O pasado día 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares.
No noso colexio temos unha biblioteca e nela atópase un bibliotecario un pouco especial. Aos nenos e nenas de 4 anos chegoulles unha carta na que os mandaba seguir unhas cenorias que estaban tiradas no chan e así descubrir quen era ese bibliotecario .
Xa sabemos que non foi sen tempo, pero por fin a temos lista para que a vexades!
Referímonos á nosa actuación da pasada celebración das Letras Galegas en honra a Manuel María.
Nesta actuación quixemos dar a coñecer o máis significativo da súa vida e sobre todo da súa obra a xeito de historia. Unha historia na que un neno, Manuel María, soña... e os seus soños están engailados ata que el mesmo os libera.
Parte das narracións están recollidas dos textos orixinais do autor, e as cancións son versións cantadas dos seus poemas.
Esperamos que vos guste!
Unha das novas que saía en prensa e en televisión este fin de semana foi que o presidente da Real Academia Galega RAG ,Xesús Alonso Montero ,anunciou que o homenaxeado das Letras Galegas 2016 será o poeta lucense da Terra Chá...MANUEL MARÍA. Para nós...unha alegría! Pois...gústanos a súa poesía!
Ademáis, a Real Academia de Galdo considera esta figura idonea para traballar no eido escolar polo seu grande valor didáctico . Ideal para traballar coa xente menuda!
Temos moitos recursos e o respaldo da Fundación que leva o seu nome
Un clásico da nosa literatura infantil... OS SOÑOS NA GAIOLA. (1ª edición no 1968) Existe o libro disco, proxecto de Suso Vaamonde 2006 a partir dos poemas.
Poemas que falan....do noso e da nosa!
As nosas disculpas por ir con tanto retraso nas publicacións deste e doutros blogs do cole... Non se pode estar na misa e máis repicando ao mesmo tempo!...
Este terceiro trimestre...foi un pouco atropelado...cheo de moitas actividades variadas e moitos Proxectos ao mesmo tempo...Moitos frontes aos que atender... O que moito abarca....
Tempo e tranquilidade sería o necesario para poñer en orde e ir publicando as interesantes actividades froito de moito traballo en conxunto entre alumnado e profesorado.
Pois ben, como Nunca choveu que non escampara... e agora só chove miudiño... como miudiño chove...xa están algunhas entradas no borrador do blog faltándolles un pouquichiño pouco para publicárense.
As ACTIVIDADES DA MICRORREDE DE BIBLIOTECAS da Mariña na semana de Exposición conxunta do Refraneiro de Cervo a Viveiro...será a seguinte entrada. O prometido é deuda!
Moitísimas enerxías invertidas desde cada un dos centros participantes da Microrrede para obter un magnífico resultado rico e variado: monólogos, teatro, teatro lido para radio, Monicreques, coro, recitado, rap, poesía, Rosalía, contos, libros...
Na próxima entrada e en breve contamos como se foron sucedendo as actividades...
Tres alumnas de 4º de Primaria do noso colexio resultaron premiadas no Concurso Letras Galegas, iniciativa da Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro.
Sara Díaz, Diana Fernández
e Ángela López
"Da Ciencia á ficción,: o home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc..." ese era o tema que narraron e ilustraron esta xove rapacería. No seu maxín misturaron planetas existentes e inventados, historias de aventuras e tamén de amizade, viaxes ao descoñecido, novas e futuras conquistas e convivencias...
La Voz de Galicia 2/6/2015
Este luns, 1 de xuño de 2015, tivo lugar na Biblioteca Municipal do Concello de Viveiro a entrega de diplomas e premios. O acto estivo presidido pola nosa alcaldesa María Loureiro. Asistiron responsables de Bibliotecas Escolares dos centros da zona, familias e os e as protagonistas das narraccións e debuxos premiados.
Noraboa a todos e a todas! Se non é doado escribir sobre a realidade, menos doado resulta representar o que non o é, a ficción, o futuro, galaxias imaxinarias,...historias de outros planetas!
Os e as xoves promesas da narración e debuxo resultan caras coñecidas...O colexio de Covas tamén conta con varios premios entre esta ducia de afortunados que soupo conquistarnos coas súas historias!
Entrevistaremos a Sara, Ángela e Diana para que nos informen máis polo miúdo das súas historias contadas en texto e en imaxes. Así, iremos completando esta entrada!
Ola a tod@s!!! por fin o noso corredor está cheo dos traballos do noso alumado,pero QUE PRECIOSIDADES!!!
Como dixemos na entrada anterior, este ano no cole de Galdo decidimos traballar dende infantil ata 6º de primaria o libro de Manuel María, "OS SOÑOS NA GAIOLA"
Xa que o produto final de todo este traballo será facer uns lilbros por ciclo, este ano ían cun formato determinado para cada curso, xa veremos o resultado final. O equipo de Biblioteca decidíu repartir o traballo da seguinte forma:
Os nenos e nenas de 3,4 e 5 anos decidiron traballar os poemas relacionados co MUNDO: O SOL,A LÚA,O ARCO DA VELLA,O VENTO,O RÍO, O MAR,A ESTRELA SEN NOME.....
