31.1.20

OBRADOIRO DE PORTABOCADILLOS #fóraplásticos

Ola familias :)

A semana pasada tivemos de novo un OBRADOIRO COAS FAMILIAS e as súas fillas e fillos, incluso NETOS...

Dentro do noso PDI: "SOÑANDO MARES TRANSPARENTES" temos unha actividade que é #recreosceroplástico. Ata agora, conseguimos grandes cambios como traer a nosa propia botella de aceiro, non traer envases de plástico para as merendas... pero observamos que isto era máis complicado, así que, decidimos que os propios alumnos, axudados polas súas nais, avóas, pais, madriñas, tías...,fixesen os seus portabocadillos :)

MIRADE QUE PRECIOSIDADE! 
Ah!! a máquina de coser que temos na BIBLIOTECA funciona a tope, jejeee

#biblioinclusiva #igualdade #bibliocreativa




UN MAR DE PAZ

Ola rapazada :)

Despois do NADAL volvimos coas pilas cargadas para seguir coa nosa labor de PROTEXER OS NOSOS MARES...

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ e que mellor forma que reflexionar sobre o que lle estamos a facer ao noso planeta, á nosa terriña, aos nosos MARES...

Por iso quixemos lanzar as nosas MENSAXES, mensaxes de esperanza, do que queremos de verdade no día a día, comezando polo noso centro e rematando na rúa,no parque, na PRAIA...

Creo que a MENSAXE chegou ao noso concello... QUERÉDELO VER??

Mirade,miradeeee...neste video recóllese toda a vosa labor e empeño.

MOITAS GRAZAS RAPACES E RAPAZAS!!!

#cidadanía  #marestransparentes








20.12.19

RECOMENDACIÓNS LECTORAS, MUSICAIS, PELÍCULAS, DOCUMENTAIS, XOGOS

QUERIDOS REIS MAGOS...

Galdiño sabe que estades moi preocupados polo que está a acontecer coa contaminación e os PLÁSTICOS DO NOSO MAR, xa sabedes que o alumnado do #coledegaldo está a traballar nisto e que agora mesmo a concienciación é moi importante, por iso, vos deixamos unhas recomendacións para cada idade.

Tede en conta que son libros que teñen que ver co noso proxecto "SOÑANDO MARES TRANSPARENTES". Pero non só para nenas e nenos, tamén para a FAMILIA.


Xa sabedes que o alumnado de Galdo é moi creativo, así que, tamén vos deixamos recomendacións MUSICAIS, XOGOS DE MESA, DOCUMENTAIS E PELÍCULAS.

MOITAS GRAZAS POR FACERME CASO!!

UN SAÚDO DE GALDIÑO

4.12.19

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


Non existe mellor cousa que escoitar as REFLEXIÓNS que fan as nenas e nenos despois de ir ao teatro a dialogar con JORDI FABRA I SIERRA. 

O alumando de 3ºEP xa leu o seu libro: "EL CLUB DE LOS RAROS", e sacaron a conclusión de que "todos somos raros e únicos". Porque ser DIFERENTE MOLA! #bibliotecainclusiva




Invítovos a que ESCOITEDES o que din.




         


SEMANA DE ANIMACIÓN Á LECTURA #25

OLA FAMILIAS :)

Ao longo da semana pasada, tivemos a sorte de contar coas FAMILIAS de nenos e nenas de infantil: As nais de Mateo e Lucas da clase dos azuis; a familia de Valeria, da clase dos vermellos e a familia de Clara, tamén da clase dos vermellos.
Ainda nos queda unha sorpresa para mércores.

Estas foron as súas actuacións.

MIL GRAZAS POR ESTA SUPERCOLABORACIÓN, só ver a cariña das vosas/os fillas/os merece a pena :)

PORQUE NA HORA DE LER TAMÉN CONTAN AS FAMILIAS!








27.11.19

SEMANA DE ANIMACIÓN Á LECTURA #25N

Comezamos a semana coa lectura dun libro moi fermoso cheo de VALORES DE IGUALDADE, o título é 
"IRINA BAILARINA" da editorial Embora edicciones

A lectura foi feita por Ana, a nai de Lidia da clase dos azuis.
MIL GRAZAS FAMILIA :)


26.11.19

25N NON TEÑAS MEDO!

Ola rapazas e rapaces :)

Hoxe, 25 de NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, fixemos visible o noso traballo, sabemos que NON só se traballa nun día, senon, o resto do ano, comezando por tratar e respectar aos nosos compañeiros/as no patio, falándolles ben, na rúa, na casa.

Por iso, educamos en VALORES, CONCIENCIANDO e que mellor forma que a través dos libros, cancións, manifestos...

O alumnado do CEIP P. SANTA RITA DI:

NIN UNHA MÁIS !



14.11.19

O NOSO PLÁSTICO DO DÍA A DÍA...


Ola rapaces, ides alucinar co visionado deste video! Xa sabedes que a semana pasada tivestes unha tarefa común: baleirar as papeleiras de cor amarelo onde depositastes o plástico das merendas que trouxestes, durante unha semana, para o recreo de media mañá. 

MIRADE O RESULTADO...COMO QUEDOU O ACUARIO??????

TEREMOS QUE REFLEXIONAR SOBRE ISTO??? 




GALDIÑO ESTÁ MOI PREOCUPADO E QUERE LANZAR UN RETO:


DURANTE A VINDEIRA SEMANA TEREDES QUE CONSIGUIR SER A CLASE QUE MENOS PLÁSTICO TRAIA DAS MERENDAS :)

SEREDES CAPACES?


12.6.19

METEOREFRANS DO ALUMNADO DE 4º

As rapazas e rapaces de 4º fixeron unha escolla de REFRÁNS chulísima, e moi apropiada para este tempo de maio !.

O vídeo fíxose cos debuxos deles mesmos. 

Galdiño davos as gracias porque o PROGRAMA DE METEOESCOLAS está á funcionar moi ben:xa sabe que facedes  recodilla de datos da nosa caseta metereolóxica de forma quincenal e o recolledes nun caderno feito por vós.





VIDEO DE TODO O ALUMNADO DE GALDO; O COIDADO DO MONTE

Ola rapazada :)

Este é o produto final de todo o traballado durante este curso, resumido nun video. O coidado do medioambiente, a reciclaxe,  a redución do plástico no centro,a reutilización... a repercusión do aprendido sobre como coidar o monte... recollido nunhas imáxenes, voces e música.

GRAZAS RAPACES E RAPAZAS, GALDIÑO está moi contento de ver que aprendestedes moito, ogallá todo isto serva para provocar como mínimo unha pequena reflexión en vós e nas vosas familias.


MIRADE O VOSO TRABALLO !