Bo día rapazada:)
Aquí vos deixo o PAPAGAIO deste mes, disfrutadeo! Ahh, botádelle un ollo ao artigo das Vacinas, moi interesante neste tempo de coronavirus!
/>
12.5.20
11.5.20
ACTIVIDADES E RECURSOS PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
SEMANA DAS LETRAS
Aquí vos deixamos unha seleción de RECURSOS para que traballedes na casa aquelas actividades que vos poñan as vosas mestras/es nos diferentes blogues.
RECORDA que é unha presentación interactiva con moitas páxinas.
ESTAS SON AS ACTIVIDADES PARA FACER DURANTE A SEMANA DAS LETRAS.
9.5.20
XOGANDO COAS LETRAS GALEGAS 2020
OLA RAPAZADA :)
Esta semana é a semana das LETRAS GALEGAS, e ides ter un montón de actividades, que vos parece ir coñecendo ao persoeiro homenaxeado deste ano? Sabes de quen se trata?
Siiiii, de CARVALHO CALERO, aquí vos deixo un "XOGO DE FUGA" superdivertido para ir coñecendo a súa vida, feito por dúas mestras moi molonas chamadas Alba Carril,do CPI de Vedra e Ana Santos do CEIP de Carril.
A ver quen consigue os 9 díxitos para sair da casa de Carvalho Calero, jaaaa!
A ver quen consigue os 9 díxitos para sair da casa de Carvalho Calero, jaaaa!
5.5.20
INVESTIGAMOS E CREAMOS UN MAR PARA AS BALEAS
Ola nenas e nenos :)
TEMOS NOVOS RETOS para facer na casa, agora tócalle o turno ao alumnado de 3 anos, a clase dos VERMELLOS.
Á clase dos vermellos tocoulles investigar sobre as BALEAS e os MARES onde habitan. A estes animais tamén lles está a afectar o cambio climático...É O VOSO TURNO PARA INVESTIGAR.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VIDEO PARA FACER O VOSO PROPIO MAR...
Ao finalizar o VIDEO pídesevos que investiguedes... tedes a presentación abaixo.
Ao finalizar o VIDEO pídesevos que investiguedes... tedes a presentación abaixo.
E AGORA ESTE PEQUENO TRABALLIÑO
LEMBRADE, é unha "PRESENTACIÓN INTERACTIVA".
QUE SIGNIFICA ISTO? que según pasas o rato polas diferentes páxinas aparecerán etiquetas novas con información do que tedes que facer.
A INVESTIGAR :)
Cando teñas o treu traballo feito fai unha foto do resultado para mandarlla á mestra MÓNICA
Etiquetas:
PDI SOÑANDO MARES TRASNPARENTES
2.5.20
AS NOSAS PRESENTACIÓNS INTERACTIVAS
Ola rapazada :)
GALDIÑO quere explicarvos QUE SON AS PRESENTACIÓNS INTERACTIVAS.
Moitos RETOS dos que vos imos plantexar, van vir presentados de forma INTERACTIVA.
QUE SIGNIFICA ISTO?
Unha presentación interactiva é aquela na que se presenta información chea de enlaces ( videos, páxinas novas, titulares de periódico, instrucións, etc.)
E COMO PODEMOS VER ESTA INFORMACIÓN?
Se premes na imaxen ou pasas o rato por encima, apareceranche ventás novas, chamadas ETIQUETAS, na que poderás visualizar nova información.
ESTAS PRESENTACIÓNS TEÑEN MÁIS DUNHA PÁXINA?
Normalmente SI, aquí podedes ver os exemplos:
Cando abras a presentación, na marxe dereita de abaixo, hai unhas flechas para que a presentación apareza enteira na pantalla; verase mellor nun ordenador que nun móvil.
Na marxe dereita da presentación, hai un botón en forma de flecha para pasar á páxina seguinte.
ESTAS SON IMAXES DO RETO DOS XOGOS OLÍMPICOS
A segunda páxina, onde están as instrucións para facer a antorcha.
28.4.20
LÓVA
Sabemos que a COMPAÑÍA ESTRELA está parada, sen poder xuntarse para facer as súas REFLEXIÓNS por iso as súas mestras reuníronse para darvos noticias...
MIRADE...
MIRADE...
24.4.20
SAIMOS DA CASA EN FAMILIA, E AGORA QUE?
QUERIDAS FAMILIAS,QUERIDOS NENOS E NENAS...
