17.3.21

#8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


 OLA RAPAZADA :)

GALDIÑO está supercontento ! A exposición realizada o #8M MULLERES ABRINDO "CAMIÑO"  tivo un éxito rotundo. 

Sabe que o traballo de pescuda da información foi frutuoso, xa que, grazas a vós, ás vosas aportacións e traballos, puidemos saber que é unha PERCEBEIRA, unha CAPITÁ de pesca e unha ENXEÑEIRA NAVAL. Todas estas mulleres son da nosa zona, concretamente de Viveiro e Xove.

O alumando de  4º, 5º e 6º preparou unha entrevista a cada unha e o resto dos cursos fixeron a parte da investigación da propia profesión.

Este foi o reparto :

  1. ENTREVISTA a ANA MEITÍN,PERCEBEIRA, feita polo alumnado de 4º de E.P. O alumnado de 3 aniños fixo a parte plástica, os percebes e traballaron a súa fotografía. O alumnado de 1º investigaron sobre a súa profesión, aparellos, etc.
  2. ENTREVISTA a LUCÍA FERNÁNDEZ CAO, ENXEÑEIRA NAVAL, feita polo alumnado de 5º de E.P . O alumnado de 5 anos fixo a parte plástica e investigaron sobre a súa profesión, centrados sobre todo nas pezas que fai Lucía, que son engranaxes e hélices. O alumnado de 3º E.P realizaron uns preciosos bosquexos de barcos feitos a carboncillo.
  3. ENTREVISTA a ARANTXA TORIZA, CAPITÁ de pesca. Foi o curso de 6ºE.P quen lle realizou a entrevista, e o alumnado de 2ºE.P investigou sobre a súa profesión. Os máis pequenos, o alumando de 4 anos, fixo un TEMÓN e traballou a súa fotografía.

Tivemos a sorte de que viñeran ao centro e coñecelas en persoa.


 o EQUIPO DE BIBLIOTECA fixo un genially para poder pescudar sobre estas mulleres e outras que nos abriron camiño a TODAS NÓS.

 

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS O VIDEO para que toda a comunidade educativa poidades desfrutar desta exposición. Canto nos tarda que podades vir en persoa ao centro. 


 

5.3.21

OBRADOIRO DE RADIO CON "PONTE NAS ONDAS"

 Ola rapazada :)

Hoxe foi un día xeniaaaal ! tivemos a sorte de facer un OBRADOIRO DE RADIO cuns profes marabillosos de PONTE NAS ONDAS. 

Nunha soa sesión traballamos os seguintes contidos:

  • ORALIDADE : dicción e proxección da voz, a locución e interpretación coa voz.
  • EDICIÓN DE SON : utilizando o programa de distribución libre Audacity ensináronos a gravación e edición do son, e a preparación e creación de podcasts, e o aloxamento en plataformas dixitais.
  • RADIO EN DIRECTO : Montaxe dunha emisora, estrutura dunha emisión: sintonías, cortes de voz, cortes de música, diferenza entre locución e control técnico, elaboración dun programa, deseño e tipoloxía de programas, como elaborar un guión e unha escaleta, temas a tratar, música para incluír nos programas.

MOITAS GRAZAS A DAMIÁN E A XERARDO, DE SEGURO QUE REPETIREMOS ESTA EXPERIENCIA.

 



Sabemos que hoxe non foi o DÍA INTERNACIONAL DA RADIO ( 13 DE FEBREIRO) PERO PARA NÓS SÍ QUE FOI... 

O NOSO PRIMEIRO PROGRAMA :)

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

29.1.21

COMO CHO CONTO POLA PAZ!!

Bo día rapazada!! 

Comezamos este novo ano celebrando o Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Xaaaaa, xa sei que é mañá 30 de xaneiro, pero como mañá é sábado e hai que descansar, hoxe celebrámolo no cole. E que mellor maneira de facelo que cun programa especial do COMO CHO CONTO!!

Ah, que non coñecedes o noso programa??

Pois escoitade, escoitade... Que de seguro que vos recorda a algún programa que hai na televisión galega. Xa veredes que palabras tan bonitiñas temos na nosa lingua!!




23.12.20

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Xa chegou o Nadal!! Xa estamos de vacacións!! 


Este comezo de curso foi un pouco difícil coas novas normas do cole, do comedor, os lavados de mans, ter a mascariña moitas horas seguidas... Pero sabedes que? Fixéstelo xenial, sodes uns campións e estou moi orgulloso de todos vós!

Durante estas merecidas vacacións, despois de tanto esforzo, vades ter moito tempo de lecer para xogar, ler, escoitar música... por iso preparei unhas recomendacións que penso que vos poden gustar. Son moi interesantes!!

Botade unha ollada!!


22.12.20

MISIÓN CAMIÑO DO MAR

 


 Galdiño anda preocupadísimo porque algo moi valioso da catedral de Santiago desapareceu  (esfumouse, hahaha!).

Haberá que esforzarse para ir recorrendo o camiño e as probas para recuperar iso tan importante...

Conseguiremos a chave para abrir a Santa Porta??


MISIÓN E. INFANTIL




MISIÓN E. PRIMARIA


3.12.20

3 DE DECEMBRO "DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE"

 Ola rapazada :)

 Esta semana estivemos REFLEXIONANDO sobre unhas palabras fermosas que dixo EDUARDO GALEANO que din así:

Cada persoa baila con luz propia

entre todas as demais.

