7.4.14

ILUSTRADOS. AS IMAXES NOS CONTOS

Día 2 de abril. Día do libro infantil e xuvenil.
Gustan os contos  e atraen as imaxes que teñen; as ilustracións. As imaxes son moi importantes nunha sociedade cada vez máis visual.

Estamos en pleno boom do Album Ilustrado. Nun álbum ilustrado texto e imaxe compleméntanse, aportando significados. Trátase dun formato máis visual. Libros atractivos para os nenos e nenas.
A obra artística, plástica que acompaña o texto é o reclamo a meterse na historia que se conta. 
Moitos dos libros e contos para nenos e nenas están escritos por dúas persoas: a autora e a ilustradora. Algúns libros están escritos so pola persoa ilustradora.
Entón, o traballo das persoas ilustradoras e cada vez máis importante recientemente.


Moito traballo de planificación e bosquexos a partir do texto, ata chegar á ilustración final.

Na época dos nosos avós os libros tiñan moi poucas iluatracións ou ningunha, so letra. As ilustracións foron evolucinando dente o debuxo a tinta en blanco e negro, logo a color. Hoxe existen moitas técnicas e moitos materiais para dotar de imaxes un conto. A televisión e o mundo da Publicidade influiron para desenvolver unha linguaxe máis visual, condensando rápidamente moito significado coa imaxe. Despertando a atención do público. Xogando con imaxes e texto atractivos. Narrando.

IMAXES. ILUSTRACIÓNS

Existen moitas maneiras de ilustrar un conto:

  • A dúas tintas, empregando branco e negro e outra cor.
  • Collage de diferentes materiais.
  • A base de fotografías con composicións.
  • Feitos de diferentes elementos.
  • Ilustracións 3D, por ordenador.
  • Plastilina ou obxectos reais.
  • Ilustracións por ordenador, (con programas específicos, Photoshop, Ilustrator,... combinación de debuxos previamente escaneados, fotomontaxes,...).
As boas ilustracións son valoradas na súa orixinalidade e creatividade, no uso dos materiais e no traballoso da montaxe e da técnica ou técnicas artísticas.O detalle coidado. Estilo e creación propias.
Gústanos, por exemplo as simpáticas ilustracións de Guridi...
Raúl Nieto Guridi, interpretando aos clásicos. Ilustracións sencillas,con espazosbrancos e moito significado condensado.

http://guridi.blogspot.com.es/















En Galdo e na actividade dos contos nótase a importancia que lle dan á obra plástica, as enerxías postas en facer atractivo o seu conto entre moitos, reclamando atención para ser vistos, (ainda que non sexan lidos de primeiras). Moita arte, posto que hai entre alumnado e familias verdadeiros artistas ilustradores.
Algúns exemplos:



O flautista de Mateo Rubal,5º, empregando materiais básicos e conseguindo unha presentación maxestuosa.
Ademáis, ofrece unha boa composición pop-up, que  fai un conto ainda máis atractivo.


A carapuchiña vermella de Ainé, 3º, empregando pasta, da de comer.


As texturas e a demostración gráfica das casas dos tres porquiños, de Santi,1ºEP


A Carapuchiña de fieltro de Nuria Veiga, 5º, nun traballoso bosque de árbores frondosos de boliñas verdes.


A montaxe por capas para o parrulo de Hollywood de Xosé Ramallal, de  5º.


Grazas polas vosas ilustracións! Hai moitas e de moi variadas técnicas: texturas, collage, plastilina con alkil,...

Recomendamos vir a velas ao colexio, en versión orixinal para apreciar mellor o traballo e a técnica.

As mestras de E.Artística, orgullosas de ver como se aplicou algunha das técnicas das vistas nas clases, este ano ou os anteriores.

Pero ollo, advertencia! Non é o mesmo pintar ,que  ilustrar poesía e  que ilustrar a actividade "DAQUELES CONTOS...A NOVOS FINAIS".  O texto, neste caso, é moi importante e previo á obra plástica que o complementa.
O texto tamén se pode traballar para facelo máis atractivo de ler, ou non?
Que se poda ler e que apeteza lelo!

2.4.14

ABRIL, DE LIBROS E CONTOS

O curso pasado, por esta época da chegada da Primavera , tamén chegou unha tremenda bandada de andoriñas mensaxeiras de poemas. Andoriñas que, logo de expoñérense no colexio, tomaron rumbo ao Concello para reunirse con outros e outras mensaxeiras primaverais portadoras de poesías.

Tratábase dunha actividade conxunta proposta polas Bibliotecas escolares da zona "Apadriña unha poesía".

Este ano , a actividade conxunta de bibliotecas escolares da zona leva por título "DAQUELES CONTOS ...A NOVOS FINAIS".

