7.6.21
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
25.5.21
LETRAS GALEGAS 2021
XELA ARIAS
Día das letras galegas 2021 adicadas a unha muller valente e independente que se foi prematuramente e que defendía que a POESÍA había que vivila e sacala ás rúas.
Despois de pescudar a fondo sobre a vida de Xela Arias, fíxose unha exposición onde participou todo o alumnado de primaria e infantil.
Os nenos e nenas de infantil decoraron o X de Xela, ademáis de elaborar retratos da escritora. En primaria realizáronse murais, acrósticos ademais de outros traballos.
Dentro das actividades, estaba programada que o alumnado de 3º e 4º lle fixese unha entrevista a Xiana Lastra, cantante da Banda da Loba. Dende a área de MÚSICA, a mestra Carmen preparou unha presentación para que pescudaran sobre a banda.
Foi xenial que viñera ata o cole e nos cantara en directo un trociño da canción "DARÍO A DIARIO" do album "HASME OIR"
10.5.21
XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021
"Hasme oír" ( cos versos de Xela Arias)
A BANDA DA LOBA
26.4.21
DÍA DO LIBRO
Na semana do día do libro fixemos diferentes actividades de animación á lectura. Todo o alumnado de infantil e primaria foron partícipes, tanto de público respetuoso coma de intérpretes.
Mirade que artistas temos!
ALUMNADO DE 2º DE EP: "BO CAMIÑO VALENTIÑO!"
ALUMNADO DE 1º DE EP: "POLO CAMIÑO"
ALUMNADO E 5º de INFANTIL: "PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO"
ALUMNADO DE 6º DE EI recita: "POEMAS DE PIRULETA"
24.3.21
ENTROIDO 2021 : "COMEZA A PEREGRINACIÓN POLO CAMIÑO DO MAR"
Ola rapazada :)
Por fin "HABEMUS" VIDEO do entroido, jaaaaa. A mestra Inés recopilou tódalas fotos dos momentos vividos antes, durante e o mesmo día do entroido, para facer este vídeo marabilloso.
Desfrutade do voso traballo, porque tédesvos que sentir mooi orgullos@s, que satisfación máis grande saber que fixestes vós O VOSO disfrace , que axudastes aos vosos compañeir@s. Moitas grazas ás familias por colaborar nisto... sempre estades dispostas a todo.
COMEZA A PEREGRINAXE...
22.3.21
POESÍA NO CAMIÑO
Chove en Santiago,
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
García Lorca, Federico (1978) Seis poemas galegos (Madrid: Akal, Col. arealongiña)
Sabedes que os poemas poden ser versionados por cantautores ou grupos? Aquí tedes un exemplo, dúas versións preciosas para ESCOITAR E SENTIR !
VERSIÓN DE CARLOS DÍAZ do poema de Federico García Lorca
VERSIÓN DE LUAR NA LUBRE E ISMAEL SERRANO.
DÍA INTERNACIONAL DO BOSQUE E DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Hoxe é o día internacional dos BOSQUES e tamén o Día da POESÍA , so tedes que mirar o voso patio para comprender que estades rodeados de natureza, de toda clase de árbores.
Por que relacionamos a poesía coa chegada da primavera?
Porque simbólica e etimoloxicamente relacionamos a poesía coa creación, co rexurdimento da vida, o espertar na natureza despois dos meses fríos do inverno, tempo do amor e da fertilidade, enerxía vital.
En todas as culturas este período do ano aparece vencellado aos procesos creativos. Na primavera énchese o mundo de flores e de cancións. A primavera é o tempo dos namorados, mais tamén do libro e da lectura (23 de abril), o tempo das Letras Galegas (17 de maio).
Nas culturas clásicas e na cultura medieval de occidente na primavera celebrábanse os festivais ou certames de poesía, concentración de músicos e poetas. As grandes cortes do amor da Idade Media convocábanse preferentemente na primavera.
(A POESÍA, O PORTAL DAS PALABRAS )
Este pequeno video é para que observedes e sintades todo aquilo que vos provoca a natureza e... por que non escribilo? da igual en que formato: poesía, unha carta, unha noticia, un conto...
"HAI MOMENTOS NO CAMIÑO NOS QUE AS PALABRAS NON SON NECESARIAS" Inés Castro.
CASTIÑEIRO
Está soio o castiñeiro
no cómaro dun labradío.
¡E como o ollo senlleiro
eu coido que sinte frío!
Ten a copa moi redonda
e ten a casca enrugada.
