29.1.14

ACTILUDIS CON MADIBA !





Moitas fotos, imaxes e caricaturas coñecemos do noso héroe da Paz : Madiba, Nelson Mandela.
As imaxes que máis nos gustan son os debuxos que se podan pintar de cores vivos ou as caricaturas, tipo comic.
Navegando polos diversos recursos para traballar con Madiba, destacamos os que se recollen en


 ACTITLUDIS.  Calendarios do mes de Xaneiro con Mandela de protagonista, fichas e recursos, Mural da Paz, poema "Invictus" e o xenial comic


INVICTUS (de William Ernest Henley) era o poema favorito de Madiba. Traballamos coa adaptación a comic realizada por Zen Pencils e traducido por "El Guindilla". Sobre a vinganza e o perdón.

Mandela, preso, tiña que romper rochas  día tras día nunha canteira de pedra caliza. Foron pasando días, meses e anos de moitísimo traballo duro. O resplandor da rocha branca danou a vista de N. Mandela.



 A fotografía que mira é de si mesmo co seu fillo maior , Madiba Thembekile, quen morreu nun accidente de coche no ano 1969. A Mandela non se lle permitiu asistir ao funeral, nin tan sequera obter información sobre o accidente.


Foron pasando os anos e Mandela , coa súa actitude gañou o respecto e a amizade dalgúns dos gardas.


 Mandela soportou 27 anos de prisión con dignidade, determinación e forza.






Pero tamén optou, despois de todo, por PERDOAR.
Por exemplo, despois de ser liberado do cárcere, convidou a xantar ao fiscal que pediu a súa pena de morte.



O PERDÓN, que grande cousa para unir ás persoas!
Somos donos do noso destino e capitáns da nosa alma. Que haxa PAZ!
"Dame la mano, vamos todos a soñar por la Paz..." (di a canción de Juanes)

Cantas cousiñas interesantes descubrimos da vida deste Premio Nobel da Paz!
Na mesma páxina de Actiludis podemos atopar propostas interdisciplinares para traballar nesta Semana pola Paz arredor da figura de Mandela e a canción "Asimbonanga" (proposta por Adolfo Victorián Cano, mestre do CEIP "Reina de la Paz" en San Fernando, Cádiz).



 Caza do tesouro  "Nelson Mandela".

A mestra Mª del Carmen Fernández Ruíz, tutora de 5º curso e coordinadora da Biblioteca do CEIP "Vicente Aleixandre" de Torre del mar (Málaga), realizou unha interesante Caza do Tesouro para profundizar e saber máis da vida Mandela.

Onde e cando naceu?
Por que lle chamaban "Madiba"?
Que é o apartheid?
Por que foi preso? Canto tempo estivo preso?
Frases importantes que dixo,...

Estas e outras cuestións se propoñen para seguir documentándonos sobre as innumerables  pegadas que nos deixa Madiba.

Preparados, listos e... a buscar respostas e a desfrutar e aprender moito no proceso!

Caza do Tesouro NELSON MANDELA



Ningún comentario:

Publicar un comentario