No primeiro ciclo, os cursos de 2º e 3º traballaron AS COUSAS.....AS CAMPÁS,O MEU BARCO,O MUIÑO,O OURIZO,A FOUCE,O FOGUETE,O ARADO,O CARRO,O BOLO...
No segundo ciclo,3º e 4º elixiron GALIZA...coa súa MUIÑEIRA e os séus animais..O SEÑOR GATO,O LOBO,O AÑO,A BOLBORETA,A PITA CHOCA,A VACA,O MEU BURRIÑO,O GALO,O LOBO..
E no tercer ciclo, 5º e 6º quixeron coñecer os PAXAROS....O CUCO,O PARDAL....e todas aquelas cousas que se refiren ao mundo dos HOMES, NENOS E NENAS....así que viñeron poemas ilustrados do LABREGO,A FESTA DO PATRÓN,XOGOS,O LUME NOVO, A BONECA ( feita cunha caroza de verdade...que prediosidade..) A RODA RODA,.....
QUE VOS PODO CONTAR!!!!
POIS PARA QUE VEXADES A MARABILLA DE TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS....AQUÍ TEDES UN VIDEO RESUME DA NOSA EXPOSICIÓN., PERO NON DEIXEDES DE VIR A VELOS EN PERSOA...:)
Galdiño quixo axudarnos ,nesta guía-tríptico , a manexarnos na Biblioteca, como usuarios e usuarias.
Así podemos consultar o máis importante para facer un bo uso da nosa Biblioteca Escolar.
A clasificación dos libros segundo a CDU e o código de cor da nosa margarida, o misterio do Tejuelo, a distribución e deseño de espazos , Normas de uso, horario e sistema de préstamos!
Se non atopas a túa guía, na biblioteca atoparás outra, pregunta e consulta. Con un bo uso da Nosa Biblioteca aforramos tempo e esforzos.
Que buscas? Onde poderás atopar iso que buscas? Cando e como podes xestionar a consulta ou préstamo? Todas as respostas condensadas e resumidas nunha folla. Moi útil tela sempre á man, non si?
Consulta o Catálogo do Meiga ou o noso blog cando o precises e tamén cando queiras, ben nos enlaces e direccións ou co lector de códigos QR. É preciso estar informado ou informada en todo momento.
Non te perdas, as guías son para ser usadas!
Ainda así...ante calquera dúbida... pregunta! O Equipo de Biblioteca, sempre dispoñible!
Hoxe temos unha cita ás 18:00h na Sala de Usos Múltiples do Concello, na Plaza Maior.
Inagúrase a Exposición conxunta de traballos das Bibliotecas Escolares da Microrrede da Mariña "O Refraneiro de Cervo a Viveiro".
Cartel feito por María Pernas para o evento.
Unha Semana importante onde se realizarán actividades dinamizadoras de Fomento da Lectura e das funcións das Bibliotecas Escolares de Galicia, neste caso concretada na zona da Mariña nun gran esforzo de coordinación entre Equipos de Biblioteca dos centros participantes.
Hoxe da comezo o Programa de Actividades
18:00h
Logo dun Acto de Inaguración da Exposición e a un elaborado discurso escrito por Mari Luz de Xove, a EEI San Roque, de Viveiro fará un teatro de títeres para representar un dos contos máis coñecido e dos favoritos da poboación Infantil: Cocorico!
A continuación o noso cole de Galdo desenvolverá unha actividade integradora que trata de fomentar a lectura e xuntar xeracións: Hai libros para todos!
Non sabemos como nos irá neste comezo, baixas de última hora, nervios, sen tempo a ensaiar...
Seguro que é un exitazo! Prometemos que , en canto podamos, contaremos como foi!
Non se pode estar ao mesmo tempo na misa e máis repenicando!-di o refraneiro. Pero de seguro que haberá fotos e moito que contar...
Vide e disfrutade, se podedes! En vivo e en directo...actuacións, moito que ver e moito que ler!
Cervantes e Shakespeare, protagonistas do Día do Libro, o 23 de Abril.
Mes de abril é mes do LIBRO!
En Galdo queremos celebrar o día do libro lembrando unha gran obra española e literaria, de Cervantes: O Quixote!
Un libro e moitas versións do mesmo conto! Para grandes e para pequenos. Que todo o mundo mundial poda escoitar e ler as aventuras e desventuras dun cabaleiro da Mancha, loitando con muiños e con muiñeiras!un heroe digno da súa Dulcinea!
.Libros, libros, libros, liiiibrooos, máis libros por favor, que nesta vida o libro máis que libro, LIBRO é! Escoita, mira, le e disfruta!
"Ler é o camiño para coñecer o mundo. Nos contos está toda a sabedoría do mundo", palabras de Xabier P. Docampo, para o Telexornal. Ler como alimento diario para nutrirse de Cultura, de Saber... É necesario, día a día!
Feiras do Libro. Comezou Pontevedra e agora en Ferrol. Casetas repletas de libros. Con desconto!É para visitalas e mercar un libro, non si? Estamos coa celebración do LIBRO!O agasallo perfecto.
Coñece as novidades, libro CD, libros informativos, álbum ilustrado,...
Para ollar e para mercar! Familias, é necesario arrolar aos novos membros da familia desde meniños. Non hai berce coma o colo, Gaturux@!