9.6.20

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Onte, 8 de Xuño, foi o Día Mundial dos Océanos

En decembro de 2008 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas resolveu que a partir de 2009, cada 8 de xuño se celebraría o Día Mundial dos Océanos.

Esta conmemoración ten como propósito concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade HUMANA ten para os océanos e poñer en marcha un movemento mundial cidadán a favor da xestión sostible destes, xa que son unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte esencial da biosfera.

Hoxe, se non fora polo covid-19, estariamos celebrando no cole a nosa feira, o final do noso proxecto... convidando a toda a  comunidade educativa.

Como non foi posible, pedímosvos que vós, coas vosas mensaxes, concienciedes a toda a CIDADANÍA, e así foi...o mar xa vos respondeu...  


             

6.6.20

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño, é o DÍA DO MEDIO AMBIENTE; este día debería de servirnos para reflexionar todo o que vimos falando e facendo durante estes cursos. 

Recordades a carta que lle enviastes á terra? Déixovos o  enlace para facer memoria... hoxe recollemos todas as vosas REFLEXIÓNS, fermosas todas elas, e cheas de sentido...pensades cousiñas que si se levaran a cabo, este mundo sería mellor :) 

Este libro recolle os vosos traballos; tamén fixemos un video contando os trociños de cada traballo mandado!

ESCOITADE E DESFRUTADE  :)












5.6.20

RAP DA AUGA

Ola familias :)

  Aquí tedes o resultado dunha actividade que quedou sen finalizar antes do confinamento aló polo mes de marzo. 

    O mes de marzo é o mes da POESÍA e tiñamos pensado levar a cabo un recital poético onde participaría todo o centro. 

   O alumando de 6º ía levar a cabo os raps cos que participaron no concurso que organiza Viaqua, "Galicia, Auga, Literatura e Rap". 

 Presentaron dous poemas de Manuel María, "Biografía do Miño" e "Desacordos contra os contaminadores do río Miño", no que resultaron gañadores da primeira fase do concurso.

Pareceunos unha temática que se axeitaba perfectamente ao noso proxecto. Poesía rapeada no noso entorno próximo: un pracer para os sentidos.

         
Que sorte temos de ter estas paisaxes ao ladiño do cole e poder pasar unha mañá recitando a carón do río Landro.

Este foi o primeiro grupo, formado por: 

Aarón, Daniela Franco, Daniela Sánchez e Pablo

" Desacordos contra os contaminadores do río Miño"



O segundo grupo estaba formado por: 

Daniela Iglesias, Antía e Alicia.

"Biografía do río Miño"


30.5.20

TAREFA FINAL DO PROXECTO: SOÑANDO MARES TRANSPARENTES

Ola rapazada :)


DÍA DO MEDIO AMBIENTE E OS OCÉANOS

O vindeiro 5 e 8 de  xuño é o Día  do  MEDIO AMBIENTE  e dos  OCÉANOS, repectivamente.

Antes desta situación de confinamento,  tiñamos pensado facer unha  actividade final do proxecto: “SOÑANDO MARES TRANSPARENTES” no centro e convidarvos a participar do traballo feito polos vosos fillos e fillas durante este curso. 

Pero non queremos quedar sen unha actividade final de proxecto, por iso temos unha proposta.

A idea é que nos enviedes unha mensaxe  na praia, co mar de fondo ( aproveitando estes días de sol). Unha mensaxe de esperanza para o noso mar… que queredes, que podedes facer para coidalo…


Os videos serán gravados en HORIZONTAL e cunha duración de 10 segundos. Podedes envíalos ao correo  bibliogaldo16@gmail.com co ASUNTO: "Mensaxe ao mar"
DATA LÍMITE: Sábado 6 de xuño.

Moitíiisimas grazas familia, de verdade…



28.5.20

PLANTANDO ESPERANZA

OLA PEQUES :)
A mestra Inés quere mandarvos unha mensaxe dende VOZ NATURA:

Todos os anos, durante a primavera, o alumnado máis pequeno do centro pon en marcha o seu horto e cambia o xardín da entrada. Os tulipáns que plantaron no outono chegan ao seu fin dando paso a unha nova planta que nos acompañará ata final de curso.

