7.1.15
COCORICO, UN DOS FAVORITOS DE GALDIÑO!
Quen non coñece a Cocorico!?
A Galdiño encántalle este conto do Pitiño, a Mamá Galiña, O Gato Pelado...
A nós encántanos o videoconto que armaron no cole de Coirón, Dena,na provincia de Pontevedra. Botádelle unha ollada!
Que opinades desta presentación? Animaríamonos nós a facer videocontos dos nosos favoritos da Biblioteca? Veña! Contádenos...
Cal é o voso conto favorito? Con cal poderíamos facer un traballo audiovisual?
4.1.15
GALDIÑO CHEGOU...E RECOMENDOU...
Na semana antes das vacacións do Nadal, recibimos en cada clase, por debaixo da porta, unhas pistas que nos deron moito que pensar...
Este...tiña que ser o Galdiño!
O venres á mañá tivemos a visita de un Coello Lector que non era Galdiño pero preguntaba por Galdiño. Aseguraba ser o seu primo e ter certos parecidos, por ser familia.
Este...tiña que ser o Galdiño!
O venres á mañá tivemos a visita de un Coello Lector que non era Galdiño pero preguntaba por Galdiño. Aseguraba ser o seu primo e ter certos parecidos, por ser familia.
11.12.14
TAMÉN EN VIVEIRO ..MAGÍN BLANCO. GATUXO, GATUXA!
Un bo agasallo para Nadal ! Un agasallo para bebés e familias!
O novo libro-disco de MAGIN BLANCO. Se xa nos conquistara con " A Nena e o Grilo nun Barquiño", esta nova obra non nos deixará indiferentes.
Con xeniales ilustracións da artista brasileira ERICA MARADONA.
Cancións pausadas, alegres e tranquilas, ben coidadas, incluíndo onomatopeas e sons propios de bebés.
Un libro para ver xuntos, comentar as fantásticas ilustracións e compartir momentos agradables en familia.
Estímulos auditivos e visuais moi aproveitables para un bo desenvolvemento da escoita e da fala. Unha magnífica voz feminina para a Gatuxa e a voz de Magín Blanco para o Gatuxo.
Non vos perdades o Espectáculo, en Viveiro! A cita é o sábado día 13 de decembro, no Teatro Pastor Díaz, ás 18:00h.
Un pequeno adianto do Espectáculo...
Haberá que velo en directo, non si?
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EXTRAESCOLARES,
Normalización
BRINCA VAI! PACO NOGUEIRAS EN VIVEIRO
É unha sorte ter un Teatro en Viveiro e contar con un Concello que aposta pola Cultura, o Teatro e polos nenos e nenas!
No Teatro Pastor Díaz, dirixido a nenos e nenas de 6 a 8 anos.
Programa FalarRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O venres 5 de decembro nenos e nenas disfrutaron con Paco Nogueiras.
Non vos soa esta cara, ese libro, as lentes e o chapeu azul?
Imos lembrar ao Paco Nogueiras que hai dos anos mandaba esta canción para celebrar as Letras 2013.
Nesta versión podemos seguir a canción e ver a letra en pantalla... Lembramos...
O Rap do Magosto, No Samaín, O Apalpador e outras cancións sobre o noso calendario de Festas.
Para escoitar, cantar, bailar, disfrutar! ( Jumping Go! Shall we dance?)

Pois claro, témolo no cole e escoitamos moitas veces as súas cancións!
BRINCA VAI!O libro-CD do autor Paco Nogueiras.
Ilustracións David Pintor. Editorial Kalandraka 2014.
Imos lembrar ao Paco Nogueiras que hai dos anos mandaba esta canción para celebrar as Letras 2013.
Nesta versión podemos seguir a canción e ver a letra en pantalla... Lembramos...
O Rap do Magosto, No Samaín, O Apalpador e outras cancións sobre o noso calendario de Festas.
Para escoitar, cantar, bailar, disfrutar! ( Jumping Go! Shall we dance?)
ENTRE FROITAS E FROITOS...
Entre froitas e froitos...o Outono vaille deixando o sitio ao Inverno.
Laranxas laranxas e... castañas castañas!
O Magosto, a festa da castaña, celebrámolo dende a recollida deste froito.
Así conta e ilustra a recollida da castaña Saúl Prado no seu Obradoiro de Escritura en Lingua Castelá.
