Hoxe o alumnado de Educación Infantil visitou un pobo moi máxico, controlado por formigas. Ao chegar ao pobo, o primeiro que atopamos foi un radar que nos decía que tiñamos que circular a 30.
Pero...sabedes de que estaba feito este radar? De material de refugallo. Todos e todas visitamos o pobo dando un paseo polos verdes campos e frondosos bosques. Ademais, ensinaronnos diferentes animais que viven aquí como formigas, xirafa, serpe...Tamén vimos un autobús, un formigueiro e moitas cousas máis.
Despois de visitar este pobo tan fantástico, aproveitamos a comer neste lugar e puidemos xogar un pouquiño.
Desfrutamos moitísimo desta visita.
Moitas grazas San Clodio :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario