As actividades temperás de lectura no fogar melloran a formación da competencia lectora dos nenos e nenas. Isto repercute nun mellor rendimento académico e desenvolvemento da linguaxe.
Leer cos pequenos e pequenas desde Infantil axuda a adquirir o hábito, ademáis de sevir de estimulación da linguaxe. O ambiente familiar é determinante nas idades de Infantil e no 1º ciclo de Primaria, fundamentalmente.
Coa escola non é suficiente. O hábito da lectura é un esforzo de todos, pero o grupo de referencia é a propia familia. Dentro da propia familia é como se forxarán os hábitos.
É importante transmitir aos pequenos e pequenas o gusto pola lectura.
Pero...como facelo? Como pode axudar a familia na lectura?
Leer.es é un espazo adicado ás familias con consellos para fomentar a lectura no fogar. Posto que as actividades de lectura que fagamos no ámbito familiar doméstico teñen un efecto permanente.
Ler na casa é fundamental!
É importante que os pais apoien e motiven aos fillos e fillas como un xeito de influencia positiva no seu rendemento educativo.
Ler tamén antes da Primaria.
É necesario invertir tempo para adquirir destrezas lectoras e de escrita, con efectos de larga duración.
Na casa, os pais poden aproveitar oportunidades distintas para fomentar a competencia lectora entre os fillos e fillas. Acompañar aos fillos neste proceso. Pautas antes, durante e despois da lectura.
ANTES DE LER
Axudarlles a reflexionar sobre o contido, a lembrar o que xa coñecen ou a identificar palabras familiares. Relacionando cousiñas, facendo evidencias.
DURANTE A LECTURA
Centrar a atención na comprensión do texto e nas imaxes que o acompañan.
DESPOIS DE LER
Conversar cos fillos e fillas sobre aquilo que leron para saber se en realidade o comprenderon ou para intentar facer un resumo.
3 ACTIVIDADES PARA QUE OS PAIS SE IMPLIQUEN:
- Ensinarlles destrezas específicas de lectura.
- Escoitalos cando len.
- Lerlles.
UN AMBIENTE FAMILIAR QUE ESTIMULA O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE
é aquel no que...
- Os pais len libros aos fillos.
- Contan historias aos pequenos e pequenas.
- Tamén cantan cancións cos seus fillos e fillas.
- Os pais xogan cos nenos e nenas ás letras do alfabeto.
- Os pais e a familia falan sobre o que están facendo os pequenos e pequenas ou sobre os textos que leron.
- A familia manexa xogos de palabras cos fillos e fillas.
- Anímase aos nenos e nenas a ler letreiros, etiquetas, cartelería...
- Acompañan á Biblioteca e librarías a escoller libros.
- Len diante deles e ás veces len para eles, compartindo lecturas.
- Animan a ler e valoran a lectura como fonte de pracer e acceso a moitísimas aprendizaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario