Esta semana seguimos cos recreos científicos, e esta vez, os menos e nenas de 5º prepararon e explicaron experimentos relacionados coas propiedades do aire. Aquí tedes ao primero dos grupos.
Co libro "A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES" da editorial Kalandra rematamos estas sesións de contacontos contra a violencia de xénero,libros que nos fixeron reflexionar sobre a labor da muller e incluso de animais, coma este libro, onde os monos ían de viaxe e pasábano xenial mentras as monas quedaban na selva recollendo comida para os seus fillos.
O domingo 3 DE DECEMBRO celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE,
Dende o CEIP DE CERVO, chegounos unha proposta moi apetecible para traballar de forma conxunta e coma sempre en equipo. Tratábase de facer,en colaboración con 20 centros máis de Galicia,as ilustracións dun libro que se titula:
" ESTÁ BEN SER DIFERENTE",do autor Todd Parr.
GALDIÑO e o alumnado de 5º curso, decidiu participar sen pensalo.. as ilustracións que nos tocaron foron:
"ESTÁ BEN TER AMIGOS DIFERENTES"
"ESTÁ BEN TER VARIAS MAMÁS, ESTÁ BEN TER VARIOS PAPÁS"
E cómo se traballou? pois na biblioteca había un libro perfecto para este tema,un libro que se titula "EN FAMILIA",cuxa autora é Alexandra Maxeiner,da editorial Hércules. Neste libro cóntanos as diferentes clases de familia que existen hoxe en día...observando..encontramos algo parecido á ilustración, onde nos explicaba que este tipo de familias lle chamaban "familias do arco da vella".
Os nenos tiveron unhas ideas xeniais!!!!! XA VEREDES O RESULTADO!!!
AGORA DÉIXOVOS ALGUNHA FOTO PARA QUE VEXADES O PROCESO, SON UNS AUTÉNTICOS ACTORES E ACTRICES!!! DE AQUÍ AOS ÓSCAR!!
E AQUÍ ESTÁ O RESULTADO FINAL,A REALIZACIÓN DE DÚAS CURTAS QUE VISIONAREMOS O VINDEIRO LUNS NO CENTRO.
Esta semana, os nenos e nenas do cole estamos aprendendo moito sobre ciencia. Informámonos,investigamos e preparamos experimentos para compartílos co resto dos compañeiros e compañeiras que veñen a vernos durante os recreos.
Neste caso tocounos expoñer dous dos experimentos realizados na aula!
Fai unhas semanas tivemos a visita da Policía Nacinal para tratar o tema "Delitos de odio". Esta é unha actividade que soemos facer dentro do Plan Director, orientada aos grupos de 5º e 6º. Durante a charla, explicouse que é iso dos "delitos de odio", mostráronse vídeos e déronse recomendacións e posibles actuacións ante tal delito.
Nada menos que os mares e océanos necesitaban da nosa axuda para desfacer aquelo que non fomos capaces de ver. Quéixanse, e con motivo, do pouco conscientes e respectuosos que somos con eles, co medioambente.
Non somos conscientes do problema, cremos que esa masa case infinita é capaz de soportalo todo, de agochar, de tragar todo o lixo que nel botamos. Que o que facemos non afecta a outros...
Maruxa foi o conto que deu paso ao segundo día de “Contos contra a violencia” ! Neste caso, un grupo de nais deleitaron ao alumnado con esta divertida representación!
Este ano, para conmemorar o 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, realizamos a actividade “Contos contra a violencia”. Durante esta semana vamos poder disfrutar dun contacontos diario nos que os participantes son pais e nais do noso alumnado.
Os contos representados tratan sobre temas como a igualdade, tolerancia, estereotipos, traballo en equipo...
Hoxe abriron o telón tres nais co conto “Max y los superhéroes”! Moitas grazas pola colaboración!