"Hasme oír" ( cos versos de Xela Arias)
A BANDA DA LOBA
"Hasme oír" ( cos versos de Xela Arias)
A BANDA DA LOBA
Na semana do día do libro fixemos diferentes actividades de animación á lectura. Todo o alumnado de infantil e primaria foron partícipes, tanto de público respetuoso coma de intérpretes.
Mirade que artistas temos!
ALUMNADO DE 2º DE EP: "BO CAMIÑO VALENTIÑO!"
ALUMNADO DE 1º DE EP: "POLO CAMIÑO"
ALUMNADO E 5º de INFANTIL: "PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO"
ALUMNADO DE 6º DE EI recita: "POEMAS DE PIRULETA"
Ola rapazada :)
Por fin "HABEMUS" VIDEO do entroido, jaaaaa. A mestra Inés recopilou tódalas fotos dos momentos vividos antes, durante e o mesmo día do entroido, para facer este vídeo marabilloso.
Desfrutade do voso traballo, porque tédesvos que sentir mooi orgullos@s, que satisfación máis grande saber que fixestes vós O VOSO disfrace , que axudastes aos vosos compañeir@s. Moitas grazas ás familias por colaborar nisto... sempre estades dispostas a todo.
COMEZA A PEREGRINAXE...
Chove en Santiago,
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
García Lorca, Federico (1978) Seis poemas galegos (Madrid: Akal, Col. arealongiña)
Sabedes que os poemas poden ser versionados por cantautores ou grupos? Aquí tedes un exemplo, dúas versións preciosas para ESCOITAR E SENTIR !
VERSIÓN DE CARLOS DÍAZ do poema de Federico García Lorca
VERSIÓN DE LUAR NA LUBRE E ISMAEL SERRANO.
Hoxe é o día internacional dos BOSQUES e tamén o Día da POESÍA , so tedes que mirar o voso patio para comprender que estades rodeados de natureza, de toda clase de árbores.
Por que relacionamos a poesía coa chegada da primavera?
Porque simbólica e etimoloxicamente relacionamos a poesía coa creación, co rexurdimento da vida, o espertar na natureza despois dos meses fríos do inverno, tempo do amor e da fertilidade, enerxía vital.
En todas as culturas este período do ano aparece vencellado aos procesos creativos. Na primavera énchese o mundo de flores e de cancións. A primavera é o tempo dos namorados, mais tamén do libro e da lectura (23 de abril), o tempo das Letras Galegas (17 de maio).
Nas culturas clásicas e na cultura medieval de occidente na primavera celebrábanse os festivais ou certames de poesía, concentración de músicos e poetas. As grandes cortes do amor da Idade Media convocábanse preferentemente na primavera.
(A POESÍA, O PORTAL DAS PALABRAS )
Este pequeno video é para que observedes e sintades todo aquilo que vos provoca a natureza e... por que non escribilo? da igual en que formato: poesía, unha carta, unha noticia, un conto...
"HAI MOMENTOS NO CAMIÑO NOS QUE AS PALABRAS NON SON NECESARIAS" Inés Castro.
CASTIÑEIRO
Está soio o castiñeiro
no cómaro dun labradío.
¡E como o ollo senlleiro
eu coido que sinte frío!
Ten a copa moi redonda
e ten a casca enrugada.
¡Debe sentir pena fonda
lembrando a vida pasada!
Como xa ten tantos anos
os seus foron morrendo.
¡Agora arbres estranos
escóitano estar xemendo!
¡Case non hai castiñeiros!
Os que hai son de respeto:
¡vellinos,orfos,tristeiros
e con furados do peto...
...
TERRA CHÁ (1954)
MANUEL MARÍA
GALDIÑO está supercontento ! A exposición realizada o #8M MULLERES ABRINDO "CAMIÑO" tivo un éxito rotundo.
Sabe que o traballo de pescuda da información foi frutuoso, xa que, grazas a vós, ás vosas aportacións e traballos, puidemos saber que é unha PERCEBEIRA, unha CAPITÁ de pesca e unha ENXEÑEIRA NAVAL. Todas estas mulleres son da nosa zona, concretamente de Viveiro e Xove.
O alumando de 4º, 5º e 6º preparou unha entrevista a cada unha e o resto dos cursos fixeron a parte da investigación da propia profesión.
Este foi o reparto :
Tivemos a sorte de que viñeran ao centro e coñecelas en persoa.
o EQUIPO DE BIBLIOTECA fixo un genially para poder pescudar sobre estas mulleres e outras que nos abriron camiño a TODAS NÓS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS O VIDEO para que toda a comunidade educativa poidades desfrutar desta exposición. Canto nos tarda que podades vir en persoa ao centro.
Ola rapazada :)
Hoxe foi un día xeniaaaal ! tivemos a sorte de facer un OBRADOIRO DE RADIO cuns profes marabillosos de PONTE NAS ONDAS.
Nunha soa sesión traballamos os seguintes contidos:
MOITAS GRAZAS A DAMIÁN E A XERARDO, DE SEGURO QUE REPETIREMOS ESTA EXPERIENCIA.
Sabemos que hoxe non foi o DÍA INTERNACIONAL DA RADIO ( 13 DE FEBREIRO) PERO PARA NÓS SÍ QUE FOI...
O NOSO PRIMEIRO PROGRAMA :)
Bo día rapazada!!
Comezamos este novo ano celebrando o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.Xaaaaa, xa sei que é mañá 30 de xaneiro, pero como mañá é sábado e hai que descansar, hoxe celebrámolo no cole. E que mellor maneira de facelo que cun programa especial do COMO CHO CONTO!!
Ah, que non coñecedes o noso programa??
Pois escoitade, escoitade... Que de seguro que vos recorda a algún programa que hai na televisión galega. Xa veredes que palabras tan bonitiñas temos na nosa lingua!!
Xa chegou o Nadal!! Xa estamos de vacacións!!
Este comezo de curso foi un pouco difícil coas novas normas do cole, do comedor, os lavados de mans, ter a mascariña moitas horas seguidas... Pero sabedes que? Fixéstelo xenial, sodes uns campións e estou moi orgulloso de todos vós!
Durante estas merecidas vacacións, despois de tanto esforzo, vades ter moito tempo de lecer para xogar, ler, escoitar música... por iso preparei unhas recomendacións que penso que vos poden gustar. Son moi interesantes!!
Botade unha ollada!!
Galdiño anda preocupadísimo porque algo moi valioso da catedral de Santiago desapareceu (esfumouse, hahaha!).
Haberá que esforzarse para ir recorrendo o camiño e as probas para recuperar iso tan importante...
Conseguiremos a chave para abrir a Santa Porta??
MISIÓN E. INFANTIL
MISIÓN E. PRIMARIA