O día 5 de xuño, é o DÍA DO MEDIO AMBIENTE; este día debería de servirnos para reflexionar todo o que vimos falando e facendo durante estes cursos.
Recordades a carta que lle enviastes á terra? Déixovos o enlace para facer memoria... hoxe recollemos todas as vosas REFLEXIÓNS, fermosas todas elas, e cheas de sentido...pensades cousiñas que si se levaran a cabo, este mundo sería mellor :)
Este libro recolle os vosos traballos; tamén fixemos un video contando os trociños de cada traballo mandado!
Aquí tedes o resultado dunha actividade que quedou sen finalizar antes do confinamento aló polo mes de marzo. O mes de marzo é o mes da POESÍA e tiñamos pensado levar a cabo un recital poético onde participaría todo o centro. O alumando de 6º ía levar a cabo os raps cos que participaron no concurso que organiza Viaqua, "Galicia, Auga, LiteraturaeRap". Presentaron dous poemas de Manuel María, "Biografía do Miño" e "Desacordos contra os contaminadores do río Miño", no que resultaron gañadores da primeira fase do concurso. Pareceunos unha temática que se axeitaba perfectamente ao noso proxecto. Poesía rapeada no noso entorno próximo: un pracer para os sentidos.
Que sorte temos de ter estas paisaxes ao ladiño do cole e poder pasar unha mañá recitando a carón do río Landro.
Este foi o primeiro grupo, formado por: Aarón, Daniela Franco, Daniela Sánchez e Pablo " Desacordos contra os contaminadores do río Miño"
O segundo grupo estaba formado por: Daniela Iglesias, Antía e Alicia.
O vindeiro 5 e 8 de xuño é o Día do MEDIO AMBIENTE e dos OCÉANOS, repectivamente.
Antes desta situación de confinamento, tiñamos pensado facer unha actividade final do proxecto: “SOÑANDO MARES
TRANSPARENTES” no centro e convidarvos a participar do traballo feito polos
vosos fillos e fillas durante este curso. Pero non queremos quedar sen unha
actividade final de proxecto, por iso temos unha proposta.
A idea é que nos enviedes unha
mensaxena praia, co mar de fondo (
aproveitando estes días de sol). Unha mensaxe de esperanza para o noso mar… que
queredes, que podedes facer para coidalo…
Os videos serán gravados en HORIZONTAL e cunha duración de 10 segundos.
Podedes envíalos ao correobibliogaldo16@gmail.com co ASUNTO: "Mensaxe ao mar" DATA LÍMITE: Sábado 6 de xuño.
OLA PEQUES :) A mestra Inés quere mandarvos unha mensaxe dende VOZ NATURA: Todos
os anos, durante a primavera, o alumnado máis pequeno do centro pon en marcha o
seu horto e cambia o xardín da entrada. Os tulipáns que plantaron no outono
chegan ao seu fin dando paso a unha nova planta que nos acompañará ata final de
curso. Este
ano vimos truncadas estas dúas actividades. Cando marchamos para as nosas casas
os tulipáns mostraban a súa mellor cara, foi case coma se estivesen esperando á
soidade pa
ra
poder murcharse. Por esta razón aínda non fixeramos o cambio. Non iamos cambiar
algo tan fermoso.
A
pesar de que esta fermosa imaxe impresa na nosa retina nos leva acompañando
todo este tempo, non quería que vos quedarades sen poder plantar o pequeno
xardín. Por esta razón,aí vai a nosa
proposta.
Eu
plantei ESPERANZA, porque teño a esperanza de que o próximo curso poidamos
gozar coas mans na terra. E vós, que ides plantar?
Dende o equipo de BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN queremos propoñervos unha actividade para completar a das LETRAS GALEGAS; o alumnado de INFANTIL tiñades que gravar un video coa vosa palabra favorita en GALEGO, pois ben, podedes facer ese video plantando e dicindo cal é esa palabra e por que é a vosa favorita.
Unha das actividades na SEMANA DAS LETRAS era facer unha coregrafía coas protagonistas do libro escrito por CARVALHO CALERO: "As pitas baixo a choiva". Pois aquí tedes o resultado, moitas grazas pola vosa participación, da gusto ver a esas galiñas nas vosas casas!
Estade atentos porque ao final do video apaarecen unhas pitas que coñecedes..
Douvos unha pista? naceron no cole...son de Mos...aí o deixo!
Ola rapazaza :) Sei que estades moi informados sobre a vida e obra de Ricardo Carbalho Calero, apetécevos xogar aos piratas? Aquí tedes uns xogos elaborados polo profesorado do Ceip Ben-Cho-Shey, de Pereiro de Aguiar, de Ourense.
Este dos piratas foi elaborado pola mestra de educación primaria, María José Pato Fernández, e o seguinte foi coa colaboración de María Josefa del Río Mosquera, ambas mestras de Educación Primaria. Grazas ao SEMINARIO GALÁN por recopilar xogos tan chulos doutros coles.
Bo día rapazada:) Aquí vos deixo o PAPAGAIO deste mes, disfrutadeo! Ahh, botádelle un ollo ao artigo das Vacinas, moi interesante neste tempo de coronavirus!
Esta semana é a semana das LETRAS GALEGAS, e ides ter un montón de actividades, que vos parece ir coñecendo ao persoeiro homenaxeado deste ano? Sabes de quen se trata?
Siiiii, de CARVALHO CALERO, aquí vos deixo un "XOGO DE FUGA" superdivertido para ir coñecendo a súa vida, feito por dúas mestras moi molonas chamadas Alba Carril,do CPI de Vedra e Ana Santos do CEIP de Carril. A ver quen consigue os 9 díxitos para sair da casa de Carvalho Calero, jaaaa!
TEMOS NOVOS RETOS para facer na casa, agora tócalle o turno ao alumnado de 3 anos, a clase dos VERMELLOS.
Á clase dos vermellos tocoulles investigar sobre as BALEAS e os MARES onde habitan. A estes animais tamén lles está a afectar o cambio climático...É O VOSO TURNO PARA INVESTIGAR.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO PARA FACER O VOSO PROPIO MAR... Ao finalizar o VIDEO pídesevos que investiguedes... tedes a presentación abaixo.
E AGORA ESTE PEQUENO TRABALLIÑO LEMBRADE, é unha "PRESENTACIÓN INTERACTIVA". QUE SIGNIFICA ISTO? que según pasas o rato polas diferentes páxinas aparecerán etiquetas novas con información do que tedes que facer. A INVESTIGAR :) Cando teñas o treu traballo feito fai unha foto do resultado para mandarlla á mestra MÓNICA