O 5 de xuño celébrase o día Mundial do Medio Ambiente.
Este ano non estIvemos no cole pero iso non nos impide conmemoralo convosco. Cada día, dunha maneira ou doutra, achegámosvos a nosa preocupación polo coidado do Medio ambiente.
Ben dende o noso reto de residuos cero, ben dende o coidado do noso patio: hortas, xardíns, charca, árbores ...
Nestas últimas imos incidir. Como xa sabedes, este curso iniciamos a clasificación das árbores do cole, o que nos acercou máis a elas: aloumiñámolas, retratámolas, descubrímolas, respectamos os seus tempos e aprendemos delas.
Hoxe, para festexar este día queremos mostrarvos o froito do voso traballo. Esperamos que vos faga tan felices como nos fixo a nós.
Esta é a vosa GUÍA. Feliz día do Medio Ambiente e lembrade: “a terra que pisamos é un empréstito que nos fan as xeracións futuras, coidémola”.
(Texto: Inés Castro,coordinadora de Voz Natura )
Ningún comentario:
Publicar un comentario