6.6.14

CONCURSO LETRAS GALEGAS. BIBLIOTECA MUNICIPAL.

Onte, ás 17:00h  tivo lugar a entrega de premios do Certame de narración e debuxo Letras Galegas 2014 da Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro.


 Na entrega dos premios estiveron a alcaldesa María Loureiro e a Concelleira de Cultura Covadonga Viamonte.

Entre os gañadores, catro alumnos de 4º curso do noso colexio:
Izan Fra
Pablo Dablanca
Andrea Dovale
Brianda Insua

Noraboa polas vosas narracións e polos vosos debuxos!
O mellor agasallo: un libro! Para seguir lendo, ilustrando, disfrutando e "cociñando contos".

5.6.14

UNA VISITA EN ASPANAES.



  
Saúl

REFLEXIÓNS DA EXPOSICIÓN...


Con esta e con outras exposicións que se aveciñan entrenámonos como público respectuoso. Aprendemos a comportarnos nas visitas e nas Exposicións. Pois, nunha exposición móstranse obras feitas polas persoas autoras. Iso ten un valor importante e merecen todo o respecto. Ver... pero non tocar! Como se do Museo do Prado se tratase!
Claro que ás veces é unha tentación moi grande o querer sentir e tocar... É o caso da nosa bruxa Winnie e a tentación de pisala ou meterlle a man nos petos da chaqueta, ou..."chocarlle as  cinco" coa man aberta!




Tamén resultaban moi tentadoras as casiñas golosas da EEI San Roque...



Aprendimos a tratar con moito cariño os libros de grande formato!




A pasar as follas con coidadiño...

LIBRO DE VISITAS. PARA QUE? Que escribimos?

Ao comezo só firmábamos pero non nos atrevíamos a poñer nada máis. logo, as nais deron exemplo e...comezaron as auténticas expresións!






Mensaxes de agradecemento, de animación a seguir facendo deste tipo de actividades conxuntas. Unhas nenas "anónimas" que se preguntan Por qué O  Landro non participa? Felicitacións, opinións e simples firmas. Estamos moi agradecidos por tanta e tan boa participación!

ACTIVIDADES CONXUNTAS. Aprendendo en Comunidades.

Desde o  CEIP Plurilíngüe Santa Rita de Galdo agradecemos moitísimo o ser convidados a participar destas actividades conxuntas. A pesares de non ser Biblioteca Escolar pertenecente ao PLAMBE, os colexios da zona sempre se acordan de nós para facer actividades conxuntas , compartir e aprender xuntando as nosas comunidades nunha Comunidade máis grande na que cada centro aporta os seus puntos fortes, as súas fortalezas: Arte, Música e Canto, Contos, Teatro, textos, Curtametraxes, Ilusións e Documentacións. Como base, as Bibliotecas Escolares.

QUE É O PLAMBE?

O PLAMBE é o Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Non todas as Bibliotecas Escolares teñen concedido ese  Plan de Mellora. É necesario facer un Proxecto-solicitude e logo , se se aproba ese Proxecto , temos dereito a un orzamento en condicións para poder xestionar e mellorar a Biblioteca Escolar. De feito, na nosa zona, somos dos poucos Centros escolares que non damos entrado a formar parte do PLAMBE. 
Esperemos que este ano nos aproben o Plan, pois...a pesares das nosas limitacións, cremos que o esforzo desde as familias é merecedor  da aprobación dun Plan de Mellora das Biblioteca Escolar para seguir , lendo, disfrutando e aprendendo dentro da Nosa Comunidade Escolar, do noso entorno e das nosas circunstancias.
Necesitamos un Plan que nos incluia e nos valore como Comunidade que quere medrar en Cultura e en Coñecementos. Só necesitamos o empuxe necesario..! non si?


20.5.14

EXPOSICIÓN E ACTIVIDADES DAS BIBLIOTECAS.

"DAQUELES CONTOS....A NOVOS FINAIS". Catro días moi intensos de Exposición de traballos e Actividades de Animación e Fomento da lectura.
Unha axenda cultural moi diversa, que reúne nunha actividade conxunta ás bibliotecas escolares da zona.

Os contos clásicos, referente básico nas lecturas ,pero con novos finais adaptados aos tempos actuais. As Comunidades Educativas , alumnado, mestres e familias fixeron posible esta cita cos Contos.
Na Praza Maior, na Sala de Usos Múltiples do Concello, o Martes 13 de maio inagurouse oficialmente a Exposición e o Programa de Actos.



Cartolinas de cores portadoras de contos traballados polos nenos e nenas e polas súas  familias.



As golosas e simpáticas cartolinas azuis da EEI San Roque


As cartolinas verdes do IES Vilar Ponte



O libro morado do CEIP de Cervo e
 o libro en grande formato do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.

Moradas tamén eran as cartolinas do CEIP de Covas.






