31.1.17

DÍA DA PAZ


30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Ola a todos e todas,esta semana conmemoramos o DÍA DA PAZ, ainda que sabemos todos e todas que non debe existir un so día....que mellor forma que facelo a través da LECTURA e da MÚSICA...aiiiiiiiiii..a música....... canto nos gusta en GALDO,traballamos moito a través dela...pero en fin,ao que íamos.. A semana previa á conmemoración LEMOS POLA PAZ, grazas a GALDIÑO que nos fixo unha cestiña de lecturas que nos invitaban a respirar,sentir,escoitar...PAZ. 

ASÍ TRABALLOU E.I.:

Os nenos e nenas de tres aniños traballaron a ELMER,o elefante de tódolas cores, que era distinto aos demais,foron moi valentes e léronlles aos nenos de catro anos. Os nenos e nenas de catro,traballaron co libro HOMIÑO DE PAPEL e decidiron subir o primeiro andar para ler aos nenos de cuarto  e segundo de E.P., e os nenos de cinco anos leron BLANCOS E NEGROS,aos de primeiro.

Claro, en primaria, tamén quixeron.....así que primer ciclo leu poemas, terceiro curso  o libro de GRAZAS  e  cuarto tivo unha labor moi importante..nin máis nin menos que facer o MANIFESTO pola paz. O terceiro ciclo decidiu escinificar o libro de  ORELLAS DE BOLBORETA,e ler BANDADA....un libro moi especial que levou un premio polas súas ilustracións.

ASÍ TRABALLARON OS NENOS E NENAS DE 4º

Que podo facer eu pola paz?

1. Abrimos un pequeño debate sobre o concepto “paz” e que significa no noso día a día e no noso entorno próximo.
2. Despois de concluír que a aportación individual á mellora da conviviencia díaria é o camiño, propuxémonos facer un manifesto partindo desa idea.
3. Plantexamos un remuíño de ideas con aportacións de todos (condición indispensable) que escribimos no encerado. Seleccionamos aquelas palabras que nos resultaron máis acaidas e claras (descartando os tópicos e lugarer comúns habituais) e redactamos frases de forma que se poideran encadear como manifesto.
4. Para a proposta de traballo para a semana da paz feita para todo o centro (decoración de paraugas brancos) decidimos traballar en dúas liñas: investigar en que lugares do mundo hai conflitos armados e extaer ideas positivas encamiñadas á mellorar a convivencia, simbolizada na man tendida que decoramos.
5. Taballamos sobre un mapamundi mudo (na internet) no que se reflectía cun código de cores os conflitos armados no mundo segundo o número de vítimas que producían, tratando de ter unha percepción global do tema, ao tempo que se ampliaba e concretaba o concepto conflito armado: guerra entre paises, guerra civil, enfrontamentos raciais ou étnicos,  pola indenpendencia, guerra contra o narcotráfico, enfrontamentos armados contra a delincuencia organizada,...
6. Comparamos o mapamundi de cores co mapamundi político para identificar e localizar os distintos países con conflitos, facendo unha relación daqueles onde houbese máis vítimas.
7. Partindo das frases do manifesto tratamos de sintentizalas nunha palabra (substantivo), que escribimos no encerado.
8. Despois, escribimos cada un nos paraugas unha palabras das que tiñamos na pizarra (en cor verde ou azul) e o nome dun país con conflitos armados (en cor negra ou vermella) Decidimos as cores representando o positivo ou o negativo.

9. Finalmente, colgamos do paraugas as mans abertas con debuxos de bonecos de dedo e a palabra “PAZ” escrita no medio, que simbolizan a man tendida a tod@s, para acoller e recibir.

O DÍA DO ACTO

Así de bonito estaba o noso corredor.....cheo de paraugas con mans,palomas,símbolos da paz,corazóns...todos con palabras positivas...

Para cerrar o acto cantamos a canción de SIRIA NON TEN PAZ,GALICIA E GALDO CANTAN POLA PAZ,feita por unha nena de 6º curso INÉS GARCÍA DEL BARRIO dun colexio de Valladolid,adaptada da canción de MORAT.

MOITAS GRAZAS !









11.1.17

FESTIVAL DE NADAL E ENTREGA DE PREMIOS

No mes de decembro celebramos o festival de Nadal. Nel participou todo o alumnado do colexio realizando unha canción típica destas datas. Deixo o enlace da galería da páxina web do colexio onde podedes ver todas as fotografías: 


Aproveitamos a ocasión para dar os premios ós gañadores dos concursos "Decora o teu peón" e "Relatos de medo".
Noraboa aos gañadores! 