Pasamos das poesía aos contos, o tipo de texto é moi distinto, pero a actividade é moi parecida.
O traballo final, para expoñer  consiste na conxugación de texto escrito e obra plástica. Un traballo final que pode reflexar todo un traballo previo no que as familias poden axudar aos seus nenos e nenas.

O máis importante destas tarefas é o aprender xuntos, compartir o momento e disfrutar facendo xuntos: falar dos contos, contarse os contos, ler os contos, elexir un, buscar o xeito de que o alumno ou alumna poida facer o máximo posible... Deste xeito os pequenos e pequenas poñen en práctica o que aprenderon e aprenden na escola, sobre ler e sobre escribir distintos textos. Cos libros e na casa, con tempo e tranquilidade para ir pasiño a pasiño ata chegar á montaxe final.

As primeiras cartolinas laranxas en chegar:


María Maragoto, de 2º de E:P propón un final moi amoroso para Os tres porquiños. O terceiro porquiño era unha fermosa porquiña. Entón, o lobo namorouse e non foi capaz de comela. Claro, pois...quedaría sen ela!


 Noa, de 4anos sorpréndenos escribindo unha Carapuchiña Vermella na que neta, avoa e lobo comparten o pastel de merenda.









Yago Cerdeira, de 3º de EP preséntanos un traballo en formato comic, cuns simpáticos bocadillos que acompañan a narración. "La tortuga y la liebre". Unha fábula moi contada e lida pero...de seguro que non desta singular maneira.





Outra de porquiños! Sen dúbida Os tres porquiños é o conto preferido de moitos rapaces e rapazas.
Velaquí o conto de Martín Dovale, de 1ºEP coa axuda da súa nai. Martín repasou un contiño rimado que remata en  alegre susto.O  lobo non era tal lobo, era a Mamá porquiña disfrazada!


Grazas rapaces e rapazas, polos vosos contos e os vosos ocorrentes finais!
Grazas familias pola vosa colaboración! GRAZAS!

Se queredes máis contos e novos finais, vinde a velos e a lelos. Estarán este mes expostos no colexio, no corredor principal da entrada.


No recuncho de Infantil da Bibllioteca do noso colexio hai un curioso mural. Unha nena ten o conto de Carapuchiña Vermella aberto nas mans e dille a un neno que se atopa ao seu  carón:

_ Leoche un conto?
_ Vale, pois eu fágoche un debuxo!_ respóndelle o rapaz xa co lapis na man.

Iso é! Compartir o momento e aprender xuntos dos libros e dos contos!
  

PRIMAVERA E... DÍA DA ÁRBORE CON AUGA!

Unha vez máis , os tulipáns do xardín da entrada, plantados no outono, anuncian a chegada da Primavera.



Este ano son vermellos, color de enerxía. Vermellos, a xogo coa entrada principal ainda adornada de corazóns e sentimentos. 
Coa chegada da Primavera,temos triloxía de celebracións.
21 de marzo. Día da Poesía, Día da Árbore e Día da Auga.
Preparamos a triple celebración lendo, sentindo e ilustrando sentimentos e poesía.

Que é a poesía senón sentimento?
A poesía é a arte de xogar e combinar palabras para reflexar de xeito bonito sentimentos que  doutra maneira serían dificiles de expresar.
Moita poesía xurde na primavera, coa paisaxe, as flores, os paxaros e as tardes máis longas. Alegría e sentimento que nos  trasmite a chegada da primavera!
Moitos e moitas poetas escribíronlle á Primavera e á Natureza ou encontraron nela a fonte de inspiración.
Calquera de nós pode encontrar a inspiración e facer poemas seducidos e seducidas pola beleza das paisaxes en Primavera. 
Proba a ler, a sentir e a escribir poesía!  
Contempla a paisaxe, ponlle palabras ao que ves e xoga coas palabras. Verás como unhas palabras chaman por outras e o teu poema vai xurdindo...

Nos libros de Coñecemento do Medio xusto estamos traballando coas distintas paisaxes, coñecendo a flora e a fauna do entorno e  de Galicia.
O noso colexio está situado en zona rural. Temos moita sorte de ter moita zona verde dentro e fóra do recinto escolar. Temos árbores, plantas e tamén flores. Pero...sabemos o nome das distintas  árbores que temos e que vemos todos os días? Sabemos distinguir unha cerdeira dun bidueiro ou dun loureiro?
O bidueiro coñecémolo ben, posto que o ano pasado plantamos un no cole, Platero.
Este ano, polo Día da árbore plantamos un loureiro.



A semana do 17 ao 21 estuvemos informándonos e documentándonos. A Deputación de Lugo mandounos uns libriños sobre as árbores. Buscamos na rede, para saber máis. Observamos e dibuxamos!



