Ao longo desta semana, como cada curso por estas datas, preparamos varias actividades para celebrar a Semana da Árbore e a Auga.
Entre elas, a lectura dos libros enviados pola Deputación e actividades sobre os mesmos. Tamén enviaron un salgueiro que prantamos xunto con 3 árbores máis nas zonas de Infantil e Primaria do noso patio. Durante a prantación, os nenos e nenas de 5º e 6º leron varios poemas en Galego e Inglés.
Agora, xa só queda poñerlles nome, o que faremos á volta das vacacións. Ah, e por suposto, coidalas moito :)
Esta semana ímola dedicar á nosa PREZADA ROSALÍA, cada día, na HORA DE LER, teremos diversas actividades de dinamización á lectura,todas elas relacionadas coa vida e obra de dita escritora.
O luns, foi o turno de 5º e 6º curso, fixeron áESCENIFICACIÓN DA "CRONOLOXÍA ROSALIANA" (contar de forma amena a súa vida e obras) e unha PERFORMANCE do poema "NEGRA SOMBRA" coa canción de Luz Casal e Carlos Núñez. Para isto documentámonos co libro de "MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA,ROSALÍA DE CASTRO"da editorial URCO.
Este é o video,espero que vos guste.
O martes,foi o turno de 3º e 4º curso,esta vez decidiron utilizar a música dunha maneira moi orixinal. O curso de 3º,traballou co libro-disco "UXÍA,ROSALÍA PEQUENIÑA",da editorial Galaxia,e cantaron "HAS DE CANTAR". O curso de 4º, decidiron rapear; buscando información sobre Rosalía atoparon as WIKIROSALÍAS, unhas nenas que rapean poemas desta autora; elixiron "ALBORADA" porque este poema representa a chegada da primavera que o día 21 de marzo dará comezo coincidindo co Día Internacional da Poesía.
MIRADE QUE BEN O FIXERON!
O xoves, foi o turno de 1º e 4º de infantil; tamén traballaron co libro-disco de "UXÍA, ROSALÍA PEQUENIÑA"; 1º CURSO,recita e canta "ROSALÍA PEQUENIÑA",e as nenas e nenos de 4º de infantil, recitaron unha estrofa do poema "ALBORADA".
E o venres foi o turno do alumnado de Infantil e 1º curso, que fixeron diferentes recitados:
As nenas e nenos de 6º de infantil,traballaron co libro dos BOLECHAS, AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS, ROSALÍA, da editorial Bahía, recitando "ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES".
As nenas e nenos de 5º de infantil, traballaron co libro de "ROSALÍA PEQUENIÑA" e fixeron "MAIO LONGO",pero unha versión coa música de Carlos Núñez".
2º curso "XAN", unha poesía que nos fai reflexionar neste día da MULLER TRABALLADORA, un Xan que facía tódalas cousas dentro e fóra da casa,vamos ,como di Rosalía, un Xan moi compreto.
Alá polo mes de novembro, para celebrar o 25N, Día contra a Violencia de Xénero, comezamos a coñecer a Sofía Espiñeira e o seu traballo discográfico "Alá onde agroman as herbas". Gustounos especialmente a súa canción "NON TEÑO MEDO" coa que fixemos un vídeo no que participou toda a comunidade educativa.
Esta canción converteuse nun himno para o noso colexio e todos e todas disfrutamos diariamente ao escoitala. Por iso os nenos e nenas de Galdo non o pensaron dúas veces e pedíronlle a Sofía que nos viñera a facer unha visita.
"SOFÍA VÉN UN DÍA, SOFÍA VÉN UN DÍA..."
E CONSEGUÍMOLO... Sofía visitounos coincidindo coa celebración do Día da Paz. Preparámoslle un escenario chulísimo, cheo de globos con mensaxes de paz. E é que no cole de Galdo NON TEMOS MEDO... a ser felices, a loitar polo que queremos, a compartir, a ser nós mesmos...
Sofía estivo unha tarde enteira con nós e pasámolo xenial!!! Fixémoslle unha entrevista que podedes escoitar en RADIOGALDO (preme na imaxe).
E despois escoitamos o seu concerto en vivo e en directo. Queredes escoitalo??