4.6.18

POR FIN FUMOS A ESCARABOTE!

DA FALA A ESCRITA...DE ESCARABOTE A SANTA RITA :)


O pasado venres,día 1 de xuño, fumos de visita a ver aos nosos amig@s de Escarabote, mimadriña!.. estabamos nerviosísim@s, madrugamos un montón pero mereceu a pena:).

O día foi xenial. Este foi o itinerario, organizado pola profe Ermi, a directora Xoana, o mestre Xerardo e  Laura, a xefa de estudos.

  • Cando chegamos, o alumnado de Escarabote, estaba  esperándonos  cos brazos abertos e cun enorme cartaz, feito por eles e elas, menudos abrazos nos demos!.
  • Logo, na súa aula, tiñan un gran picnic para almorzar, claro, como madrugamos tanto, tiñamos fame, jajaja...
  • A continuación, chegou Xoana e explicounos que íamos facer, porque non todo ía ser comer non?. A actividade consistía no seguinte: no cole están comezando un proxecto cun horto escolar e decidiron pintar as paredes que rodean o horto, e que mellor maneira que a través dun conto... a "Xoaniña Juanita...filosofía para nenos". 
  • As paredes revosaban de cores, os nenos de Galdo e Escarabote, xuntos, puxéronse a roupa de faena e pintaron...Unha vez rematado isto, Xoana explicounos que tíñamos que deixar a nosa pegada naquel colexio. Cun XERSEI DE LA, entrelazamos a nosa amizade...a LA é quentiña e representa moi ben isto, así que, a través de fíos de LA, unimos dous aros, representando cada un a un centro. Posteriormente neses fíos, colgaranse fotos do noso alumando.
  • Para rematar o día, fumos comer unhas pizzas riquísimas, magoa que choveu xusto nese intre e non as puidemos comer no parque...Pero logo escampou e fumos pasar a tarde, vaia chulada!!! un parque natural, superdivertido con tirolinas e moitas cousas para facer exercicio físico.. a mestra Rebeca púxonos a proba a ver se éramos capaces de facer exercicios..jajajaja..
E como remate final,  o EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE ESCARABOTE, regalounos un CD de  SONIA LEBEDYNSKI  para a nosa biblioteca, así, o resto do alumnado, poderá escoitar a súa música tamén.

Deserto De Centos


GRAZAS ESCARABOTE!! OGALLÁ VOLVAMOS A VERNOS PRONTO




Música: "Miña doce amiga" de SONIA LEBEDYNSKI



Ningún comentario:

Publicar un comentario