O alumnado de 5º, metidos no papel de romaneses pódenos contar moito sobre esta festa xa que estuveron buscando información e documentándose ben para saber máis.Ten moito ten que ver coa muller e coa chegada da primavera.
Dúas cores son as protagonistas da festa: branco pureza e vermello enerxía. Moita é a tradición e as lendas que xiran entorno a esta festa, como a lenda do valente rapaz que, logo do tempo frío do inverno decide ir a rescatar e traer de novo o sol.
(Martisor deseñado e feito por Paula Sánchez, de 5º de EP)
No traballo de búsqueda da información na rede, os rapaces e rapaces de 5º descubriron a importancia desta festa para os romaneses e romanesas. Viron videos dos festivais e puideron comparar os traxes reais tradicionais de Romanía cos seus disfraces .Investigaron sobre a historia, a tradición e o baile tradicional. Tamén viron videos tutoriais para elaborar o seu Martisor.
Entón, que é o Martisor? É un agasallo tradicional para as mulleres. Consiste nun trenzado de fío branco e vermello. Actualmente se lle añade un detalle ou xoia que acompaña á trenza. Un agasallo para desexar moita enerxía e fortuna nesta nova vida que nace coa Primavera. As mulleres, nais ou avoas lucen o agasallo ata o día 12. Logo deben colgalo dunha árbore. A árbore floreará e iso é símbolo de fortuna.
A festa máis parecida que temos aquí é o 14 de febreiro, cando vemos corazóns vermellos por todas partes. Pois, na entrada principal do colexio, aínda podemos notar a marea vermella do "Quérote moito".
Nais, avoas, madriñas,... mulleres que dan moita vida, que nos agasallan co seu traballo e o seu esforzo diario, ás veces pouco recoñecido. Ademáis de traballar dentro e fóra da casa nunca se retiran de ser nais.
Por iso quixemos pensar un pouco nelas e no seu incalculable valor.
Nestes días , todo o colexio, dende Infantil ata 6º curso participou no concurso "Deseña unha xoia para túa nai", concurso de deseño do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia.
O Día 8 de Marzo celébrase o Día da Muller. Aproveitamos para facer un pouco de reflexión .Por qué ...Día da Muller? Necesitamos coñecer un pouco de historia. Claro que un século atrás pode parecer toda unha eternidade ...
A nena Emilia, a que lle gustaban moito os libros, axudounos a comprender algo máis.
Emilia Pardo Bazán foi unha muller contemporánea a Rosalía de Castro. Ainda que distintas, compartiron época e condición de mulleres. Mulleres importantes da nosa historia.
E como nos gusta relacionar e misturar aprendizaxes, misturamos Rosalía, Muller e Poesía neste mes de Marzo, ao comezo da Primavera e facemos unha boa escolla poética que nos leve e nos traia desde Rosalía de Castro ata máis preto dos nosos días, en forma de muller.
Pois, a escolla redunda en tres poemas e tres mulleres distintas, pertencentes a distintas xeracións, condicionadas polas circunstancias que lles tocou vivir. Con elas facemos un paseo poético intimista.
O primeiro poema é de Rosalía de Castro. (Follas Novas, 1880)
Tal como as nubes
que leva o vento,
e agora asombran, e agora alegran
os espazos inmensos do ceo
así as ideas
loucas que eu teño,
as imaxes de múltiples formas
de estrañas figuras, de cores incertos
agora asombran
agora aclaran,
o fondo sen fondo do meu pensamento.
(Ilustracións do poema por Patricia Roca e Clara Martínez, de 5º de E.P.)
O segundo poema da escolla é de Maruxa Fernández Fernández, recollido no libro Lembranzas e Pantasías, 1974.
Fermosa linguaxe
e canto nos dixemos somentes cos ollos!
Fermosa linguaxe falar sen parolas...
E anque as nosas miradas non chegaran a ser
máis que iso : miradas e soños...qué locuaz
e que íntima pode ser a conversa dos ollos!
O terceiro poema foi escrito por Carmen de Máximo de Celeiro, nos anos 90.
Limpio atardecer
Atardecer limpio
a orillas del mar.
El sol ya se esconde,
se quiere ocultar.
Rojos resplandores
en el horizonte,
que tiñen los cielos
en color de fuego.
El mar está en calma,
ya no hay tempestad;
las olas que rompen
con su espuma blanca
del gran arenal.
Paseando sola.
Mis pies moja el mar
y pienso en silencio:
"¡Qué inmensidad!"
La brisa suave
acaricia mi cara.
Y recuerdo días
de sol y de mar.
De vida, de amores,
que al atardecer,
como blancas olas
se tornan espuma
que besa la arena
con suavidad.
Carmen de Máximo é unha muller que recibiu pouca escola formal. A pesares das súas limitacións na vista, nunca deixou de ler e de valorar a importancia da lectura, dos libros e da escola par aprender cousas e para disfrutar.
Logo, como Rosalía, lía, lía e...poesía escribía.
Rosalía, Marzo, Muller e Poesía. Bonita "Trabe_sía"!
Ningún comentario:
Publicar un comentario