extensión. Os mestres de aquí e este grupo de mestres polacos puideron comparar Sistemas,para saber como funcionan os colexios nun país e noutro. Aínda que gran parte das actividades foron no CEIP de Galdo, visitaron os centros de Secundaria, a Escola de Idiomas, O Conservatorio,... Cada centro de ensino é distinto segundo o tipo de alumnado que acolle e as ensinanzas que se impartan. Ademáis das visitas directamente relacionadas co seu Proxecto, visitaron lugares interesantes para coñecer mellor a zona da Mariña.

Se che interesa ler a noticia, terás que tirar de hemeroteca ou consultar o xornal online.



Interesante semana de moita actividade! Menos mal que se aveciñaban días de descanso ben merecidos!
Grandes oportunidades para practicar Lingua Extranxeira e coñecer un pouco sobre Polonia. Xusto Polonia é un dos países socios no Proxecto Comenius Shall we dance? que desenvolveremos este e o próximo curso. En Maio teremos visita Comenius e tamén nos toca ser anfitrións. Por iso que, toca decansar e volver a cargarse de enerxía para novas actividades e Proxectos que xa se están "cocendo" no colexio de Galdo.


Viñeta Pinto e Chinto




MÁIS CONTOS E CARTOLINAS LARANXAS.

Parece ser que o noso muro laranxa de contos gusta moito...
Algunhas instantáneas... ou  "fotos roubadas"!






















Ás entradas, ás saídas, ao baixar ou ao subir do patio, antes de baizxar á clase de E. Física, antes ou despois do comedor, despois das clases, mentres unha visita ao cole,... calquera momento é bo para deterse un ratiño a ver, ler, disfrutar e aprender.

Como nos gusta ver a nais, a colaboradoras do comedor, a exalumnas,...ademais do noso alumnado e mestres ollando entre contos de personaxes coñecidos interpretando novos finais.

Grazas unha vez máis ás familias pola participación masiva,  nas andoriñas de poesía do curso pasado e nos contos con novos finais deste ano! Así, continuamos aprendendo en Comunidade.
As cartolinas laranxas, en Maio tamén estarán no Concello, xunto a cartolinas doutras cores, doutros colexios da zona. As bibliotecas escolares da zona teremos unha semana de Exposición e moitas actividades culturais que se realizarán desde os distintos colexios e institutos que participamos.
Dende Galdo tamén estamos argallando algo moi especial...en forma de Telexornal. Bibliogaldo, Biblio do Galdiño. Como cho conto! 
Esperamos que as distintas actividades que se fagan sexan de moito interese para grandes e pequenos. Máis contos, máis finais, máis disfrute! Máis de todo.


Ollade ben as fotos desta entrada posto que...esta entrada tamén terá un novo final con vós como protagonistas. Actualizarase á volta das vacacións cos vosos pés de foto e cos vosos comentarios. Búscanse palabras para acompañar as imaxes. Atrevémonos, non?

7.4.14

PÓDESE LER BEN O MEU CONTO?


Os contos expostos...lense ben, sen esforzo ? Puxémolo fácil?

Que escribimos e Para que ou para quen escribimos?
Se é para publicar ou expoñer, o que escribimos ten que lerse ben e fácil. Texto atractivo.

Existen algunhas recomendacións para facer os textos escritos máis fáciles de ler.

Todo inflúe:
  • tamaño e tipo da letra.É mellor unha que se lea ben, sen moita floritura.
  • contraste texto-fondo. O máis lexible é tinta negra sobre fondo blanco.
  • Situación do texto. É mellor dende a parte esquerda á dereita.
  • Letra á man ben feitiña, amodiño, como debuxando as letras. Non hai presa. Masticando cada letra.
  • A cartolina é o soporte para o traballo final. Mellor escribir o texto nun folio por separado.
Procedemento, nun folio.
  1. Empregar unha plantilla con líneas rectas a lápiz sen calcar.
  2. Escribir a lapis o texto. Boa letra.
  3.  Revisar 3 veces o texto para que non leve erros.
  4.  Logo pasar a tinta só a letra. Deixar secar e borrar o lápiz.
Evita os rotuladores para escribir ,polo xeral escriben groso. Mellor cun bolígrafo negro que escriba ben e de punta máis ben fina. E...non fagas tachóns!


O RESUMO
Escribir  o resumo do conto non é facil e leva o seu tempo. Implica facer frases contando o máis importante do conto e respetando a forma de escribir os contos, en 3 partes:
1. Presentación dos personaxes
2. Que ocorre? Situacións
3. Final

O NOVO FINAL
O novo final..ainda pode ser máis dificil, posto que é algo máis espontáneo, máis creativo e que non ven dado de antemán. Témolo que traballar se queremos que o noso final guste, incluso máis que o final orixinal do conto. Convencer de que o noso final é mellor!

