29.1.14

DIFERENTES PERO IGUAIS. MÁIS PAZ E MÁIS MANDELA.

Pois sí, comezou a Semana da Paz e no cole estamos a traballar esa idea de "Somos DIFERENTES pero IGUAIS". Somos, en primeira persoa do plural. Non é fácil entender ben a frase. Por defender esa idea estivo Nelson Mandela preso máis de 27 anos. Negros e brancos, diferentes na cor da pel pero iguais no feito de ser persoas. O importante: as persoas. A pesares das diferenzas, necesitamos unirnos e con forza cantarlle á paz e á esperanza.



Preparamos un Acto para conmemorar o xoves 30 de Xaneiro o Día da Paz. Dende Infantil ata os maiores de 6º curso traballan na preparación do Acto colectivo pola Paz. Acordamos que a figura elexida como homenaxe sería Nelson Mandela.
Quen é Nelson Mandela? titulábamos unha entrada neste mesmo blog , con enlaces aos recursos do blog el mar es azul.

Como decía Madiba: "Vale máis contar un conto que dar un consello". Pois tomamos nota dos seus contos,




Madiba, consciente do poder da lectura, expresa no prólogo da súa recopilación de relatos:

"que a voz do narrador de contos nunca morra na África. Que todos os nenos e nenas de África podan maravillarse cos libros e que nunca perdan a capacidade de ampliar os seus horizontes de mundo coa maxia dos relatos".

Mandela era da opinión de que" hoxendía lense poucos libros, poucos contos. E que se non atopamos formas inxeniosas de abordar esta realidade, as futuras xeracións están en peligro de perder a súa historia".

Pois, por todo iso, dende o colexio queremos buscar maneiras inxeniosas de contar os contos, de cantar as mensaxes de paz.
Buscamos nos contos que recopilou o propio Nelson Mandela. Queremos ese libro para a nosa Biblioteca!
Escritores e ilustradores africanos, Mandela, grazas por tan prezado agasallo!



Paleta de cores vivos e chamativos que nos levan  a  África, un continente con un pasado protagonizado pola loita das cores neutras: Negros e brancos.



Este foi o conto que elexiron cos máis pequenos do colexio para traballar e contar de maneira inxeniosa.
Os de Infantil  cos elefantes,claro, e con África. 
Con axuda de Lisa e Katie teremos o conto traducido ao Italiano e ao Inglés. Os nenos e nenas de Infantil poñen a voz na súa Lingua.

A voltas coa tecnoloxía e o Audacity para que se escoite ben o que teñen que dicir os pequenos, a semente do futuro  da vida.


Mentres arman todo o conto, dende a casa pódese traballar o conto e actividades co Lim "Negros e brancos" da mestra Julia Pérez Vázquez, na Biblioteca Lim.


Os do primeiro ciclo tamén traballan o conto dos elefantes e estudan quen é Madiba. Mensaxes de paz e continuos ensaios para facer conxuntamente "Mensaxes de auga".





Canción: Mensajes de Agua, de Macaco. Estudando a mensaxe da canción coa versión con pictogramas de Arasaac que atopamos no   Youtube, dun colexio de Murcia.


Así que , xa comprendendo un pouco mellor cal é a mensaxe da canción, non dubidaron en responderlle á onda e en convertirse nunha marea de xente e de gotas diferentes capaces de danzar contentos e darse abrazos de catro brazos.




4º Curso está preparando...outra mensaxe de PAZ. A canción elexida é unha que gustou moito o ano pasado por estas mesmas datas. PAZ, PAZ,PAZ, de Juanes, en Lingua de Señas. Gravaronse videos tutoriais para aprenderse os signos. Grazas a Ana Mediadora e aos compañeiros e compañeiras de 4º.





Outro "Somos"..."la semilla del futuro de la vida,
Somos los niños que cantan por la paz y la esperanza".
PAZ, PAZ,PAZ.
 É unha mensaxe ben clara, verdade?

Mensaxes alegres e contos que rematan ben.
Pois máis contos. Esta vez a protagonista é unha nena, tamén diferente: Mara.
Sexto curso está a buscar a maneira de contarnos este contiño, facendo unha orixinal adaptación.


ORELLAS DE BOLBORETA
Texto:  LUISA AGUILAR
Ilustracións:  ANDRÉ NEVES
Tradución:  MANUELA RODRÍGUEZ.
Editorial Kalandraka.

Finalista do IV Premio Nacional Cittá Di Bella (Italia 2008)
Plan Nacional de Lectura (PNL Portugal)

Por que elixirían este conto?... Tamén queremos que nos conten esa parte!


Os alumnos e alumnas do 3º ciclo tamén están ensaiando para facer a súa aportación á Coreografía colectiva. Atrévense co seu papel nos "Mensaxes de auga" de Macaco.


 A mestra Rebeca e o mestre Marcial explican e reparten os papeis. Atentos ás instruccións!




Todos e todas escoitando, incluído Juan!

 Atentos a Rebeca e ao ensaio...

 

E todos" remando e cantando ao mesmo compás! "



"Mensaxes de auga" e mensaxes cantados en Lingua extranxeira . 5º e 6º atrévense ata co gospel a entonar
Freedom is in your hands, fermosa canción adicada a Mandela. Da gusto escoitar as voces do 3º ciclo.