 Este ano vimos truncadas estas dúas actividades. Cando marchamos para as nosas casas os tulipáns mostraban a súa mellor cara, foi case coma se estivesen esperando á soidade pa


ra poder murcharse. Por esta razón aínda non fixeramos o cambio. Non iamos cambiar algo tan fermoso.


 A pesar de que esta fermosa imaxe impresa na nosa retina nos leva acompañando todo este tempo, non quería que vos quedarades sen poder plantar o pequeno xardín. Por esta razón,  aí vai a nosa proposta.


Eu plantei ESPERANZA, porque teño a esperanza de que o próximo curso poidamos gozar coas mans na terra. E vós, que ides plantar?

Dende o equipo de BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN queremos propoñervos unha actividade para completar a das LETRAS GALEGAS; o alumnado de INFANTIL tiñades que gravar un video coa vosa palabra favorita en GALEGO, pois ben, podedes facer ese video plantando e dicindo cal é esa palabra e por que é a vosa favorita.

VEÑA, ANIMÁDEVOS!





23.5.20

COREOGRAFÍA AS PITAS BAIXO A CHOIVA

OLA RAPAZADA :)

Unha das actividades na SEMANA DAS LETRAS era facer unha coregrafía coas protagonistas do libro escrito por CARVALHO CALERO: "As pitas baixo a choiva". Pois aquí tedes o resultado, moitas grazas pola vosa participación, da gusto ver a esas galiñas nas vosas casas! 
Estade atentos porque ao final do video apaarecen unhas pitas que coñecedes..
Douvos unha pista? naceron no cole...son de Mos...aí o deixo!

SE PINCHADES NESTE ENLACE PODEDES VER O VIDEO
 

19.5.20

XOGOS CON RICARDO CARVALHO CALERO

Ola rapazaza :)

Sei que estades moi informados sobre a vida e obra de Ricardo Carbalho Calero, apetécevos xogar aos piratas? 

Aquí tedes uns xogos elaborados polo profesorado do Ceip Ben-Cho-Shey, de Pereiro de Aguiar, de Ourense.

Este dos piratas foi elaborado pola mestra de educación primaria, María José Pato Fernández, e o seguinte foi coa  colaboración de María Josefa del Río Mosquera, ambas mestras de Educación Primaria. 

Grazas ao SEMINARIO GALÁN por recopilar xogos tan chulos doutros coles.








12.5.20

O PAPAGAIO DE MAIO

Bo día rapazada:)

Aquí vos deixo o PAPAGAIO deste mes, disfrutadeo! Ahh, botádelle un ollo ao artigo das Vacinas, moi interesante neste tempo de coronavirus!


/>

11.5.20

ACTIVIDADES E RECURSOS PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

SEMANA DAS LETRAS


Aquí vos deixamos unha seleción de RECURSOS para que traballedes na casa aquelas actividades que vos poñan as vosas mestras/es nos diferentes blogues.

RECORDA que é unha presentación interactiva con moitas páxinas.










ESTAS SON AS ACTIVIDADES PARA FACER DURANTE A SEMANA DAS LETRAS.





9.5.20

XOGANDO COAS LETRAS GALEGAS 2020

OLA RAPAZADA :)

Esta semana é a semana das LETRAS GALEGAS, e ides ter un montón de actividades, que vos parece ir coñecendo ao persoeiro homenaxeado deste ano? Sabes de quen se trata?

Siiiii, de CARVALHO CALERO, aquí vos deixo un "XOGO  DE FUGA" superdivertido para ir coñecendo a súa vida, feito por dúas mestras moi molonas chamadas Alba Carril,do CPI de Vedra e Ana Santos do CEIP de Carril.
A ver quen consigue os 9 díxitos para sair da casa de Carvalho Calero, jaaaa!