29.1.14

DIFERENTES PERO IGUAIS. MÁIS PAZ E MÁIS MANDELA.

Pois sí, comezou a Semana da Paz e no cole estamos a traballar esa idea de "Somos DIFERENTES pero IGUAIS". Somos, en primeira persoa do plural. Non é fácil entender ben a frase. Por defender esa idea estivo Nelson Mandela preso máis de 27 anos. Negros e brancos, diferentes na cor da pel pero iguais no feito de ser persoas. O importante: as persoas. A pesares das diferenzas, necesitamos unirnos e con forza cantarlle á paz e á esperanza.



Preparamos un Acto para conmemorar o xoves 30 de Xaneiro o Día da Paz. Dende Infantil ata os maiores de 6º curso traballan na preparación do Acto colectivo pola Paz. Acordamos que a figura elexida como homenaxe sería Nelson Mandela.
Quen é Nelson Mandela? titulábamos unha entrada neste mesmo blog , con enlaces aos recursos do blog el mar es azul.

Como decía Madiba: "Vale máis contar un conto que dar un consello". Pois tomamos nota dos seus contos,




Madiba, consciente do poder da lectura, expresa no prólogo da súa recopilación de relatos:

"que a voz do narrador de contos nunca morra na África. Que todos os nenos e nenas de África podan maravillarse cos libros e que nunca perdan a capacidade de ampliar os seus horizontes de mundo coa maxia dos relatos".

Mandela era da opinión de que" hoxendía lense poucos libros, poucos contos. E que se non atopamos formas inxeniosas de abordar esta realidade, as futuras xeracións están en peligro de perder a súa historia".

Pois, por todo iso, dende o colexio queremos buscar maneiras inxeniosas de contar os contos, de cantar as mensaxes de paz.
Buscamos nos contos que recopilou o propio Nelson Mandela. Queremos ese libro para a nosa Biblioteca!
Escritores e ilustradores africanos, Mandela, grazas por tan prezado agasallo!



Paleta de cores vivos e chamativos que nos levan  a  África, un continente con un pasado protagonizado pola loita das cores neutras: Negros e brancos.



Este foi o conto que elexiron cos máis pequenos do colexio para traballar e contar de maneira inxeniosa.
Os de Infantil  cos elefantes,claro, e con África. 
Con axuda de Lisa e Katie teremos o conto traducido ao Italiano e ao Inglés. Os nenos e nenas de Infantil poñen a voz na súa Lingua.

A voltas coa tecnoloxía e o Audacity para que se escoite ben o que teñen que dicir os pequenos, a semente do futuro  da vida.


Mentres arman todo o conto, dende a casa pódese traballar o conto e actividades co Lim "Negros e brancos" da mestra Julia Pérez Vázquez, na Biblioteca Lim.


Os do primeiro ciclo tamén traballan o conto dos elefantes e estudan quen é Madiba. Mensaxes de paz e continuos ensaios para facer conxuntamente "Mensaxes de auga".





Canción: Mensajes de Agua, de Macaco. Estudando a mensaxe da canción coa versión con pictogramas de Arasaac que atopamos no   Youtube, dun colexio de Murcia.


Así que , xa comprendendo un pouco mellor cal é a mensaxe da canción, non dubidaron en responderlle á onda e en convertirse nunha marea de xente e de gotas diferentes capaces de danzar contentos e darse abrazos de catro brazos.




4º Curso está preparando...outra mensaxe de PAZ. A canción elexida é unha que gustou moito o ano pasado por estas mesmas datas. PAZ, PAZ,PAZ, de Juanes, en Lingua de Señas. Gravaronse videos tutoriais para aprenderse os signos. Grazas a Ana Mediadora e aos compañeiros e compañeiras de 4º.





Outro "Somos"..."la semilla del futuro de la vida,
Somos los niños que cantan por la paz y la esperanza".
PAZ, PAZ,PAZ.
 É unha mensaxe ben clara, verdade?

Mensaxes alegres e contos que rematan ben.
Pois máis contos. Esta vez a protagonista é unha nena, tamén diferente: Mara.
Sexto curso está a buscar a maneira de contarnos este contiño, facendo unha orixinal adaptación.


ORELLAS DE BOLBORETA
Texto:  LUISA AGUILAR
Ilustracións:  ANDRÉ NEVES
Tradución:  MANUELA RODRÍGUEZ.
Editorial Kalandraka.

Finalista do IV Premio Nacional Cittá Di Bella (Italia 2008)
Plan Nacional de Lectura (PNL Portugal)

Por que elixirían este conto?... Tamén queremos que nos conten esa parte!


Os alumnos e alumnas do 3º ciclo tamén están ensaiando para facer a súa aportación á Coreografía colectiva. Atrévense co seu papel nos "Mensaxes de auga" de Macaco.


 A mestra Rebeca e o mestre Marcial explican e reparten os papeis. Atentos ás instruccións!




Todos e todas escoitando, incluído Juan!

 Atentos a Rebeca e ao ensaio...

 

E todos" remando e cantando ao mesmo compás! "



"Mensaxes de auga" e mensaxes cantados en Lingua extranxeira . 5º e 6º atrévense ata co gospel a entonar
Freedom is in your hands, fermosa canción adicada a Mandela. Da gusto escoitar as voces do 3º ciclo.




Pois nada rapaces e rapazas, seguro que sae todo moi ben o xoves.
Lembrade traer parte de arriba branca, de manga longa e sen debuxo e pantalóns vaqueiros.
Diferentes e todos iguais.Como gotas de auga que se xuntan para facer unha oleaxe oceánica.
 Azul auga e branca paz. " Ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van" nesta Nosa marea de xente. Oooooohhh!
"Somos..."





Ningún comentario:

Publicar un comentario