Por iso a axuda do acompañamento da obra plástica, como reclamo para ser leidos.
Os pequenos e pequenas manéxanse mellor cos debuxos e coas imaxes. Non manexan textos longos pero sí desenvolvense coas mans, exercitando destrezas, trazando letras na medida do posible, pintando, recortando, pegando, picando, rasgando,..
Dependendo do nivel e das aprendizaxes acadadas , pódesa participan dun xeito ou outro. A medida que se vai subindo de nivel, o traballo debe de ser máis autónomo no traballo final.

Velaquí algúns exemplos dos textos dos nosos contos:














Grazas polos vosos textos, polos vosos contos e polos novos finais!
Grazas polo voso traballo!

ILUSTRADOS. AS IMAXES NOS CONTOS

Día 2 de abril. Día do libro infantil e xuvenil.
Gustan os contos  e atraen as imaxes que teñen; as ilustracións. As imaxes son moi importantes nunha sociedade cada vez máis visual.

Estamos en pleno boom do Album Ilustrado. Nun álbum ilustrado texto e imaxe compleméntanse, aportando significados. Trátase dun formato máis visual. Libros atractivos para os nenos e nenas.
A obra artística, plástica que acompaña o texto é o reclamo a meterse na historia que se conta. 
Moitos dos libros e contos para nenos e nenas están escritos por dúas persoas: a autora e a ilustradora. Algúns libros están escritos so pola persoa ilustradora.
Entón, o traballo das persoas ilustradoras e cada vez máis importante recientemente.


Moito traballo de planificación e bosquexos a partir do texto, ata chegar á ilustración final.

Na época dos nosos avós os libros tiñan moi poucas iluatracións ou ningunha, so letra. As ilustracións foron evolucinando dente o debuxo a tinta en blanco e negro, logo a color. Hoxe existen moitas técnicas e moitos materiais para dotar de imaxes un conto. A televisión e o mundo da Publicidade influiron para desenvolver unha linguaxe máis visual, condensando rápidamente moito significado coa imaxe. Despertando a atención do público. Xogando con imaxes e texto atractivos. Narrando.

IMAXES. ILUSTRACIÓNS

Existen moitas maneiras de ilustrar un conto:

  • A dúas tintas, empregando branco e negro e outra cor.
  • Collage de diferentes materiais.
  • A base de fotografías con composicións.
  • Feitos de diferentes elementos.
  • Ilustracións 3D, por ordenador.
  • Plastilina ou obxectos reais.
  • Ilustracións por ordenador, (con programas específicos, Photoshop, Ilustrator,... combinación de debuxos previamente escaneados, fotomontaxes,...).
As boas ilustracións son valoradas na súa orixinalidade e creatividade, no uso dos materiais e no traballoso da montaxe e da técnica ou técnicas artísticas.O detalle coidado. Estilo e creación propias.
Gústanos, por exemplo as simpáticas ilustracións de Guridi...
Raúl Nieto Guridi, interpretando aos clásicos. Ilustracións sencillas,con espazosbrancos e moito significado condensado.

http://guridi.blogspot.com.es/















En Galdo e na actividade dos contos nótase a importancia que lle dan á obra plástica, as enerxías postas en facer atractivo o seu conto entre moitos, reclamando atención para ser vistos, (ainda que non sexan lidos de primeiras). Moita arte, posto que hai entre alumnado e familias verdadeiros artistas ilustradores.
Algúns exemplos:



O flautista de Mateo Rubal,5º, empregando materiais básicos e conseguindo unha presentación maxestuosa.
Ademáis, ofrece unha boa composición pop-up, que  fai un conto ainda máis atractivo.


A carapuchiña vermella de Ainé, 3º, empregando pasta, da de comer.


As texturas e a demostración gráfica das casas dos tres porquiños, de Santi,1ºEP


A Carapuchiña de fieltro de Nuria Veiga, 5º, nun traballoso bosque de árbores frondosos de boliñas verdes.


A montaxe por capas para o parrulo de Hollywood de Xosé Ramallal, de  5º.


Grazas polas vosas ilustracións! Hai moitas e de moi variadas técnicas: texturas, collage, plastilina con alkil,...

Recomendamos vir a velas ao colexio, en versión orixinal para apreciar mellor o traballo e a técnica.

As mestras de E.Artística, orgullosas de ver como se aplicou algunha das técnicas das vistas nas clases, este ano ou os anteriores.

Pero ollo, advertencia! Non é o mesmo pintar ,que  ilustrar poesía e  que ilustrar a actividade "DAQUELES CONTOS...A NOVOS FINAIS".  O texto, neste caso, é moi importante e previo á obra plástica que o complementa.
O texto tamén se pode traballar para facelo máis atractivo de ler, ou non?
Que se poda ler e que apeteza lelo!