Pensamos un nome para a nosa nova árbore...

A cita de plantación foi o venres 21 de marzo, antes do recreo.  Mollámonos os pés para plantar a árbore!
Pois chovera toda a noite anterior e ainda caían pingas. 



Baixou toda Primaria. Presidiu o Acto o noso director Luis.



Elixiuse unha  parella que representase a sexto na plantación da árbore. 
Os de sexto acaban en xuño  a súa etapa no colexio e queren deixar un legado con vida e con raíces.


Gabriel e Sara foron os encargados de plantar a árbore.

Juan colleu un papeliño entre as propostas de nomes para a árbore.




O nome "Brother" resultou ser a proposta tamén de 6º curso. Brother, din eles e máis elas, porque é un ser vivo e queren que se lle trate como a un irmán, neste colexio plurilíngüe.



Pois, así o noso loureiro queda plantado, bautizado como Brother e tamén regado. Longa vida para o noso loureiro!

Rematamos esta múltiple celebración con versos do poeta Antonio Noriega Varela:

Merlo, que Dios bendiga e ti recollas,
Maga dos ollos verdes! Entre as follas
sempre verdes do máis xentil loureiro.

(Poema titulado Primavera,   , A. Noriega Varela)

1.4.14

MARZO, MULLER E POESÍA

O día 1 de Marzo celébrase unha festa importante romanesa: O festival do Martisor.



O alumnado de 5º, metidos no papel de romaneses pódenos contar moito sobre esta festa xa que estuveron buscando información e documentándose ben para saber máis.Ten  moito ten que ver coa muller e coa chegada da primavera.

Dúas cores son as protagonistas da festa: branco pureza e vermello enerxía. Moita é a tradición e as lendas que xiran entorno a esta festa, como a lenda do valente rapaz que, logo do tempo frío do inverno decide ir a rescatar e traer de novo o sol. 


(Martisor deseñado e  feito por Paula Sánchez, de 5º de EP)

No traballo de búsqueda da información na rede, os rapaces e rapaces de 5º descubriron a importancia desta festa para os romaneses e romanesas. Viron videos dos festivais e puideron comparar os traxes reais tradicionais de Romanía cos seus disfraces .Investigaron sobre a historia, a tradición e o baile tradicional. Tamén viron videos tutoriais para elaborar o seu Martisor.

Entón, que é o Martisor? É un agasallo tradicional para as mulleres. Consiste nun trenzado de fío branco e vermello. Actualmente se lle añade un detalle ou xoia que acompaña á trenza. Un agasallo para desexar moita enerxía e fortuna nesta nova vida que nace coa Primavera. As mulleres, nais ou avoas lucen o agasallo ata o día 12. Logo deben colgalo dunha árbore. A árbore floreará e iso é símbolo de fortuna.

A festa máis parecida que temos aquí é o 14 de febreiro, cando vemos  corazóns vermellos por todas partes. Pois, na entrada principal do colexio, aínda podemos notar a marea vermella do "Quérote moito".


Nais, avoas, madriñas,... mulleres que dan moita vida, que nos agasallan co seu traballo e o seu esforzo diario, ás veces pouco recoñecido. Ademáis de traballar dentro e fóra da casa nunca se retiran de ser nais. 
Por iso quixemos pensar un pouco nelas e no seu incalculable valor.

Nestes días , todo o colexio, dende Infantil ata 6º curso participou no concurso "Deseña unha xoia para túa nai", concurso de deseño do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia.


O Día 8 de Marzo celébrase o Día da Muller. Aproveitamos para facer un pouco de reflexión .Por qué ...Día da Muller? Necesitamos coñecer un pouco de historia. Claro que un século atrás pode parecer toda unha eternidade ...
A nena Emilia, a que lle gustaban moito os libros, axudounos a comprender algo máis.


Emilia Pardo Bazán foi unha muller contemporánea a Rosalía de Castro. Ainda que distintas, compartiron época e condición de mulleres. Mulleres importantes da nosa historia.

E como nos gusta relacionar e misturar aprendizaxes, misturamos Rosalía, Muller e Poesía neste mes de Marzo, ao comezo da Primavera e facemos unha boa escolla poética que nos leve e nos traia desde Rosalía de Castro ata máis preto dos nosos días, en forma de muller.

Pois, a escolla redunda en tres poemas e tres mulleres distintas, pertencentes a distintas xeracións, condicionadas polas circunstancias que lles tocou vivir. Con elas facemos un paseo poético intimista.

O primeiro poema é de Rosalía de Castro. (Follas Novas, 1880)


Tal como as nubes 
que leva o vento,
e agora asombran, e agora alegran
os espazos inmensos do ceo
así as ideas
loucas que eu teño,
as imaxes de múltiples formas
de estrañas figuras, de cores incertos
agora asombran
agora aclaran,
o fondo sen fondo do meu pensamento.








