16.4.20

VIDEOCONTO

Ola coleguis :)

Aquí vos deixo un conto moi bonito da editorial Blackie Little da autora e ilustradora Marta Altés cuxo título é "CINCO MINUTIÑOS MÁIS ".

O conto foi traballado pola mestra INÉS e contado polo seu fillo Antón.

Escoitadeo con tranquilidade e logo facede a proposta de traballo:)




PROPOSTA DE TRABALLO :


INFANTIL.
1.  Escoitamos o conto.
2.  Gravación dun audio ou dun vídeo dicindo:
 Que foi o que máis lles gustou.
 Se eles ou elas tamén lle piden aos seus pais “Cinco minutiños máis”.
 Cal é a actividade que máis lle gusta facer con algún maior da súa familia.
3. Facer un debuxo  sobre o conto.

PRIMARIA
1.Escoitamos o conto.
2.Mandar un audio, un vídeo ou facer un escrito onde aparezan as seguintes cuestións:
 Que foi o que máis che gustou?
 Cantas actividades distintas saen facendo os raposos?
 Cales son as palabras que aparecen escritas?
Ti tamén lles pides ao teu pai ou á túa nai “Cinco minutiños máis”.
Cal é a actividade que máis che gusta facer con algún maior da súa familia?

Para 3º e 4º, ademáis das cuestións anteriores, añadimos esta:

3.Elixe 5 das palabras que aparecen escritas no vídeo e fai unha oración con cada unha delas.


Se queredes,eviade o video ou audio a :
bibliogaldo16@gmail.com



#Retoportadasdelibros

OLAAAAA :)

A  nosa compañeira Cintia, no seu blogue de 2º propón o seguinte reto:


RECREAR AS PORTADAS DOS LIBROS QUE MÁIS VOS GUSTAN E SACAR UNHA FOTO.

Vós seredes os protagonistas deses contos buscando a vestimenta máis parecida posible, da igual que sexa un animal ou unha persoa.
Tes que enviar unha foto da portada do libro e a túa imitación ao correo: bibliogaldo16@gmail.com


VEÑA, ANIMÁDEMOS PORQUE NOS PODEMOS RIR MOITO TODOS E TODAS XUNTOS!

MIRADE, XA CHEGARON ALGUNHAS PORTADAS :)



14.4.20

NOVO ENLACE DE INTERESE

ATENCIÓN RAPAZADA !

Temos novidades no noso blogue, se queredes estar ao día nas NOVIDADES LECTORAS tedes un enlace na columna da dereita ( ENLACES DE INTERÉS) que vos leva directamente ao blogue de Rede LECTURA, blogue feito pola Asesoría das Bibliotecas Escolares.

Botádelle unha ollada porque ten unhas propostas de libros para facer unhas receitas espectaculares, algún libro xa o temos na biblioteca outros non!

ASÍ QUE, SE QUEREDES FACER ESTA ACTIVIDADE PROPOSTA NO BLOGUE DE ESCOITA, MIRA E COMPRENDE , XA SABES QUE LIBROS PODES CONSULTAR.

A COCIÑAR! 

Se vos apetece mandade un video cociñando algunha receita á seguinte direción de correo: biblogaldo16@gmail.com publicaremos estes videos para compartir co resto do alumnado. O alumnado de 2ºEP xa fixo algunha receita, mirade neste enlace como cociñan: biscoitos, croquetas, pan, pizza..

#ficanacasa #quedanacasa #quedaencasa 

13.4.20

ATENCIÓN: NOVIDADES NO NOSO CANAL DE YOUTUBE

OLA RAPAZADA:)

Estes días estivemos recolocando o noso canal de youtube, agora se ides a LISTAS DE REPRODUCIÓN veredes que aparecen TEMAS NOVOS. Son todos os vosos traballos organizados por temas, como o noso proxecto de biblioteca PDI SOÑANDO MARES TRANSPARENTES, o CLUB DE CIENCIAS, VOZ NATURA...etc, 

Aquí vos deixo os enlaces directos para que vaiades vendo os videos, que agora temos moooito tempo e así podedes ver aos vosos compañeiros.

Ata pronto :)

PARA BÚSQUEDAS POSTERIORES, TEDES O ENLACE DIRECTO AO CANAL NA COLUMNA DA DEREITA QUE PON ATENCIÓN!



 PDI SOÑANDO MARES TRASPARENTES

CLUB DE CIENCIAS

VOZ NATURA

MES DA CIENCIA EN GALEGO

ENTROIDO

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


VIDEO DO ENTROIDO

OLA RAPAZADA :)

Aquí sigo soiño...


Teño un agasallo para vós, este fermoso VIDEO do marabilloso traballo que fixestes durante o ENTROIDO.

ESPERO QUE VOS GUSTE TANTO COMA MIN...e mentras tanto #quedanacasa




NOVOS EXPERIMENTOS DO ALUMNADO DE INFANTIL E 1º E.P


MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

            Durante o mes de novembro celebramos no centro o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Nesta actividade traballamos conxuntamente o grupo de Biblioteca, Voz Natura, Club de ciencias, Meteoescolas e Dinamización da lingua galega. Dunha ou doutra maneira abránguenos a todos e todas, polo que é unha actividade que conta coa participación de todo o centro.
           
