Por fin "HABEMUS" VIDEO do entroido, jaaaaa. A mestra Inés recopilou tódalas fotos dos momentos vividos antes, durante e o mesmo día do entroido, para facer este vídeo marabilloso.
Desfrutade do voso traballo, porque tédesvos que sentir mooi orgullos@s, que satisfación máis grande saber que fixestes vós O VOSO disfrace , que axudastes aos vosos compañeir@s. Moitas grazas ás familias por colaborar nisto... sempre estades dispostas a todo.
MADRIGAL Á CIBDÁ DE SANTIAGO. FEDERICO GARCÍA LORCA
Chove en Santiago,
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
García Lorca, Federico (1978) Seis poemas galegos (Madrid: Akal, Col. arealongiña)
Sabedes que os poemas poden ser versionados por cantautores ou grupos? Aquí tedes un exemplo, dúas versións preciosas para ESCOITAR E SENTIR !
VERSIÓN DE CARLOS DÍAZdo poema de Federico García Lorca
Hoxe é o día internacional dos BOSQUES e tamén o Día da POESÍA , so tedes que mirar o voso patio para comprender que estades rodeados de natureza, de toda clase de árbores.
Por que relacionamos a poesía coa chegada da primavera?
Porque simbólica e etimoloxicamente relacionamos a
poesía coa creación, co rexurdimento da vida, o espertar na natureza
despois dos meses fríos do inverno, tempo do amor e da fertilidade,
enerxía vital.
En todas as culturas este período do ano aparece
vencellado aos procesos creativos. Na primavera énchese o mundo de
flores e de cancións. A primavera é o tempo dos namorados, mais tamén do
libro e da lectura (23 de abril), o tempo das Letras Galegas
(17 de maio).
Nas culturas clásicas e na cultura medieval de occidente
na primavera celebrábanse os festivais ou certames de poesía,
concentración de músicos e poetas. As grandes cortes do amor da Idade Media convocábanse preferentemente na primavera.
Este pequeno video é para que observedes e sintades todo aquilo que vos provoca a natureza e... por que non escribilo? da igual en que formato: poesía, unha carta, unha noticia, un conto...
"HAI MOMENTOS NO CAMIÑO NOS QUE AS PALABRAS NON SON NECESARIAS" Inés Castro.
GALDIÑO está supercontento ! A exposición realizada o #8M MULLERES ABRINDO "CAMIÑO" tivo un éxito rotundo.
Sabe que o traballo de pescuda da información foi frutuoso, xa que, grazas a vós, ás vosas aportacións e traballos, puidemos saber que é unha PERCEBEIRA, unha CAPITÁ de pesca e unha ENXEÑEIRA NAVAL. Todas estas mulleres son da nosa zona, concretamente de Viveiro e Xove.
O alumando de 4º, 5º e 6º preparou unha entrevista a cada unha e o resto dos cursos fixeron a parte da investigación da propia profesión.
Este foi o reparto :
ENTREVISTA a ANA MEITÍN,PERCEBEIRA, feita polo alumnado de 4º de E.P. O alumnado de 3 aniños fixo a parte plástica, os percebes e traballaron a súa fotografía. O alumnado de 1º investigaron sobre a súa profesión, aparellos, etc.
ENTREVISTA a LUCÍA FERNÁNDEZ CAO, ENXEÑEIRA NAVAL, feita polo alumnado de 5º de E.P . O alumnado de 5 anos fixo a parte plástica e investigaron sobre a súa profesión, centrados sobre todo nas pezas que fai Lucía, que son engranaxes e hélices. O alumnado de 3º E.P realizaron uns preciosos bosquexos de barcos feitos a carboncillo.
ENTREVISTA a ARANTXA TORIZA, CAPITÁ de pesca. Foi o curso de 6ºE.P quen lle realizou a entrevista, e o alumnado de 2ºE.P investigou sobre a súa profesión. Os máis pequenos, o alumando de 4 anos, fixo un TEMÓN e traballou a súa fotografía.
Tivemos a sorte de que viñeran ao centro e coñecelas en persoa.
o EQUIPO DE BIBLIOTECA fixo un genially para poder pescudar sobre estas mulleres e outras que nos abriron camiño a TODAS NÓS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS O VIDEO para que toda a comunidade educativa poidades desfrutar desta exposición. Canto nos tarda que podades vir en persoa ao centro.
Hoxe foi un día xeniaaaal ! tivemos a sorte de facer un OBRADOIRO DE RADIO cuns profes marabillosos de PONTE NAS ONDAS.
Nunha soa sesión traballamos os seguintes contidos:
ORALIDADE : dicción e proxección davoz, a locución e interpretación coa voz.
EDICIÓN DE SON : utilizando o programa de
distribución libre Audacity ensináronos a gravación e edición do son, e a
preparación e creación de podcasts, e o aloxamento en plataformas
dixitais.
RADIO EN DIRECTO : Montaxe dunha emisora, estrutura
dunha emisión: sintonías, cortes de voz, cortes de música, diferenza
entre locución e control técnico, elaboración dun programa, deseño e
tipoloxía de programas, como elaborar un guión e unha escaleta, temas a
tratar, música para incluír nos programas.
MOITAS GRAZAS A DAMIÁN E A XERARDO, DE SEGURO QUE REPETIREMOS ESTA EXPERIENCIA.
Sabemos que hoxe non foi o DÍA INTERNACIONAL DA RADIO ( 13 DE FEBREIRO) PERO PARA NÓS SÍ QUE FOI...
Comezamos este novo ano celebrando oDía Escolar da Non Violencia e a Paz.
Xaaaaa, xa sei que é mañá 30 de xaneiro, pero como mañá é sábado e hai que descansar, hoxe celebrámolo no cole. E que mellor maneira de facelo que cun programa especial do COMO CHO CONTO!!
Ah, que non coñecedes o noso programa??
Pois escoitade, escoitade... Que de seguro que vos recorda a algún programa que hai na televisión galega. Xa veredes que palabras tan bonitiñas temos na nosa lingua!!
Este comezo de curso foi un pouco difícil coas novas normas do cole, do comedor, os lavados de mans, ter a mascariña moitas horas seguidas... Pero sabedes que? Fixéstelo xenial, sodes uns campións e estou moi orgulloso de todos vós!
Durante estas merecidas vacacións, despois de tanto esforzo, vades ter moito tempo de lecer para xogar, ler, escoitar música... por iso preparei unhas recomendacións que penso que vos poden gustar. Son moi interesantes!!
Aquí tedes o voso traballo final, o resultado desas REFLEXIÓNS feitas en titorías elexindo a vosa PALABRA para facer un ÚNICO CAMIÑO POSIBLE. . .o camiño hacia . . .
AMAR sen renunciar a ser quen somos. Ser TOLERANTES e saber aceptar os amores non correspondidos.
Aprender a ALOUMIÑARcoas accións e coas palabras.
Debemos perseguir a IGUALDADE de oportunidades e responsabilidades e saber buscar o acordo ou desacordo coa palabra e co RESPECTO.
Debemos traballar a EMPATÍA para ver a magnitude e o alcance da violencia. Ser VALENTES polas que non POIDERON, polas que XA NON ESTÁN pero ABRIRON O CAMIÑO.
Deixemos o CAMIÑO DA VIOLENCIA e CONSTRUAMOS UN CAMIÑO TRANSITABLE para avanzar.