Xa sabemos que a partir do domingo 27 os nenos e nenas menores de 14 anos poderán sair á rúa acompañados polos seus pais ou nais pero a incertidumbre e inquedanza seguen con nós.
Déixovos un artigo moi interesanste de UNICEF sobre isto, pinchade na imaxe e lede con tranquilidade ao mellor pode responder a algunha das vosas preocupacións.
A MICRORREDE QUEDA NA CASA .(
Como sabedes, a Microrrede da Mariña, está formada por as diferentes bibliotecas escolares da mariña que forman parte do PLAMBE. Dende hai uns anos víñamos reuiníndonos para organizar unha exposición conxunta na semana das Letras Galegas cuxo obxetivo era fomentar o valor das bibliotecas escolares na comunidade educativa.
Estas exposicións facíanse baixo o lema das bibliotecas escolares que cada ano é diferente.
Por desgraza e debido a esta situación, non podemos celebrar a 9ª edición da exposición da Microrrede da Mariña cuxo tema era "Cidadá(n)s da Mariña, cidadá(n)s do mundo" durante a semana do 11 ao 14 de maio, en relación ao tema proposto polas bibliotecas escolares "Biblioteca Escolar, Viveiro de cidadanía".
Por iso, queremos mandarvos unha mensaxe de parte de todas as integrantes da Microrrede, este pequeno video en forma de ánimo, o vindeiro curso seguiremos aquí.
ESTADE ATENTOS/AS QUE GALDIÑO SAE NO VIDEO...
A MICRORREDE # QUEDA NA CASA
23.4.20
FELIZ DÍA DO LIBRO :)
LER BEN É UN DOS MAIORES PRACERES QUE PODE PROPORCIONAR A SOIDADE.
(Harold Bloom)
Manuel Gago é o autor deste fermoso texto centrado nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente,paxaro o xabarín"
A imaxe deste paxaro, da costa de Portugal, chamado "chasco"(paxariño común tamén no noso país) é grazas á colaboración do profesor Harol Bloom.
E AQUÍ VOS DEIXAMOS A RECOPILACIÓN FEITA DAS VOSAS OPINIÓNS SOBRE
QUE TEN QUE TER UN LIBRO PARA QUE PODAS LELO?
Que facemos co que lemos?
22.4.20
FELIZ DÍA DA TERRA: "SENTIRÉMONOS PRONTO"
Querido alumnado :)
Hoxe 22 de abril é o DÍA DA TERRA, e témoslle que dar os parabéns xa que é o seu 50º aniversario.
Teño unha sopresa para todos e todas vós, a TERRA enviouvos unha CARTA, sí ESCOITADES ben, unha fermosa carta en formato VÍDEO; sabe que á rapazada do cole de Galdo encántalle os videos e escoitar esas fermosas voces e ver imaxes que levan á REFLEXIÓN.
Teño unha sopresa para todos e todas vós, a TERRA enviouvos unha CARTA, sí ESCOITADES ben, unha fermosa carta en formato VÍDEO; sabe que á rapazada do cole de Galdo encántalle os videos e escoitar esas fermosas voces e ver imaxes que levan á REFLEXIÓN.
ESCOITA, MIRA e SINTE a MENSAXE que che envía a TERRA ...
PROPOSTA DENDE BIBLIOTECA, DINAMIZACIÓN e VOZ NATURA:
- Respondédelle á TERRA a través do formato CARTA (se pinchas no enlace acederás á información para saber redactar unha carta). O alumnado de INFANTIL, poderá responder cunha frase ou unha mensaxe curta.
- FORMATO do traballo: se tedes cartulina A3 xenial, nunha metade facedes a carta, na outra, un debuxo para a TERRA, podedes utilizar calquera técnica. Se non tedes ese formato, nun folio ou cartulina blanca.
- Poñede o voso nome: FAMILIA de..... e o curso do voso fillo/a.
- FACEDE unha FOTO en horizontal, que se vexa ben de cerca o voso traballo.
- RECORDADE: o máis importante do traballo é a ESCRITA, coidada e sen faltas de ortografía.
- A entrega será ata o 15 de maio.
- CORREO: bibliogaldo16@gmail.com
Con tódolos traballos recopilados faremos un fermoso video adicado a vós FAMILIAS, porque se algo se caracteriza esta biblioteca é pola vosa PARTICIPACIÓN en tódalas actividades.
MIL GRAZAS...de corazón

Etiquetas:
PDI SOÑANDO MARES TRASNPARENTES,
VOZ NATURA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





