4.12.21

3 de decembro, Día Internacional dos dereitos das persoas con discapacidade

 Para o 3 de decembro, quixemos poñer o foco nas capacidades diferentes e non no prefixo "Dis".

Realizamos pequenos retratos distintos de cores que forman un precioso bloque conxunto diverso. Xuntando capacidades variadas baixo o mesmo amplo paraugas.
Como se se tratara dunha orquestra que toca coloridas cancións ainda que chova...
 
En Galdo ninguén desafina e ninguén queda fóra do grande paraugas que nos ampara a todas e a todos!

Somos diferentes,temos capacidades e discapacidades diferentes, que imos descubrindo pouco a pouco na nosa convivencia.
 
Para facer grandes cousas e obter uns resultados de calidade, é preciso poñer o foco nas moi distintas capacidades e virtudes individuais. Xuntalas todas nun obxectivo común onde todas e todos estemos representados e nos sintamos parte do mosaico conxunto e do conxunto do mosaico en xeral.
 
Baixo o mesmo paraugas, ninguén se queda fóra da protección!


                 

Ningún comentario:

Publicar un comentario