(Ilustracións do poema por Patricia Roca e Clara Martínez, de 5º de E.P.)



O segundo poema da escolla é de Maruxa Fernández Fernández, recollido no libro Lembranzas e Pantasías, 1974.

Fermosa linguaxe

Ficábamos sempre ollando un para o outro,
e canto nos dixemos somentes cos ollos!
Fermosa linguaxe falar sen parolas...
E anque as nosas miradas non chegaran a ser 
máis que iso : miradas e soños...qué locuaz
e que íntima pode ser a conversa dos ollos! 






O terceiro poema foi escrito por Carmen de Máximo de Celeiro, nos anos 90.

Limpio atardecer

Atardecer limpio
a orillas del mar.
El sol ya se esconde,
se quiere ocultar.
Rojos resplandores
en el horizonte,
que tiñen los cielos
en color de fuego.
El mar está en calma,
ya no hay tempestad;
las olas que rompen
con su espuma blanca 
del gran arenal.

Paseando sola.
Mis pies moja el mar
y pienso en silencio:
"¡Qué inmensidad!"
La brisa suave
acaricia mi cara.
Y recuerdo días
de sol y de mar.
De vida, de amores,
que al atardecer,
como blancas olas 
se tornan espuma
que besa la arena
con suavidad.


Carmen de Máximo é unha muller que recibiu pouca escola formal. A pesares das súas limitacións na vista, nunca deixou de ler e de valorar a importancia da lectura, dos libros e da escola par aprender cousas e para disfrutar.
Logo, como Rosalía, lía, lía e...poesía escribía.

Rosalía, Marzo, Muller e Poesía. Bonita "Trabe_sía"!



31.3.14

ENTROIDO DE FOLCLORE

No blog Con N de Nosa está publicada unha entrada que relata como trascurriu o 28 de febreiro de Entroido no colexio. Maios e Mostra Folclórica Internacional. Disfraces, desfile e bailes e degustación de sobremesas achegadas polas familias.

Podes ir ao blog e directamente ao Entroido desde aquí, no seguinte enlace directo!

CON N DE NOSA. Entroido
http://con-n-de-nosa.blogspot.com.es/

6.3.14

RECITAL. POEMAS DE ROSALÍA


Queremos deixar rexistro dalgúns dos máxicos momentos vividos durante o Recital Día de Rosalía, o luns 24 de febreiro.
A cita era pola mañá, extendendo a Hora de Ler, e xuntando na Aula de Música a 2º,3º,4º e 5º de EP.

Preparouse un Acto do  máis  emotivo.

                                               (Ilustación de Patricia Roca, de 5º EP)


Abriuse a Homenaxe dirixíndonos á propia Rosalía nunha significativa carta que leu a mestra Ermi.
En Galdo, 24 de febreiro do 2014...


 Música: Negra Sombra, interpretada por Luz Casal e Carlos Núñez.
Video da canción, coa letra, entre imaxes de paisaxes de Galicia.
 (Video subido ao Youtube por Rebeca González).
Imaxe elexida de fondo, Rosalía "pop art" do Rei Zentolo.

Comezou o curso de 4º, en pequenos grupos, a recitar poemas traballados co seu mestre X. Luís.




  


5º curso baixou ao Acto portando uns bonitos traballos de poema e ilustración. Traballaron individualmente cadanseu  poema.

Encantounos o xeito no que Xosé interpretaba os versos de "Compadre, desde que vai un vello..."

                                          (Ilustración do poema polo propio Xosé Ramallal, de 5ºEP)


Clara Martínez empregou o seu traballo para recitar un abstracto pero bonito poema.
"Tal como as nubes..."






E para acabar o Acto, unha versión moi particular da "Negra sombra" por Nuria Díaz.



Un Adiós moi especial do conxunto do alumnado de 3º curso.
"Adiós ríos, adios fontes". Cada un deles tiña o seu papel, a súa responsabilidade para co resultado final.
Moi ben, moi ben! Ogallá non haxa que dicirlle adios á verde paisaxe galega , adiós á vista dos nosos ollos!

Á vista dos nosos ollos tamén deixamos máis poemas e máis Rosalía...

Temos gravados e rexistrados os  poemas. Así podemos escoitalos ,relelos e contemplar as ilustracións. A disposición na nosa Biblioteca.


                                               (Ilustración de Mateo, 5º EP)

Airiños, airiños, aires......da nosa terra!



 Non che digo nada...pero vaia!


                                           Alejandra
                                           Sergio


                  Xoel
Canto arte e canta sabedoría!.... Moucho, non che temos medo!