30.10.21

MOITO MAXÍN, NO SAMAÍN

     Emocionante xornada de Samaín no cole de Galdo , moi terroríficaaaa!! 

    A mañá comezou moi escura, so alumeaban as candeas das vosas cabazas decoradas, que medo daba o cole!!

    Grazas familias pola vosa colaboración nesta festa, xa que tamén puidestes desfrutar nas vosas casas compartindo un tempo estupendo esculpindo e decorando as cabazas. E moitas grazas tamén á ANPA pola vosa visita😊.

 Esta semana estivo cargadiña de actividades que iremos presentando en entradas posteriores. Hoxe presentamos un vídeo resumo do día.

FELIZ SAMAÍN!

 


 

25.10.21

24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares

As bibliotecas son lugares que promoven o acceso á cultura, o coñecemento e o entretemento, e cumplen esta función poñendo o acceso a recursos e asesoramento ao alcance de tod@s.

 

 Cada 24 de outubro lévase a cabo un traballo de visibilización da biblioteca como espazo e como servizo, e este ano queremos dicirvos que seguimos aquí, coas mesmas gañas e forza que sempre. 


Este lugar no que estades a ler estas palabras é o BLOGUE DA BIBLIO, e dende aquí poñeremos á vosa disposición recursos diversos relacionados con eses tres eixos dos que comezabamos falando: cultura, coñecemento e entretemento.

SEMPRE estaremos dispost@s a escoitar novas propostas que botedes en falta. 

PRESENTACIÓN DO PROXECTO ANUAL DE CENTRO

" 25 ANOS CAMIÑANDO XUNTOS "


Para celebrar esta data tan especial decidimos facer a presentación do noso gran Proxecto. Como cada ano imos realizar un Proxecto no que todos/as  os membros do colexio participamos! 

 A encomenda chegou das mans de Galdiño. No curso 2020 este centro fixo 25 anos e nós queremos celebralo estudando a historia escolar das nosas familias.

Botádelle un ollo a este video ... coñecedes a alguén?


 

25.6.21

XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021. RADIOGALDO

 Ola rapazada :)

Por fin temos os programas de radio do día das LETRAS GALEGAS 2021. Parabéns a tod@s polo voso traballo.


9.6.21

PDI "PORQUE UN CAMIÑO MELLOR É POSIBLE "


 Ola rapazada :)

O curso remata e Galdiño peregrino quere felicitarvos polo bo traballo que fixestes. Aquí tedes o resumo de tódalas actividades que fixestes ao longo do curso.

O camiño foi longo pero mereceu a pena. Cada vez estamos máis preto de alcanzar o noso ansiado produto final, a GUÍA INFANTIL DO CAMIÑO do MAR!

Entre todos e todas axudaremos ao concello a poñer o noso gran de area para darlle un pequeno empuxón á OFICIALIZACIÓN desta ruta.


7.6.21

ENTREVISTA A MANU CARREJA E MARÍA PALMEIRO.

 Aquí tedes a entrevista que lle fixestes a Manu e María, veciños de Covas, Viveiro.

O alumnado de 6ºEP preparou unha entrevista para preguntar pola súa experiencia facendo o Camiño do Mar, concretamente estaban moi interesados na etapa que lle corresponde a este curso, xa que o día 11 de xuño sairán a facela eles/as.

O alumnado de 5ºEP quixo informarse sobre os HÁBITOS SAUDABLES, todo aquilo que ten que ver coa ALIMENTACIÓN, HIDRATACIÓN, ROUPA, CALZADO, DESCANSO...

GRAZAS MANU pola túa aportación ao programa! jaaaaaaa

MÚSICA:  "Camina a Galicia" de Xoel López

 

O ALUMNANADO DE 1º,2º,3º,4º PUIDERON ENTREVISTALOS NO PATIO

 


 

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celébrase o día Mundial do Medio Ambiente. 
 
Este ano non estIvemos no cole pero iso non nos impide conmemoralo convosco. Cada día, dunha maneira ou doutra, achegámosvos a nosa preocupación polo coidado do Medio ambiente. 
 
Ben dende o noso reto de residuos cero, ben dende o coidado do noso patio: hortas, xardíns, charca, árbores ...
 
 Nestas últimas imos incidir. Como xa sabedes, este curso iniciamos a clasificación das árbores do cole, o que nos acercou máis a elas: aloumiñámolas, retratámolas, descubrímolas, respectamos os seus tempos e aprendemos delas. 
 
 Hoxe, para festexar este día queremos mostrarvos o froito do voso traballo. Esperamos que vos faga tan felices como nos fixo a nós. 
 
Esta é a vosa GUÍA. Feliz día do Medio Ambiente e lembrade: “a terra que pisamos é un empréstito que nos fan as xeracións futuras, coidémola”. 
(Texto: Inés Castro,coordinadora de Voz Natura )
 
 

25.5.21

LETRAS GALEGAS 2021

 XELA ARIAS

Día das letras galegas 2021 adicadas a unha muller valente e independente que se foi prematuramente e que defendía que a POESÍA había que vivila e sacala ás rúas.


Despois de pescudar a fondo sobre a vida de Xela Arias, fíxose unha exposición  onde participou todo o alumnado de primaria e infantil. 

Os nenos e nenas de infantil decoraron o X de Xela, ademáis de elaborar retratos da escritora. En primaria realizáronse murais, acrósticos ademais de outros traballos.


Dentro das actividades, estaba programada que o alumnado de 3º e 4º lle fixese unha entrevista a Xiana Lastra, cantante da Banda da Loba. Dende a área de MÚSICA, a mestra Carmen preparou unha presentación para que pescudaran sobre a banda.



Foi xenial que viñera ata o cole e nos cantara en directo un trociño da canción "DARÍO A DIARIO" do album "HASME OIR"


 

 

10.5.21

XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021

 

 
 
 RECURSOS NA WEB:
 
 
 
                VIDEOS SOBRE BIOGRAFÍA E OBRA DE XELA.


 













 "Hasme oír" ( cos versos de Xela Arias)

A BANDA DA LOBA

 


 

 


 

 


 

 


 

26.4.21

DÍA DO LIBRO

Na semana do día do libro fixemos diferentes actividades de animación á lectura. Todo o alumnado de infantil e primaria foron partícipes, tanto de público respetuoso coma de intérpretes.

Mirade que artistas temos!


ALUMNADO DE 2º DE EP: "BO CAMIÑO VALENTIÑO!"

 


ALUMNADO DE 1º DE EP: "POLO CAMIÑO"

 


 ALUMNADO E 5º de INFANTIL: "PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO"

 


 ALUMNADO DE 6º DE EI recita: "POEMAS DE PIRULETA"




24.3.21

ENTROIDO 2021 : "COMEZA A PEREGRINACIÓN POLO CAMIÑO DO MAR"

 Ola rapazada :)

Por fin "HABEMUS" VIDEO do entroido, jaaaaa. A mestra Inés recopilou tódalas fotos dos momentos vividos antes, durante e o mesmo día do entroido, para facer este vídeo marabilloso.

Desfrutade do voso traballo, porque tédesvos que sentir mooi orgullos@s, que satisfación máis grande saber que  fixestes vós O VOSO disfrace , que axudastes aos vosos compañeir@s.  Moitas grazas ás familias por colaborar nisto... sempre estades dispostas a todo.

COMEZA A PEREGRINAXE...