As cartolinas vermellas do IES María Sarmiento


Cartolinas blancas do CEP Lois Tobío


E...coincidindo na cor laranxa, as cartolinas do CEIP Pedro Caselles Rollán, de Xove 





e as  do CEIP Plurilíngüe Santa Rita de Galdo.


Fotos tomadas antes da inaguración e apertura da exposición, mentras as rapazas do grupo de teatro do IES Vilar ponte ensaiaban os seus fabulosos  contos musicados.





MARTES 13 DE MAIO

Abríronse as portas ao público para facer a Inaguración oficial. Acto coa presenza das responsables de bibliotecas escolares de cada un dos colexios participantes e a Concelleira de Cultura do Concello, Covadonga. Palabras de agradecemento ás familias e ao alumnado polo esforzo e traballo feito e  ao Concello, por facilitar o local toda a semana. Covadonga dixo unhas palabras para  animar a seguir  facendo este tipo de actividades conxuntas tan importantes e animando tamén a utilizar a nova e reformada Biblioteca Municipal, no edificio onde era antiguamente o Concello.


Entón agora, de cara a un numeroso público, Contos musicados do IES Vilar Ponte: "La ratita presumida"que remata acaramelada co rato logo dun desfile de repoludos animaliños que queren casar coa ratiña  e "Los 7 cabritillos", que pasan do : "No,no, no eres nuestra mamá" a ser enganados polo lobo , "Si,Sí eres nuestra mamá". Sabio consello con música: Facede caso da vosa mamá!





Vaia!, co público ainda expectante, chegou a hora do Telexornal Como cho conto!, Especial Biblioteca. Desde o CEIP Plurilíngüe Santa Rita, é dicir, dende o noso colexio, os presentadores Xoel e Paula dan conta das noividades en torno á Biblioteca:  entrevista á responsable Rebeca e os cambios realizados na Biblioteca escolar, Concurso da Mascota, a evolución e experimentación desde o audio  Podcast e os contos con efectos sonoros ao audiovisual, videocontos, recomendacións de libros e lecturas, até  contar  cadros de H. Xeada. Unha ollada ao noso quefacer  diario conxugando imaxes e palabras. Desde a nosa Biblioteca, centro de recursos!







Así, ainda deu tempo para ler e mirar con detenimento os orixinais e inéditos finais das cabezas máis novas da zona.


A bruxa Winnie chamaba a atención!

Contamos con libro de visitas chulísimo, elaborado polo CEIP de Covas. Que cousiñas atoparemos escritas?



MÉRCORES 14 DE MAIO

Unha simpática  Carapuchiña de Cores, con carapuchas de Outono ou de Primavera, desde o CEIP Antonio Pedrosa Latas, de Celeiro e un lobo, para nós coñecido, que intenta prepararse para levar unha vida máis sana: facendo exercicio, aprendendo modales,aprendendo idiomas,...








Grazas, ás mestras Angélica e Virginia, que nos fixeron pasar tan bo rato!

XOVES 15 DE MAIO

O CEIP de Covas veu cargadiño de actividades de Animación e fomento da lectura.
O monólogo de Claudia Casal sobre agasallar un libro,


a orixinal posta en escena e con instrumentos da  canción:" Porque ler un liiibroo, sempre é divertiiidoo..." (Adaptación dunha canción de The Queen),






e a traballosa curta de animación que levaron a cabo o alumnado de 2º de Primaria do CEIP de Covas. Plastilina, moitas fotos e o Stop Motion como editor de video. Noraboa ás mestras, canto tempo e canto traballiño empregado...
_ Ramón, que será iso? Será un rato?
_Será, Ramona...







Outra curtametraxe de animación nos chega desde o CEIP Pedro Caselles Rollán, de Xove. Que é o amor? nos explican os rapaces e rapazas. Debuxos, montaxe, guión, ...propio dunha montaxe de alfombra vermella. Noraboa pequenos armantes do cinema, levando á pantalla grande uns dos libros favoritos da Biblioteca.




 VENRES 16 DE MAIO. Clausura e Día de Coros.
Uniron forzas os coros do CEP Lois Tobío e o coro do CEIP Antonio Pedrosa Latas, de Celeiro.
Coa "roja" comezou o CEIP Antonio Pedrosa Latas cantando os contos traballados: Os tres porquiños, Carapuchiña, Hansel e Gretel,...




O CEP Lois Tobío trasladou á Sala de Usos Múltiples do Concello todo un escenario do medievo para ambientar e deleitarnos cun fabuloso Romance.












Logo, animouse o coro a ofrecer un popurrí de cancións infantís de contos e xogos.

E...así finalizou a semana de Actividades de Bibliotecas Escolares, para ir coa música e cos contos  a outras e a todas partes!

Con tristeza pero tamén con orgullo tocou desmontar a Exposición : gardar os contos e os novos finais en cadansúa Biblioteca, ler con detenimento o Libro de Visitas e comezar a xornada de Reflexión sobre o que foi  esta semana de Actividades e de Exposición.
Aprendemos para artellar novas experiencias, non si?