            Levamos a cabo 4 experimentos neste mes. Dous deles estaban relacionados intimamente coa terra, a parte de Voz Natura  que ten aos pequenos do centro máis enganchados.

 Nun, no que colaboraron nenos e nenas de infantil e primaria, seguimos todo o proceso dunha xudía, dende que se recolle a semente ata que regresa de novo como pranta ao invernadoiro. Neste proceso puideron observar como non fai falla terra para que unha semente agrome, ou que se cae enriba da terra tamén o fará, non necesitará estar enterrada.

            O segundo experimento foi a continuación dun xa iniciado o ano anterior. Fixemos un composteiro no que metemos distintas materias, entre elas varios tapóns de plástico de botellas. O alumnado puido comprobar que o plástico non se descompón, razón pola que non debemos tiralo na Natureza, senón no  colector corrrespodente.

            Os outros experimentos estaban xa moi relacionados co proxecto deste ano: Soñando Mares Transparentes. Nun deles descubriron de onde saía o sal e que pasa coas pequenas partículas de plástico que hai flotando na auga. 
Credes que debemos seguir usando a purpurina?

            No outro, o alumnado de 5 anos aprendeu a relación entre flotabilidade e a auga salgada e a doce. Foi todo un descubremento!

NO SEGUINTE ENLACE, PODEREDES VER ESTES EXPERIMENTOS.



9.4.20

CHEGOU O PAPAGAIO

O PAPAGAIO ESTÁ AQUÍ.....


Aquí tedes o PAPAGAIO, xa que non o podedes ler en formato de papel, Galdiño pideuno en formato dixital para que o poidades ler tranquilamente. 

Estade atentos/as porque ainda quedan as edicións de maio, xuño e o especial de verán.

A LER O XORNAL!!








FAME DE PALABRAS

Ola de novo rapazada :)

Apetécevos participar nun concurso??? 

Eu ben sei que neste cole hai moitas/os POETAS, puidémolo comprobar neses recreos de POESÍA que tivemos no mes de febreiro e parte de marzo, mágoa que non puidemos celebrar o noso FESTIVAL DE POESÍA o 18 de marzo. 

Tamén coas nosas poetas de 4ºE.P que abriron o acto de #errantespolomundo tendo como madriña a ROSALÍA DE CASTRO e como padriño a MANUEL MARÍA, que maravilla de recitados...

Non pasa nada, eu ben sei que nas vosas casas tamén ledes poesía, no blogue de 2ºE.P. hai colgados moitos videos, recitando dende as diferentes casas,mirade...

Dende GÁLIX ( asociación do libro Infantil e Xuvenil) propoñen participar dende a casa nun concurso: 


Se pinchades no enlace, podedes ver as bases, é moi sinxelo, os que xa o fixestes podedes aproveitar ese recitado e envialo.
Tédelo que gravar en audio e envialo :)

VAMOS POESTASSS !

8.4.20

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

OLA RAPAZADA :)

Canto tempo sen saber nada de vós, bueno, algo sei porque ando a mirar eses blogues marabillosos das vosas mestras e vexo que seguides moi activos/as dende as vosas casiñas..bótovos moitísimo  de menos...

Estou soiño na biblioteca e quería propoñervos unha actividade que creo que vos vai gustar.

Como sabedes o 2 de ABRIL foi O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. A sección pratocinadora este ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetina ilustrada por Damijan Stepancic: FAME DE PALABRAS






O VINDEIRO 23 DE ABRIL será O DÍA DO LIBRO e GALDIÑO QUERE SABER SE LES NA CASA :)

Sabe que é moi importante ler...ler calquer tipo de tamática, dende libros de receitas, poesía, banda deseñada, aventuras...en galego, en castelán, en inglés...e agora temos mooito tempo para isto.

A súa proposta é que respondades a esta pregunta:


QUE TEN QUE TER UN LIBRO PARA QUE TEÑAS GANAS DE LELO?


  1. Pensa ben a túa resposta
  2. Escribe,redacta ordenadamente a túa resposta (xa sabes que escribir axuda a pensar mellor)
  3. GRAVA EN AUDIO A TÚA OPINIÓN ( entrada do blogue ESCOITA,MIRA E COMPRENDE)
  4. Envía o teu audio a esta dirección: ermiclase@gmail.com
Cos audios que cheguen farase un Podcast: un arquivo de audio para publicar incluindo todas as opinións. 

CONSELLOS: exprésate e explica ben a túa opinión. Grava ben,que se entenda claramente.

XA SABEDES,
 EN ABRIL ,LECTURAS MIL!








31.1.20

CLUB DE CIENCIAS: EXPERIMENTO FEITO POR 2º E.P

REPERCUSIÓN DO DESXEO NA VIDA DOS PINGÜÍNS


O alumnado de 2º de E.P está a investigar, dentro do PDI, A VIDA DOS PINGÜÍNS e como influe o cambio climático nas súas vidas. 

Levan todo o trimestre facendo traballos de investigación e dentro do CLUB DE CIENCIAS puideron observar canto tarda o xeo en derretirse co aumento da temperatura.

Mirade as súas conclusións :( 

A verdade é que lles encanta explicar o que ocorre ainda que ás veces sexa un pouquiño complicado,jaaaaa, as tomas falsas son xeniais!

#clubdeciencias #expresiónoral #bilioinclusiva #bibliotecacreativa