25.9.09

VENRES: día de Biblioteca


Hoxe é venres. Estamos na sesión de tarde e toca Biblioteca.

Os primeiros en chegar son os nenos e nenas de 6º.

Martín Prado vén para devolver o libro que levou a semana pasada: "HEROES, DEUSES E EMPERADORES". "Gustoume moito o libro--di MARTÍN-- porque ten uns debuxos impresionantes". E escolle outro sobre o corpo humano: "LA MÉDULA ÓSEA". "Agardo que me guste!"

Despois chega Manuel de 3º que levou a semana pasada "AS 7 BOLAS DE CRISTAL". "Había unha momia que atocou a un señor que se chamaba Tornasol e que tiña un corazón de ouro..."

Gustoume moito e hoxe levo "O CASO TORNASOL". Xa vos contarei!"

E así, un detrás doutro, pasan pola Biblioteca do Colexio moitos nenos e nenas. Cando toque o timbre de saída levarán nas súas mochilas un novo amigo para a casa.


23.9.09

Saúdos de María, Nuria, Judith e Rebeca

Ola, somos catro alumnas de 6º curso e queremos saudar a todos e a todas. A vindeira semana pensamos escribir nesta páxina para comentar tamén as nosas lecturas.
Ola, somos Martín Prado e Adrián Ben e estamos cursando 6º curso. E gústanos moito ler.
Eu, Adrián estou a ler un libro que se titula "¿Quieres ser el novio de mi hermana?". Cando o remate xa farei algún comentario.
Eu, Martín, estou co libro "Cuatro ratones en la selva negra". Tamén como o meu compañeiro Adrián penso comentaros de que vai o libro.

18.9.09


Ola, son Manuel e curso 3º de Primaria.
Hoxe estiven na Biblioteca e levei prestado un libro.
Titúlase
"AS 7 BOLAS DE CRISTAL".
Vouno ler na casa.

Visita a Biblioteca

Hoxe

venres, día 18...

comenzamos

co préstamo

de libros

13.5.09


Queremos mandar un saúdo aos nenos e nenas do noso colexio que están estes días en Polonia.

22.4.09

Hoxe celebramos o DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos o DÍA DO LIBRO.
Os nenos e nenas de 1º e 2º fixemos un libro. Esta actividade gustounos moito e levamos o libro para as nosas casas.
O alumnado de 3º e 4º recibimos un agasallo. Trátase de Aventura na Mariña, un libro de Eduardo Baamonde con fermosas ilustracións tamén da súa atoría e onde Hipólito Frifax, a súa neta Mariña e os seus amigos Metáforo e Pipote percorren a nosa comarca.
Os maiores de 5º e 6º traballamos cun marcapáxinas e os pequenos de E. Infantil tamén celebramos este Día.
E como todos os días, ás once e vinte, a música avisounos de que era a hora de ler. E todos os nenos e nenas collimos un libro. Que ben o pasamos cos nosos amigos os libros!

Temos hora para ler!


Desde o luns pasado xa temos hora para ler.

Todos os días, ás once e vinte soa unha música en todo o colexio. Ese é o sinal para que todos empecemos a ler.

Que opinan os nenos e nenas:


"A mín gústame moito ler" ( Patricia )

"Lendo aprendo moitas cousas" ( Alex )

"Ler é divertido! " ( Ariadna )

11.3.09

Xa podes levar libros para a casa

Desde o luns día 16 de marzo xa se pode facer uso do servizo de préstamos da BIBLIOTECA ESCOLAR do noso Colexio.
Para que todos e todas podamos pasar pola BIBLIOTECA dun xeito ordenado estableceuse un horario. Cada titor informará aos seus alumnos sobre o horario no que se farán os préstamos de libros.
A BIBLIOTECA estará atendida as tardes dos luns polo profesorado encargado de xestionar os préstamos.
O alumnado do Colexio pode levar só un libro para ler na casa. O préstamo será por quince días.