Pois sí, no cole plantamos cinco árbores novas, cinco novas vidas!
CARABULLO, LEÓN , MARTIÑO, CEVIÑO, LANDRO....
Desta múltiple plantación damos conta no Galdonatura! O blogue creado para describir o Proxecto Voz Natura adicado a Galdo, á posta en marcha dun horto no novo invernadoiro.
Visita o blog para enterarte de todas as novas de Galdonatura , do Invernadoiro e do Horto ecolóxico!
O Día da árbore é dabondo importante.... veu a dicírnolo o propio ANXO MOURE!
A cita foi despois da ponte, o 23 de marzo de 2015 disfrutamos dunha mañá axitada de contacontos e árbores! Árbores autóctonas, as nosas árbores!
Para completar a celebración do Día da Árbore, Anxo Moure chegou nunha espectacular Ciclo Biblioteca, sobre rodas! Libros sobre árbores e plantas!
Enlace a contos solidarios. Información sobre as ciclo bibliotecas.
No espazo de Infantíl reuníronse non só o grupo de infantil senón tamén 1º,2º e 3º curso de Primaria.
Lembrando o libro O carballo con Botas, do propio Anxo Moure , con ilustracións de Cristina Ouro. Editado por Gotelo Blanco.
Tamén ao Troncomóbil de cortiza... co que falou cunha axente forestal e ata se atreveu a facer un selfi con todos nós!
Logo falou do Mounstro do Lume! Todos xuntos berrábamos cousas como: -Non prendas lume!
Poemas con piruleta! As árbores alimentan moito máis que as piruletas!
Houbo momento para tocar a gaita con pezas de madeira de Teixo! Fermoso son que sale dela...Alalás e AiLalelos!
Que é o Teixo? Taxus baccata . No seguinte enlace, á páxina www.rios-galegos.com podemos consultar non só a Ficha do Teixo, senón que encontramos moita información sobre as árbores, as que nos rodean todos os días. Nome común, nome científico, características, fotos e máis.
Enlace a Ríos Galegos. Ficha do Teixo.
Pero...que é iso que lle colga do gorro a Moure? Son...follas de Carballo!
Un carballo humano, ademáis de ser vivo,...personificado.
Conversións de vidas. Fusión de persoas e árbores. Fixémolo. Vémolo!
Primeiro convertiuse a Lois,...Arriba as pequenas pólas brazos...!
Iso debe ser contaxioso, e todos quixemos ser árbores por un momento, berrar _ Non máis lume! Somos árbores, somos vidas!
Lois abraza a árbore, neste caso ao Carballo Bota!
Arrolos de pequenas arboriñas...que queren medrar...
Bota Carballo, unha cortiza para comunicarse cos familiares e amigos e unha gaita que dé conta dos nosos Alalás!
Juan monta na Ciclo Biblioteca para que Anxo Moure non poda marchar aínda!...
Pero Anxo vaise, ten que seguir camiño comunicando a súa mensaxe sobre Árbores e vida,árbores de Galicia!
Deixou libros e mensaxes da importancia das árbores non só nos libros senón tamén nas nosas vidas!
Grazas Anxo Moure! E Grazas ao Concello por dar esta fermosa oportunidade de disfrute e aprendizaxe!
Sabemos que moitos dos nosos nenos e nenas, á tarde foron a completar a Actividade de Contacontos á Biblioteca Municipal de Viveiro. A mensaxe de Moure entrou nun aire dende as movidas pólas até as raíces que nos suxeitan á terra!
Ningún comentario:
Publicar un comentario