5.12.16

MAGOSTO 2016!

No blogue "Con N de Nosa" podedes ver a celebración do Magosto!
Premede na imaxe e poderedes ver a recollida de castañas, os xogos populares e a desgustación das castañas asadas!






29.11.16

SAMAÍN ´16

E chegou Samaín! Neste mes de novembro o colexio de Galdo encheuse de medo e misterio. Para comezar deixamos un vídeo onde aparecen algúns alumnos/as preparando as cabazas nas súas casas.! Logo estas cabazas e unha morea máis, adornaron os corredores do noso colexio.





caba - Kizoa Editar Videos - Movie Maker




Ademáis, as portas das aulas e a entrada do colexio estaban terroríficamente divertidas!                                                  

Tamén nos convertemos en grandes cociñeiros preparando unhas receitas de medo que logo compartimos cos nosos compañeiro na festa de Samaín!
                     

Galdiño púxonos no expositor, unhas recomendacións de libros de medo apropiados para estas datas.

                        


No blogue de N de NOSA tamén podedes atopar unha entrada desta festa: http://con-n-de-nosa.blogspot.com.es/2017/01/cabazas-no-samain.html

28.11.16

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA

"TI IGUAL CA MIN"

Neste día que se celebra o Día internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre isto,e, un xeito de facelo é a través dos CONTOS,que nos contan historias de cada día,nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá,moitas veces sen nos decatar. 

Por iso decidimos facer unha sesión contacontos,na que os protagonistas foran os nenos e nenas de 6º curso e 4º curso. Na  sesión da mañá, o alumnado de 6º curso elixiu o libro de ROSA CARAMELO, da editorial Kalandraka, para leerlles aos nenos e nenas de infantil e 1º e 2º curso. Fixérono xenial, Julen e Fátima metéronse no papel de Rosa Caramelo e os seus pais.

Pola tarde, o alumnado de 4º curso fixo unha "performance" do conto ARTUR E CLEMENTINA,tamén da autora Adela Turín, mentras que o papel de Artur foi representado por Brais, Bruno e Iago, Clementina foi interpretada por María. As súas compañeiras Mara,Shaila,Lucía,Andrea e Paula coa cara cuberta,representaban os diferentes sentimentos a través de palabras...palabras FEAS...que se deberían convertir en palabras BONITAS... esta era a forma de ver que tiveron os nosos alumn@s.

Para rematar a sesión, o mestre Marcial e a mestra Rebeca tamén fixeron unha sesión de contacontos co libro O PAÍS DOS MANDÓNS.

Rematamos o día cun photocoll e cantando todo o colexio, xunto coa comunidade educativa, a canción de Malú e Manuel Carrasco "QUE NADIE".









22.11.16

MOCHILAS VIAXEIRAS DE INFANTIL

Este curso está en marcha a mochila viaxeira!Esta, é unha experiencia pensada para o fomento e disfrute da lectura en familia.
É o soporte que nos permitirá levar á casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novos.
Nestas mochilas incluímos unha gran variedade de libros: contos, libros de receitas, adiviñas, libros-CD libros para as familias e un caderno viaxeiro no que se convida ás familias a valorar esta experiencia. Nel pódese pegar fotos, comentar, debuxar...
·
Cada luns realizamos o sorteo da mochila. Poderemos disfrutar dela unha semana (de luns a luns).

Estamos desexando que nos toque!






31.10.16

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017

O pasado día 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares.
No noso colexio temos unha biblioteca e nela atópase un bibliotecario un pouco especial. Aos nenos e nenas de 4 anos chegoulles unha carta na que os mandaba seguir unhas cenorias que estaban tiradas no chan  e así  descubrir quen era ese bibliotecario .

Pois si! É o coello GALDIÑO!

19.9.16

CURSO 2016-2017

Aquí estamos un ano máis. Neste blogue poderedes ver parte das actividades realizadas no CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo no curso 2016-2017.

23.5.16

LETRAS GALEGAS 2016

Ola queridos seguidores,
Xa sabemos que non foi sen tempo, pero por fin a temos lista para que a vexades!
Referímonos á nosa actuación da pasada celebración das Letras Galegas en honra a Manuel María.
Nesta actuación quixemos dar a coñecer o máis significativo da súa vida e sobre todo da súa obra a xeito de historia. Unha historia na que un neno, Manuel María, soña... e os seus soños están engailados ata que el mesmo os libera.

              
Parte das narracións están recollidas dos textos orixinais do autor, e as cancións son versións cantadas dos seus poemas.
Esperamos que vos guste!