24.4.13

QUEREMOS DAR AS GRAZAS...


"Queremos agradecervos a todos os pais e nais, titores e titoras, que con esta actividade, ao igual que con moitas outras en múltiples ocasións, participastes tan activamente e con tanto interese, demostrando orixinalidade e creatividade, axudando a que a poesía neste caso, e en certa maneira tamén a escola fora máis aló das paredes do propio colexio, tanto, que chegou ás vosas casas, e converteuse nun momento máxico que poidestes compartir grandes e pequenos voltando esta primavera a nós en forma de andoriña.
Dende aquí, un GRAZAS moi merecido."

Así inaugurábamos xa hai case un mes, a exposición que se pode visitar na entrada do noso cole con todos os traballos que fixeron os nenos e nenas coa vosa axuda, a dos adultos.
Xa casi a rematar a exposición no cole, reiteramos as grazas pola vosa colaboración para esta actividade como en moitas outras nas que contamos con vós, e dicirvos que se fará unha exposición conxunta con outros centros nun local cedido polo Concello de Viveiro e posteriormente no de Cervo que poderedes visitar no vindeiro mes.
Gustaríanos tamén agradecer aos centros incluídos no PLAMBE ( Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares), que nos ofreceran a oportunidade de formar parte desta actividade conxunta.





23 de abril: Que é para ti un libro ?


Na nosa navegación de hoxe e na  páxina dunha publicación portuguesa ( "Jornalismo antenado" ), atopamos este cartel cun texto do Padre António Vieira, escritor portugués que viveu no século XVII.

" O libro é un mudo que fala, un xordo que responde, un cego que guía, un morto que vive"

E para tí, que é un libro?, pregúntolle aos visitantes da nosa Biblioteca:

"UN LIBRO É DIVERSIÓN" ( MATEO, 4º )
"UN LIBRO É UNHA HISTORIA QUE PODE SER ALEGRE OU TRISTE" ( PATRICIA, 4º )
"UN LIBRO É ALEGRÍA" ( CLARA, 4º )
"UN LIBRO É COMO UN BO AMIGO" ( LUCA, 6º )
"UN LIBRO SON MIL PALABRAS ORDENADAS" ( DAVID FERNÁNDEZ, 6º )
"UN LIBRO É COMO UNHA VIDA" ( ALEX, 6º )
"UN LIBRO É EXPRESIÓN" ( DIEGO, 6º )
"UN LIBRO É COMPATIBLE CONTIGO" ( ANDREA, 6º )
"UN LIBRO NUNCA TE ABANDONARÁ" (ARIADNA, 6º )
"UN LIBRO É ACCIÓN..." ( XOEL, 4º )
"UN LIBRO SEMPRE TE QUERE DOCEMENTE" ( NOA, 6º )
"UN LIBRO É UNHA HISTORIA SIN FIN QUE NUNCA NOS ABANDONARÁ" ( NURIA,4º )
"UN LIBRO É ALGO QUE LEO E ENTÓN MORRE A IGNORANCIA" ( AMANDA, 6º )
"UN LIBRO É RELAXACIÓN E MOITOS SOÑOS" ( ALEJANDRA, 4º )
"UN LIBRO É UN SOÑO ESCRITO" ( SARA BAZ, 4º )
"UN LIBRO É FANTASÍA E DIVERSIÓN"  (CRISTINA, 4º )
"UN LIBRO É INFORMACIÓN"  ( EDGAR, 4º )



20.4.13

Viveiro tiña unha muralla


Viveiro tiña seis portas na súa antiga muralla. Foi pasando o tempo e agora só quedan tres. A máis grande é a de Carlos V, ou Castelo da Ponte.Existían desde o século XIII. As tres portas que aínda se conservan son: a do Valado, a porta da Vila e a do Castelo da Ponte.
Os nenos e as nenas de 3º estamos a construir unha maqueta de Viveiro. Primeiro consultamos un libro, despois fixemos un plano co trazado das rúas e con  terracota moldeamos a muralla coas seis portas.
Tamén, o alumnado de 4º está co mesmo traballo. E aí os tendes mans á obra!.

Fotografías de SAÚL e IZAN


O que vemos desde a aula de 3º



Xa chegou a primavera.  Xa estamos en abril. Todo está de cor verde. Desde a nosa aula vemos os montes alá lonxe. Tamén hai unhas casas e máis preto  o patio dos nenos e nenas de Infantil que ten un bambán, un escorregadoiro...

AS NENAS E OS NENOS DE 3º

19.4.13

O carballo

No cole había un carballo pequeno , sen follas.


Neste comezo da primavera medrou moitísimo
e as follas puxéronselle verdes coma a herba.



Paula, Azucena, Yraya,

Foto: Lucas e Mario

16.4.13

Un cadro

Asomeime á ventá. E a primavera estaba alí.

Anduriña que pasache...

"O meu homiño perdeuse,


ninguén sabe en onde vai...

Anduriña que pasache

con el as ondas do mar;

anduriña, voa, voa,

ven e dime ond'está."

ROSALÍA DE CASTRO





...e un cento de anduriñas entraron no colexio.

Entraron e pousaron na parede azul. E con elas tamén un cento de poemas. Agardan para voar ata outro lugar?

Xa temos aquí a primavera...

Xa a temos aquí. Entrou hai uns días con discreción. E agora cando saímos ao patio notamos o seu agasallo. Esas cores nas árbores...