Dende os Equipos de Biblioteca e de Dinamización Lingüística do noso centro, propúxose un concurso de cartel anunciador das Letras Galegas 2013. Fixéronse unhas bases escritas a seguir para realizar un bosquexo e un bo cartel. O concurso tivo moito éxito no alumnado de 4º curso de EP.
Xa temos cartel gañador. Noraboa, Cristina González, de 4º curso.
Houbo varios carteis que nos gustaron moito posto que se axustaron ben ás bases escritas e foron moi claros na súa mensaxe.
A forma de representar a ROBERTO VIDAL BOLAÑO no cartel das Letras Galegas 2013 coincide en lembralo no centro do escenario teatral, co seu sombreiro e a súa nariz de pallaso.
Grazas a todos e todas polos vosos carteis!
Haberá máis concursos e máis bases escritas coas que iremos aprendendo a mellorar os nosos traballos, a facer planificación, bosquexos e a condensar significados en linguaxe visual misturando texto e imaxe. Esperamos que vos animedes a participar en novos concursos que se fagan.
5.5.13
24.4.13
QUEREMOS DAR AS GRAZAS...
"Queremos agradecervos a todos os pais e nais, titores e titoras, que con esta actividade, ao igual que con moitas outras en múltiples ocasións, participastes tan activamente e con tanto interese, demostrando orixinalidade e creatividade, axudando a que a poesía neste caso, e en certa maneira tamén a escola fora máis aló das paredes do propio colexio, tanto, que chegou ás vosas casas, e converteuse nun momento máxico que poidestes compartir grandes e pequenos voltando esta primavera a nós en forma de andoriña.
Dende aquí, un GRAZAS moi merecido."
Así inaugurábamos xa hai case un mes, a exposición que se pode visitar na entrada do noso cole con todos os traballos que fixeron os nenos e nenas coa vosa axuda, a dos adultos.
Xa casi a rematar a exposición no cole, reiteramos as grazas pola vosa colaboración para esta actividade como en moitas outras nas que contamos con vós, e dicirvos que se fará unha exposición conxunta con outros centros nun local cedido polo Concello de Viveiro e posteriormente no de Cervo que poderedes visitar no vindeiro mes.
Gustaríanos tamén agradecer aos centros incluídos no PLAMBE ( Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares), que nos ofreceran a oportunidade de formar parte desta actividade conxunta.
23 de abril: Que é para ti un libro ?
Na nosa navegación de hoxe e na páxina dunha publicación portuguesa ( "Jornalismo antenado" ), atopamos este cartel cun texto do Padre António Vieira, escritor portugués que viveu no século XVII.
" O libro é un mudo que fala, un xordo que responde, un cego que guía, un morto que vive"
E para tí, que é un libro?, pregúntolle aos visitantes da nosa Biblioteca:
"UN LIBRO É DIVERSIÓN" ( MATEO, 4º )
"UN LIBRO É UNHA HISTORIA QUE PODE SER ALEGRE OU TRISTE" ( PATRICIA, 4º )
"UN LIBRO É ALEGRÍA" ( CLARA, 4º )
"UN LIBRO É COMO UN BO AMIGO" ( LUCA, 6º )
"UN LIBRO SON MIL PALABRAS ORDENADAS" ( DAVID FERNÁNDEZ, 6º )
"UN LIBRO É COMO UNHA VIDA" ( ALEX, 6º )
"UN LIBRO É EXPRESIÓN" ( DIEGO, 6º )
"UN LIBRO É COMPATIBLE CONTIGO" ( ANDREA, 6º )
"UN LIBRO NUNCA TE ABANDONARÁ" (ARIADNA, 6º )
"UN LIBRO É ACCIÓN..." ( XOEL, 4º )
"UN LIBRO SEMPRE TE QUERE DOCEMENTE" ( NOA, 6º )
"UN LIBRO É UNHA HISTORIA SIN FIN QUE NUNCA NOS ABANDONARÁ" ( NURIA,4º )
"UN LIBRO É ALGO QUE LEO E ENTÓN MORRE A IGNORANCIA" ( AMANDA, 6º )
"UN LIBRO É RELAXACIÓN E MOITOS SOÑOS" ( ALEJANDRA, 4º )
"UN LIBRO É UN SOÑO ESCRITO" ( SARA BAZ, 4º )
"UN LIBRO É FANTASÍA E DIVERSIÓN" (CRISTINA, 4º )
"UN LIBRO É INFORMACIÓN" ( EDGAR, 4º )
20.4.13
Viveiro tiña unha muralla
Viveiro tiña seis portas na súa antiga muralla. Foi pasando o tempo e agora só quedan tres. A máis grande é a de Carlos V, ou Castelo da Ponte.Existían desde o século XIII. As tres portas que aínda se conservan son: a do Valado, a porta da Vila e a do Castelo da Ponte.
Os nenos e as nenas de 3º estamos a construir unha maqueta de Viveiro. Primeiro consultamos un libro, despois fixemos un plano co trazado das rúas e con terracota moldeamos a muralla coas seis portas.
Tamén, o alumnado de 4º está co mesmo traballo. E aí os tendes mans á obra!.
Fotografías de SAÚL e IZAN
O que vemos desde a aula de 3º
Xa chegou a primavera. Xa estamos en abril. Todo está de cor verde. Desde a nosa aula vemos os montes alá lonxe. Tamén hai unhas casas e máis preto o patio dos nenos e nenas de Infantil que ten un bambán, un escorregadoiro...
AS NENAS E OS NENOS DE 3º
19.4.13
O carballo
No cole había un carballo pequeno , sen follas.
Neste comezo da primavera medrou moitísimo
e as follas puxéronselle verdes coma a herba.
Paula, Azucena, Yraya,
Foto: Lucas e Mario
Neste comezo da primavera medrou moitísimo
e as follas puxéronselle verdes coma a herba.
Paula, Azucena, Yraya,
Foto: Lucas e Mario
16.4.13
Anduriña que pasache...
"O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond'está."
ROSALÍA DE CASTRO
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond'está."
ROSALÍA DE CASTRO
...e un cento de anduriñas entraron no colexio.
Entraron e pousaron na parede azul. E con elas tamén un cento de poemas. Agardan para voar ata outro lugar?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