Non hai dous fogos iguais.

Hai fogos grandes e fogos pequenos

E fogos de todas as cores.

Hai xente de fogo sereno,que non se entera do vento

E hai xente de fogo tolo, que enche o aire de chispas.

 

NON HAI DOUS CEREBROS IGUAIS, TODOS SON DIFERENTES e iso supón desenvolver de maneira óptima o NOSO TALENTO ou CAPACIDADE

ASÍ QUE ...VIVA A DIVERSIDADE! 

 

Queredes ver todas esas capacidades e talentos do noso alumnado?

 

 ALUMNADO DE INFANTIL

ALUMNADO DE 1º e 2º

ALUMNADO 3º e 4º

ALUMNADO 5º e 6º



 

 

25.11.20

25N "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Ola rapazas e rapaces...

 Aquí tedes o voso traballo final, o resultado desas REFLEXIÓNS feitas en titorías elexindo a vosa PALABRA para facer un  ÚNICO CAMIÑO  POSIBLE. . .o camiño hacia . . .

 

AMAR sen renunciar a ser quen somos. Ser TOLERANTES e saber aceptar os amores non correspondidos.

Aprender a ALOUMIÑAR coas accións e coas palabras.

 Debemos perseguir a IGUALDADE de oportunidades e responsabilidades e saber buscar o acordo ou desacordo coa palabra e co RESPECTO.

Debemos traballar a EMPATÍA para ver a magnitude e o alcance da violencia. Ser VALENTES polas que non POIDERON, polas que XA NON ESTÁN pero ABRIRON O CAMIÑO.

Deixemos o CAMIÑO DA VIOLENCIA e CONSTRUAMOS UN CAMIÑO TRANSITABLE para avanzar.

 

TODOS E TODAS 

 

QUERÉMONOS VIVAS! 

 


 

26.10.20

PORQUE UN CAMIÑO MELLOR É POSIBLE


 
Ola rapazada :)
 
Galdiño estaba ansioso por voltar á escola e que mellor forma que celebrando o Día das Bibliotecas Escolares. Como foi o sábado 24 de outubro, hoxe queremos celebralo con todos/as vós.
Pero non notades a Galdiño algo raro? Que leva posto? estou segura de que xa sabedes que ocorre e senón pensade que vos encontrastes na casa esta fin de semana...sería isto?



 


 Se aínda non o tedes claro estade ben atentos ao visionado deste vídeo.


Este curso, traballaremos o CAMIÑO DO MAR, unha ruta alternativa ao trazado costeiro do Camiño Norte que vai dende Ribadeo ata Neda. 
 
 
Ten un percorrido duns 140 km, comeza en Ribadeo e continúa polos concellos de Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ortigueira, Cedeira e Neda ata fundirse co trazado oficial do Camiño Inglés , ata chegar a Santiago de Compostela. 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
A temática elixida parte da temática proposta para o presente curso por Voz Natura e irá en estreita relación con todos os equipos do centro como Dinamización da Lingua Galega e Extraescolares.
 
É o momento de elexir o camiño...o Camiño do Mar..e ti? terás que facer o camiño e deixar a túa pegada,non sí? IMOS?
 
 COMEZAMOS!
 

19.6.20

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Ola peques :)

Rematamos o curso, si , tres meses sen poder vervos pola biblioteca, que triste estou...pero sei que lestes moito durante este tempo, non hai más que ver os vosos traballos de clase, superdocumentados.

Chega o verán, periódo de vacacións para disfrutar coa familia, cos amigos...pero non deixedes de LER, na praia, na casa, no campo, só, soa...ou acompañados...a lectura en familia tamén é maravillosa.

Galdiño déixavos unhas recomendacións lectoras, de xogos, películas e música relacionados co noso proxecto para que  sexades de verdade uns expertos e expertas ACTIVISTAS do coidado dos océanos.

GOZADE COA LECTURA AMIGUIÑ@S! 

12.6.20

ACTIVIDADES DAS NOSAS LETRAS

PARABÉNS RAPAZADA, porque os traballos das NOSAS LETRAS son MARABILLOSOS; Galdiño está moooi contento porque sabe que traballastes un montón dende as vosas casas, fostes por un momento caricaturizadores , plantadores de palabras máxicas, reporteiros da televisión galega e de RADIO GALDO...

Aquí vos deixo o resultado...

INFANTIL e 1º EP:  O alumnado de infantil cóntanos como se planta a palabra favorita deles/as en galego, e o alumnado de 1º son caricaturizadores de Ricardo Carvalho Calero.






RAPAZAS de 2º: Coas pitas como protagonistas, cóntannos un fragmento da súa obra AS PITAS BAIXO A CHOIVA.





ALUMNADO de 3º: COMO CHO CONTO!


 O alumnado de 3º traballou moitísimo para explicarnos algunhas cousiñas da normativa en Galego. No blogue Escoita, mira e comprede, podes ver o resultado.


http://sondelinguaxes.blogspot.com/2020/06/como-cho-conto.html





ALUMNADO DE 5º: Foron os encargados de facer o programa informativo ESPECIAL LETRAS GALEGAS.




ALUMNADO DE 6º

 PODCAST VIDA E OBRA DE CARVALHO CALERO




https://sondelinguaxes.blogspot.com/2020/06/podcast-vida-e-obra-de-carvalho-calero.html