¡Debe sentir pena fonda
lembrando a vida pasada!
Como xa ten tantos anos
os seus foron morrendo.
¡Agora arbres estranos
escóitano estar xemendo!
¡Case non hai castiñeiros!
Os que hai son de respeto:
¡vellinos,orfos,tristeiros
e con furados do peto...
...
TERRA CHÁ (1954)
MANUEL MARÍA
17.3.21
#8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
OLA RAPAZADA :)
GALDIÑO está supercontento ! A exposición realizada o #8M MULLERES ABRINDO "CAMIÑO" tivo un éxito rotundo.
Sabe que o traballo de pescuda da información foi frutuoso, xa que, grazas a vós, ás vosas aportacións e traballos, puidemos saber que é unha PERCEBEIRA, unha CAPITÁ de pesca e unha ENXEÑEIRA NAVAL. Todas estas mulleres son da nosa zona, concretamente de Viveiro e Xove.
O alumando de 4º, 5º e 6º preparou unha entrevista a cada unha e o resto dos cursos fixeron a parte da investigación da propia profesión.
Este foi o reparto :
- ENTREVISTA a ANA MEITÍN,PERCEBEIRA, feita polo alumnado de 4º de E.P. O alumnado de 3 aniños fixo a parte plástica, os percebes e traballaron a súa fotografía. O alumnado de 1º investigaron sobre a súa profesión, aparellos, etc.
- ENTREVISTA a LUCÍA FERNÁNDEZ CAO, ENXEÑEIRA NAVAL, feita polo alumnado de 5º de E.P . O alumnado de 5 anos fixo a parte plástica e investigaron sobre a súa profesión, centrados sobre todo nas pezas que fai Lucía, que son engranaxes e hélices. O alumnado de 3º E.P realizaron uns preciosos bosquexos de barcos feitos a carboncillo.
- ENTREVISTA a ARANTXA TORIZA, CAPITÁ de pesca. Foi o curso de 6ºE.P quen lle realizou a entrevista, e o alumnado de 2ºE.P investigou sobre a súa profesión. Os máis pequenos, o alumando de 4 anos, fixo un TEMÓN e traballou a súa fotografía.
Tivemos a sorte de que viñeran ao centro e coñecelas en persoa.
o EQUIPO DE BIBLIOTECA fixo un genially para poder pescudar sobre estas mulleres e outras que nos abriron camiño a TODAS NÓS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS O VIDEO para que toda a comunidade educativa poidades desfrutar desta exposición. Canto nos tarda que podades vir en persoa ao centro.
5.3.21
OBRADOIRO DE RADIO CON "PONTE NAS ONDAS"
Ola rapazada :)
Hoxe foi un día xeniaaaal ! tivemos a sorte de facer un OBRADOIRO DE RADIO cuns profes marabillosos de PONTE NAS ONDAS.
Nunha soa sesión traballamos os seguintes contidos:
- ORALIDADE : dicción e proxección da voz, a locución e interpretación coa voz.
- EDICIÓN DE SON : utilizando o programa de distribución libre Audacity ensináronos a gravación e edición do son, e a preparación e creación de podcasts, e o aloxamento en plataformas dixitais.
- RADIO EN DIRECTO : Montaxe dunha emisora, estrutura dunha emisión: sintonías, cortes de voz, cortes de música, diferenza entre locución e control técnico, elaboración dun programa, deseño e tipoloxía de programas, como elaborar un guión e unha escaleta, temas a tratar, música para incluír nos programas.
MOITAS GRAZAS A DAMIÁN E A XERARDO, DE SEGURO QUE REPETIREMOS ESTA EXPERIENCIA.
Sabemos que hoxe non foi o DÍA INTERNACIONAL DA RADIO ( 13 DE FEBREIRO) PERO PARA NÓS SÍ QUE FOI...
O NOSO PRIMEIRO PROGRAMA :)
29.1.21
COMO CHO CONTO POLA PAZ!!
Bo día rapazada!!
Comezamos este novo ano celebrando o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.Xaaaaa, xa sei que é mañá 30 de xaneiro, pero como mañá é sábado e hai que descansar, hoxe celebrámolo no cole. E que mellor maneira de facelo que cun programa especial do COMO CHO CONTO!!
Ah, que non coñecedes o noso programa??
Pois escoitade, escoitade... Que de seguro que vos recorda a algún programa que hai na televisión galega. Xa veredes que palabras tan bonitiñas temos na nosa lingua!!


