14.12.18

VISITAMOS Á ECOESCOLA





Ola a todas e todos! O alumnado de 3º e 4º curso visitaron a ECOescola, a aula de reciclaxe, situada en As Pontes de García Rodríguez.


Cal foi o motivo desta visita? Galdiño, ao principio de curso, nos anunciou que este ano iamos a traballar todo o relacionado co MEDIOAMBIENTE. 


Que fixemos na ECOescola? Cando chegamos, nos informaron do que eran as 3R: 

REDUCE, REUTILIZA E RECICLA








Despois puidemos ver diferentes obxectos, como os asientos de cartón ou xogos, como o twister ou un futbolín, entre outros. A continuación vos ensinamos unhas fotos:










































E xa para rematar esta gran visita nos deixaron brincar con estes xogos tan divertidos.

















O pasamos moi ben e aprendimos un montón.

Moitas grazas a ECOescola por darnos esta oportunidade.

Saúdos.

4.12.18

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro, como todos os anos, festexamos o día da discapacidade dun xeito moi especial. 
Este ano tivemos a gran sorte de contar co grupo "EU SON BAND", de Burela, os cales nos emocionaron coa súa música. 


https://f4.bcbits.com/img/a0863926643_10.jpg


Todas e todos desfrutamos moito desta música.





























Moitas gracias a este grupo por vir ao noso colexio e facernos sentir tan ben ao escoitalos. 









1.12.18

DÍA DA CIENCIA

O 30 de novembro celebramos o día da Ciencia onde todo o alumnado elaborou diferentes experimentos e os expuxeron.
Comezaron as nenas e nenos de sexto curso presentando os experimentos que levaron a cabo na semana STEM, a cal participaron no mes de Outubro. 
A continuación vos deixamos unhas fotos das nenas e nenos ensinando e explicando os experimentos. 
























Foi unha experiencia enriquecedora, polo que queremos ver máis. Estamos esperando con moitas ganas as demais científicas e científicos que temos neste colexio para que nos ensinen máis experimentos. 






















28.11.18

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O noso centro tamén se sumou con múltiples actividades para conmemorar este día, e que mellor forma que facendo unha ANIMACIÓN Á LECTURA co conto "ÉRASE DUAS VECES. A RATIÑA PRESUMIDA".


        

Esta animación foi unha sorpresa moi grande, xa que  os mestres do centro son  protagonistas. Aquí deixamos o video. Gozade coa súa interpretación!!





DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, fixemos unha escolla de libros axeitados que tratan diferentes temas para tódalas idades. Durante a semana, na hora de ler, foron elexidos un a un.


                                               #bibliotecainclusiva

Pero non soamente foi isto, senón que tamén o alumnado de sexto curso nos representou o rap que elas e eles fixeron. 



15.11.18

MAGOSTO


Castañeiras e castañeiros, hoxe é o noso día, onde festexamos o Magosto. Castañas asadas, cancións populares....é BAILE...para pasar un día estupendo.
Todas e todos comemos castañas, gracias ao noso CASTAÑEIRO e despois bailamos e cantamos, co acompañamento das gaitas.












Por último, fixemos un gran corro e cantamos a canción desta festa tan popular.

1.11.18

SAMAÍN


Como vos contaba anteriormente, o día 25 de outubro, comezamos a Resucitar libros. Cada día, un curso resucitaba un libro relacionado coa temática de Samaín e despois, o alumnado de 4º,5º e 6 dramatizaba o conto


O día 31 de outubro festexamos o Samaín, onde todo o alumnado e mestres/as nos disfrazamos. 




 






Para festexar este día, todos e todas realizamos unha pócema, onde cada curso inventou o seu esconxuro para recitar neste día tan especial. 




Para rematar este día, todas e todos xuntos bailamos unha canción no pavillón. Así terminamos este día, onde todos e todas desfrutamos un montón.

31.10.18

Bo día a tod@s! Aquí vos deixamos unha guía de lectura para o Samaín. Esperemos que disfrutedes moito con estes contos terroríficos!

25.10.18

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Como todos os anos, o 24 de outubro, é un día moi especial, xa que celebramos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES.




Por que é especial? Encántanos ler, polo que todos os anos estamos desexando coñecer o que vamos facer durante este curso.
Hoxe dámoslle a benvida a temática que traballaremos durante todo o curso, que non é outra como a POESÍA.

¡Este ano o noso alumnado serán POETAS!
.
Galdiño tamén nos contou que este ano investigaremos sobre o MEDIOAMBIENTE, onde indagaremos nas diferentes problemáticas que producen que teñamos contaminación no noso entorno. 


 


Ademais de todo o que vos acabamos de contar, tamén levamos a cabo os APADRIÑAMENTOS, onde os de 3º, 4º, 5º e 6º apadriñaron os nenos de Educación Infantil e 1º e 2º.





 












E xa para rematar, o noso Galdiño tamén lles dixo que durante toda a seguinte semana ían RESUCITAR LIBROS, relacionados todos eles coa temática de Samaín.