Pois nada rapaces e rapazas, seguro que sae todo moi ben o xoves.
Lembrade traer parte de arriba branca, de manga longa e sen debuxo e pantalóns vaqueiros.
Diferentes e todos iguais.Como gotas de auga que se xuntan para facer unha oleaxe oceánica.
 Azul auga e branca paz. " Ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van" nesta Nosa marea de xente. Oooooohhh!
"Somos..."





28.1.14

FLOCOS DE MILLO E O CINE DE INFANTIL

A tarde do xoves, xusto como estaba anunciado, tivemos sesión de cine Infantil. Cada un dos infantes colleron cadansúa entrada ou ticket e tomaron asiento fronte a pantalla grande. Os corredores do cole arrecendían a flocos de millo. Ía empezar a película titulada "Turbo".






 Datos e imaxes de www.sensacine.com

 Cine de animación.
Estreouse o 18 de outubro do 2013
Director: David Soren
Con: Ryan Reynolds, Samuel L. Jackson, Maya Rudolph.
País : EE.UU




 Este caracol de cor laranxa é Turbo. É o protagonista.
 O animaliño soña con ser rápido. Un caracol..rápido?
 Os caracois teñen a fama de molusco lento!




 Chissssssssssss...Silenzo na sala que comenza a función!

 

Atentos ao que na pantalla sucedía, co vasiño de flocos de millo estuveron entretidos.









                                          Juan tamén asistiu á sesión de cine. Logo escribiu sobre a película.



Así quedou o resumo que fixo Juan:




Vaia,parece que o caracol realmente era distinto aos demais caracois, un caracol rápido.
O público infantil xa está moi acostumado a que os protagonistas dos contos ou das historias sexan animaliños. Animaliños un tanto especiais e distintos da súa especie.Ao primeiro, no seu entorno só notan a diferenza e o distinto produce rexeitamento. Pero logo o distinto acaba tendo algo positivo. Os contos infantís e as películas acaban con final feliz. Por iso nos gustan os contos e os animaliños distintos. Diferentes: nin mellores nin peores aos máis, distintos.

Fagamos un repasiño por animaliños distintos, concretamente elefantes distintos dos contos infantís. 
"E de Elefante" . Vexamos:

Dumbo e as súas enormes orellas.


Xandre, o elefante sen sombra.



Elmer e os seus cadrados de cores, non era gris.

A propósito...sabedes porque os elefantes son de cor gris? A cor gris sae de misturar as cores negra e branca.
Pois, tamén había elefantes negros e brancos! Din que andaban sempre pelexando polas diferenzas...






19.1.14

CON N DE NOSA... E XE DE XEADA

 CON N DE NOSA é o nome do noso blog de Normalización e Dinamización da Língua.


Con  N de NOSA



Na última entrada publicada "Xaneiro con X de Xeada"  móstrase o punto de partida dun interesante traballo para coñecer e dar a coñecer  a firma H.XEADA, artista polifacético da nosa Comarca A Mariña Lucense. Pintor, escultor e tallista nado en Adelán, Alfoz.
Gañador de moitos premios relacionados con distintas artes plásticas. Dentro e fóra da nosa Comunidade a obra de Hipólito Xeada non pasa desapercibida.
H. XEADA pinta o que ve e faino con moita xenialidade. Mistura temas relacionados coa paisaxe, motivos naturais e de traballos do mar e da terra, mulleres e homes, romarías e foliadas. Persoas en esceas moi familiares, moi Nosas. GALICIA VISUAL, con e sen palabras. Por que o galego e a Lingua vai más alá das palabras! Galicia vese e séntese a través da súa obra pictórica.
 Ás veces ata se escoita a música dos seus gaiteiros, ou o balbordo das peixeiras no porto, e as gaviotas! E curioso esta maneira especial de representar o son con que nos agasalla H. XEADA.

Pois...non dubides! Pincha para ir ao blog CON N DE NOSA para saber deste artista e da súa obra. 

Aquí só deixamos unhas pinceladas...













15.1.14

QUEN É NELSON MANDELA?


(Imaxe do rostro de Nelson Mandela con efectos de cores da súa  bandeira africana).


(Imaxes atopadas no blog El mar es Azul)


O curso pasado, cando traballamos o tema dos Premios Nobeis, vimos a foto e o nome deste señor dentro dos Premios Nobeis pola Paz.

Facemos un pouco de memoria...







O pasado mes de decembro, o continente africano e o mundo en xeral choraba a morte de Madiba.
Por qué foi e por qué resulta tan importante a figura de Nelson Mandela? Porque e canto tempo estivo preso? Que significou a súa vida e a súa loita?

Para saber máis sobre MANDELA e sobre África, botádelle un vistazo ao BLOG EL MAR ES AZUL, Recursos sobre Nelson Mandela para el aula.


Lembra que estamos en Xaneiro. Cada ano, o día 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. Por qué non traballar coa figura de Nelson Mandela nestas datas previas á celebración da Paz?

MANDELA  E  ÁFRICA, POLA PAZ. Viaxemos virtualmente polo continente africano, polas súas cores, pola súa cultura, polos seus contos de tradición oral e polo seu folclore. Que comece xa a viaxe!
Preparados, listos....e a investigar!

COMO CHO CONTO! Setembro-Decembro 2013

Xa voltamos das vacacións do Nadal, xa entramos en Xaneiro do 2014! Lembramos algunhas das actividades traballadas no 1º trimestre do curso explicadas no boletín COMO CHO CONTO!