Para o 3 de decembro, quixemos poñer o foco nas capacidades diferentes e non no prefixo "Dis".
4.12.21
3 de decembro, Día Internacional dos dereitos das persoas con discapacidade
26.11.21
25-N Día Internacional contra a violencia de xénero
Ola familias!
Nesta entrada do blogue aunamos as actividades que se celebraron no centro co motivo da celebración do Día Internacional da NON Violencia de Xénero o pasado 25 de novembro, e o Día da discapacidade o 3 de decembro.
25 de novembro: "COMPENSATORIA. TRATANDO COS CONTOS"
8.11.21
MAGOSTO!
O venres gozamos no cole dunha xornada de Magosto.
Dado que este curso estamos a traballar sobre o PDI 25 anos apegados á terra. 25 anos apegados ao noso, decidimos rescatar tradicións arraigadas no centro para esta festa do outono, elaborando diferentes complementos para a cabeza con elementos naturais e de refugallo, e envases con cartóns de leite para manter as castañas ben quentiñas.
Aquí vai a mostra!
Foi un día de desfrute total, convivencia e diversión. Ademais de degustar as deliciosas castañas, bailamos e cantamos ao son da música tradicional galega, e xogamos a xogos populares como o peón, zancos, cordas, carreiras de sacos ou o "Comecastañas".
VIVA O MAGOSTO, AS FESTAS POPULARES E AS TRADICIÓNS!
2.11.21
CAL É A ORIXE DO SAMAÍN?
O primeiro ciclo de E. Primaria estivo investigando para saber sobre O Samaín e logo poder explicalo.
Fixéronse preguntas e procuraron as respostas. Traballaron vocabulario relacionado. Escoitaron e leron sobre os pobos celtas, os costumes en diferentes lugares, as catrinas mexicanas, as cabazas calacús... O noso Samaín...
Logo, elaboraron un resumo para explicar en frases.
Neste Podcast podemos escoitar a orixinal explicación acompañados da música de Paco Nogueiras “No Samaín”, canción incluída no libro disco Brinca vai!
30.10.21
O CEMITERIO DOS CONTOS
o alumnado de infantil encontrou na sÚa horta un cemiterio cheiño de contos...
por quE estaban alí? cal era a temática dos contos? serán todos de medo?
Na hora de ler foron rescatalos e tiveron unhas lecturas mooi tenebrosas!
RELATOS DE SAMAÍN
O alumnado de 3º e 4º de primaria, foron pequenos escritores e escritoras de "RELATOS DE MEDO".
De forma cooperativa, puxéronse mans á obra para escribir os seus propios relatos.
Desfrutade da súa creación interactuando nesta imaxe. Se premedes nas iconas levaravos aos vídeos.
NON PASEDES MOITO MEDO !!
MOITO MAXÍN, NO SAMAÍN
Emocionante xornada de Samaín no cole de Galdo , moi terroríficaaaa!!
A mañá comezou moi escura, so alumeaban as candeas das vosas cabazas decoradas, que medo daba o cole!!
Grazas familias pola vosa colaboración nesta festa, xa que tamén puidestes desfrutar nas vosas casas compartindo un tempo estupendo esculpindo e decorando as cabazas. E moitas grazas tamén á ANPA pola vosa visita😊.
Esta semana estivo cargadiña de actividades que iremos presentando en entradas posteriores. Hoxe presentamos un vídeo resumo do día.
FELIZ SAMAÍN!
25.10.21
24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares
As bibliotecas son lugares que promoven o acceso á cultura, o
coñecemento e o entretemento, e cumplen esta función poñendo o acceso a
recursos e asesoramento ao alcance de tod@s.
Cada 24 de outubro lévase a cabo un traballo de visibilización da biblioteca como espazo e como servizo, e este ano queremos dicirvos que seguimos aquí, coas mesmas gañas e forza que sempre.
Este lugar no que estades a ler estas palabras é o BLOGUE DA BIBLIO, e dende aquí poñeremos á vosa disposición recursos diversos relacionados con eses tres eixos dos que comezabamos falando: cultura, coñecemento e entretemento.
SEMPRE estaremos dispost@s a escoitar novas propostas que botedes en falta.
PRESENTACIÓN DO PROXECTO ANUAL DE CENTRO
" 25 ANOS CAMIÑANDO XUNTOS "
Para celebrar esta data tan especial
decidimos facer a presentación do noso gran Proxecto. Como cada ano imos
realizar un Proxecto no que todos/as os membros do colexio
participamos!
A encomenda chegou das mans de Galdiño. No curso 2020 este centro fixo 25 anos e nós queremos celebralo estudando a historia escolar das nosas familias.
Botádelle un ollo a este video ... coñecedes a alguén?
25.6.21
XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021. RADIOGALDO
Ola rapazada :)
Por fin temos os programas de radio do día das LETRAS GALEGAS 2021. Parabéns a tod@s polo voso traballo.
9.6.21
PDI "PORQUE UN CAMIÑO MELLOR É POSIBLE "
Ola rapazada :)
O curso remata e Galdiño peregrino quere felicitarvos polo bo traballo que fixestes. Aquí tedes o resumo de tódalas actividades que fixestes ao longo do curso.
O camiño foi longo pero mereceu a pena. Cada vez estamos máis preto de alcanzar o noso ansiado produto final, a GUÍA INFANTIL DO CAMIÑO do MAR!
Entre todos e todas axudaremos ao concello a poñer o noso gran de area para darlle un pequeno empuxón á OFICIALIZACIÓN desta ruta.