SALIDA A LAS CASTAÑAS
El lunes día 10 de noviembre por la tarde ,los niños y niñas de 1º, 2º y 3º , acompañados de las profesoras Cristina, Laura ,Ana y Conchita. También fue Olga. Fuimos a Magazos al castañal de Puri. Llegamos allí en autobús. Llevamos botas y cestos. Cogimos muchas castañas.
Ahora los profes, con cuchillos, tendrán que prepararlas para asar, quitándoles una esquinita para que no estallen en el momento de asarlas.
¡Ya tenemos castañas para la fiesta del Magosto!
O alumnado de 2º fachendoso do seu libro de ditos, adiviñas e versos coa castaña como protagonista.
Os cursos de 3º e 4º tamén se documentaron e traballaron arreo. Achegan receitas,refráns e curiosidades.
Laranxas laranxas e... castañas castañas!
O Magosto, a festa da castaña, celebrámolo dende a recollida deste froito.
Así conta e ilustra a recollida da castaña Saúl Prado no seu Obradoiro de Escritura en Lingua Castelá.
SALIDA A LAS CASTAÑAS
El lunes día 10 de noviembre por la tarde ,los niños y niñas de 1º, 2º y 3º , acompañados de las profesoras Cristina, Laura ,Ana y Conchita. También fue Olga. Fuimos a Magazos al castañal de Puri. Llegamos allí en autobús. Llevamos botas y cestos. Cogimos muchas castañas.
Ahora los profes, con cuchillos, tendrán que prepararlas para asar, quitándoles una esquinita para que no estallen en el momento de asarlas.
¡Ya tenemos castañas para la fiesta del Magosto!
Moito soubemos sobre castañas e castñeiros! Pois claro que a castaña é moi importante para nós!
Limos moito para saber e facer uns bos traballos, recollimos ditos, adiviñas, fixemos viñetas e contos,...
Un libro de Toma castaña!
Os cursos de 3º e 4º tamén se documentaron e traballaron arreo. Achegan receitas,refráns e curiosidades.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EXTRAESCOLARES,
Normalización
2.12.14
AS LARANXAS MÁIS LARANXAS...
Neste mes de novembro, cheiño de visitas e saídas, haberá que destacar a SAÍDA AO TEATRO.
"As Laranxas máis laranxas de todas as laranxas" a obra de Carlos Casares interpretada polo Centro Dramático Galego e no noso Teatro Pastor Díaz. Iso...é para velo!
Antes da Función, documentámonos!
Toda a información no seguinte enlace ao blog:
AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS
Buscamos o texto na nosa Biblioteca e lembramos a Carlos Casares.
Deste xeito, xa puidemos ir informados ao Teatro.
De volta ás aulas, traballamos sobre os personaxes e deixamos as nosas expresivas laranxas...
"As Laranxas máis laranxas de todas as laranxas" a obra de Carlos Casares interpretada polo Centro Dramático Galego e no noso Teatro Pastor Díaz. Iso...é para velo!
Toda a información no seguinte enlace ao blog:
AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS
Deste xeito, xa puidemos ir informados ao Teatro.
Foto de Maria Pernas no Teatro Pastor Pastor Díaz. Personaxes en escena cos instrumentos. En sombra, as cabezas dos nenos e nenas do cole que asistiron á función.
De volta ás aulas, traballamos sobre os personaxes e deixamos as nosas expresivas laranxas...
24.11.14
SEN FOTOS! NECESITAMOS DA VOSA COLABORACIÓN!
Ola, a toda a Comunidade Educativa de
Galdo!
Ainda que
non houbera moita actividade neste blog últimamente, non quere dicir que non
pasasen cousiñas do máis interesantes.
Durante
este tempo estuvemos moi ocupados, con moitas actividades diferentes. Así é o
primeiro trimestre ,de festa en festa e de actividade en actividade: Principio
de curso e novidades, Samaín de medo, Recollida de castañas e Magosto…e un
novembro despois de Defuntos cunha axenda do máis apretadiña. Moitos obradoiros
e actividades diversas en relación aos Proxectos que traballamos no noso cole.
Un ritmo frenético coa Radio, as Festas de Outono, posta en marcha do invernadoiro e VozNatura, os Obradoiros do
Eroski, ADEGA, o Teatro ,visita da artista mariñana Cristina Basanta polos
Dereitos da Infancia, a viaxe Comenius
do alumnado de 6º a Morteu, a Francia…
Case nos quedamos sen profesorado para
poder atender a todo!
Fixemos
moitísimas fotos que ilustrarían tan interesantes actividades. Aprendemos
moito. O Día 20 de novembro foi moi especial. Pola mañá os obradoiros ADEGa e pola tarde a visita de Cristina Basanta e celebración dos Dereitos da Infancia.
Día en que a cámara de fotos non parou de retratar cada momento e cada detalle.
Pero…por un erro mistura de humano e tecnolóxico, perdímos todas esas fotos que
axudarían a describir as actividades! Menudo disgusto!
Entón,
facemos un chamamento. Ti, alumno ou
alumna que participache nalgún dos Obradoiros, atrévete a ser xornalista! Conta
e Ilustra!
Este
tamén é un chamamento ás familias para animar aos seus fillos e fillas a
colaborar.
E o chamamento exténdese a mestras e mestres que participaron da actividade. Poden ser de grande axuda!
E o chamamento exténdese a mestras e mestres que participaron da actividade. Poden ser de grande axuda!
Describindo as actividades das que participamos axudaranos a aprender moito escribindo e elixindo as imaxes que acompañarán os nosos escritos,
os nosos artigos xornalísticos.
Que fixemos? A onde fumos? En que consistía a actividade?
Se nos gustou, por que sí ou por que non?
Mais
importante, xa que perdimos as fotos é ILUSTRAR! Ilustrar o momento cun debuxo, un comic, un croquis…
Necesitámolo!
Necesitamos da vosa valiosísima colaboración con texto e imaxes.
Xa
empezou Saúl de 3º, que nos aporta dous textos informativos:
Salida a
las castañas e Salida al Teatro .Artigos
que tivo que construir para Lengua Castelá e que quere compartir con nós.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EXTRAESCOLARES,
Normalización
3.11.14
SEGUIMOS A TRABALLAR A ESCOITA
Como nos gustan os libros CD-DVD! Claro, que son caros. Na Biblioteca temos algún pero queremos ter máis.
Neste tempo de outono e de millo, traballamos coas cancións de Migallas...
Xa tiñamos gana de ter este libro de Paco Nogueiras que traballa as festas do calendario escolar!
No noso caso foi un agasallo da mestra Conchita á Biblioteca do cole.
Outra aportación á Biblioteca, a da mestra Ermi con Alegríia,yes!
Deste xeito, con aportacións imos tendo un material xeitoso para traballar a escoita con alegría,facer "Listenings, prestar máis atención, axudando a transformar o son en palabriñas.
Por exemplo...
Hugo, de 1º traballa o son correspondente á letra l (ele) coa "abuela Manuela" do Pan de Millo, ainda que súa avoa sexa Felisa, que tamén leva o son do ele.
Seguiremos a formar a nosa Bibliografía de libros CD...Xa temos en mente

Xa que o tema vai de baile e de folclore, xusto o tema do Proxecto Comenius...Shall we dance?
Agardamos a chegada deste e doutros libros para escoitar e bailar , para a Nosa Biblioteca.
2.11.14
AUDIO SEN PANTALLA. RADIO GALDO!
Escoitar con atención é moi importante para a linguaxe e para as linguas.
Fascinados por un mundo visual e de pantalla, cada vez escoitamos menos. Para que non esquezamos a importancia da ESCOITA, arrancámonos cunha interesante aventura...
A idea da radio parte dunha iniciativa conxunta entre o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca.
O grupo Editorial Como cho conto! Son os rapaces de 6º curso que dan comezo a este Proxecto.
Dirixindo o estudo de gravación, o mestre de música e titor de 6º, Marcial Miramontes.
Fascinados por un mundo visual e de pantalla, cada vez escoitamos menos. Para que non esquezamos a importancia da ESCOITA, arrancámonos cunha interesante aventura...
Fotografía artística creada por Clara Martinez, de 6º curso.
O grupo Editorial Como cho conto! Son os rapaces de 6º curso que dan comezo a este Proxecto.
Dirixindo o estudo de gravación, o mestre de música e titor de 6º, Marcial Miramontes.
7.6.14
TELEXORNAL "COMO CHO CONTO"
Si, amigos e amigas deste recuncho, xa había tempo que tiñamos pensado poñer esta edición especial do noso xornal á vosa disposición. Sabemos o moito que vos gustou na sesión de animación á lectura incluída na Exposición de Bibliotecas no Concello de Viveiro.
Disfrutade do voso traballo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)