13.4.20

ATENCIÓN: NOVIDADES NO NOSO CANAL DE YOUTUBE

OLA RAPAZADA:)

Estes días estivemos recolocando o noso canal de youtube, agora se ides a LISTAS DE REPRODUCIÓN veredes que aparecen TEMAS NOVOS. Son todos os vosos traballos organizados por temas, como o noso proxecto de biblioteca PDI SOÑANDO MARES TRANSPARENTES, o CLUB DE CIENCIAS, VOZ NATURA...etc, 

Aquí vos deixo os enlaces directos para que vaiades vendo os videos, que agora temos moooito tempo e así podedes ver aos vosos compañeiros.

Ata pronto :)

PARA BÚSQUEDAS POSTERIORES, TEDES O ENLACE DIRECTO AO CANAL NA COLUMNA DA DEREITA QUE PON ATENCIÓN!



 PDI SOÑANDO MARES TRASPARENTES

CLUB DE CIENCIAS

VOZ NATURA

MES DA CIENCIA EN GALEGO

ENTROIDO

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


VIDEO DO ENTROIDO

OLA RAPAZADA :)

Aquí sigo soiño...


Teño un agasallo para vós, este fermoso VIDEO do marabilloso traballo que fixestes durante o ENTROIDO.

ESPERO QUE VOS GUSTE TANTO COMA MIN...e mentras tanto #quedanacasa




NOVOS EXPERIMENTOS DO ALUMNADO DE INFANTIL E 1º E.P


MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

            Durante o mes de novembro celebramos no centro o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Nesta actividade traballamos conxuntamente o grupo de Biblioteca, Voz Natura, Club de ciencias, Meteoescolas e Dinamización da lingua galega. Dunha ou doutra maneira abránguenos a todos e todas, polo que é unha actividade que conta coa participación de todo o centro.
           
            Levamos a cabo 4 experimentos neste mes. Dous deles estaban relacionados intimamente coa terra, a parte de Voz Natura  que ten aos pequenos do centro máis enganchados.

 Nun, no que colaboraron nenos e nenas de infantil e primaria, seguimos todo o proceso dunha xudía, dende que se recolle a semente ata que regresa de novo como pranta ao invernadoiro. Neste proceso puideron observar como non fai falla terra para que unha semente agrome, ou que se cae enriba da terra tamén o fará, non necesitará estar enterrada.

            O segundo experimento foi a continuación dun xa iniciado o ano anterior. Fixemos un composteiro no que metemos distintas materias, entre elas varios tapóns de plástico de botellas. O alumnado puido comprobar que o plástico non se descompón, razón pola que non debemos tiralo na Natureza, senón no  colector corrrespodente.

            Os outros experimentos estaban xa moi relacionados co proxecto deste ano: Soñando Mares Transparentes. Nun deles descubriron de onde saía o sal e que pasa coas pequenas partículas de plástico que hai flotando na auga. 
Credes que debemos seguir usando a purpurina?

            No outro, o alumnado de 5 anos aprendeu a relación entre flotabilidade e a auga salgada e a doce. Foi todo un descubremento!

NO SEGUINTE ENLACE, PODEREDES VER ESTES EXPERIMENTOS.



9.4.20

CHEGOU O PAPAGAIO

O PAPAGAIO ESTÁ AQUÍ.....


Aquí tedes o PAPAGAIO, xa que non o podedes ler en formato de papel, Galdiño pideuno en formato dixital para que o poidades ler tranquilamente. 

Estade atentos/as porque ainda quedan as edicións de maio, xuño e o especial de verán.

A LER O XORNAL!!








FAME DE PALABRAS

Ola de novo rapazada :)

Apetécevos participar nun concurso??? 

Eu ben sei que neste cole hai moitas/os POETAS, puidémolo comprobar neses recreos de POESÍA que tivemos no mes de febreiro e parte de marzo, mágoa que non puidemos celebrar o noso FESTIVAL DE POESÍA o 18 de marzo. 

Tamén coas nosas poetas de 4ºE.P que abriron o acto de #errantespolomundo tendo como madriña a ROSALÍA DE CASTRO e como padriño a MANUEL MARÍA, que maravilla de recitados...

Non pasa nada, eu ben sei que nas vosas casas tamén ledes poesía, no blogue de 2ºE.P. hai colgados moitos videos, recitando dende as diferentes casas,mirade...

Dende GÁLIX ( asociación do libro Infantil e Xuvenil) propoñen participar dende a casa nun concurso: 


Se pinchades no enlace, podedes ver as bases, é moi sinxelo, os que xa o fixestes podedes aproveitar ese recitado e envialo.
Tédelo que gravar en audio e envialo :)

VAMOS POESTASSS !

8.4.20

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

OLA RAPAZADA :)

Canto tempo sen saber nada de vós, bueno, algo sei porque ando a mirar eses blogues marabillosos das vosas mestras e vexo que seguides moi activos/as dende as vosas casiñas..bótovos moitísimo  de menos...

Estou soiño na biblioteca e quería propoñervos unha actividade que creo que vos vai gustar.

Como sabedes o 2 de ABRIL foi O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. A sección pratocinadora este ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetina ilustrada por Damijan Stepancic: FAME DE PALABRAS






O VINDEIRO 23 DE ABRIL será O DÍA DO LIBRO e GALDIÑO QUERE SABER SE LES NA CASA :)

Sabe que é moi importante ler...ler calquer tipo de tamática, dende libros de receitas, poesía, banda deseñada, aventuras...en galego, en castelán, en inglés...e agora temos mooito tempo para isto.

A súa proposta é que respondades a esta pregunta:


QUE TEN QUE TER UN LIBRO PARA QUE TEÑAS GANAS DE LELO?


  1. Pensa ben a túa resposta
  2. Escribe,redacta ordenadamente a túa resposta (xa sabes que escribir axuda a pensar mellor)
  3. GRAVA EN AUDIO A TÚA OPINIÓN ( entrada do blogue ESCOITA,MIRA E COMPRENDE)
  4. Envía o teu audio a esta dirección: ermiclase@gmail.com
Cos audios que cheguen farase un Podcast: un arquivo de audio para publicar incluindo todas as opinións. 

CONSELLOS: exprésate e explica ben a túa opinión. Grava ben,que se entenda claramente.

XA SABEDES,
 EN ABRIL ,LECTURAS MIL!








31.1.20

CLUB DE CIENCIAS: EXPERIMENTO FEITO POR 2º E.P

REPERCUSIÓN DO DESXEO NA VIDA DOS PINGÜÍNS


O alumnado de 2º de E.P está a investigar, dentro do PDI, A VIDA DOS PINGÜÍNS e como influe o cambio climático nas súas vidas. 

Levan todo o trimestre facendo traballos de investigación e dentro do CLUB DE CIENCIAS puideron observar canto tarda o xeo en derretirse co aumento da temperatura.

Mirade as súas conclusións :( 

A verdade é que lles encanta explicar o que ocorre ainda que ás veces sexa un pouquiño complicado,jaaaaa, as tomas falsas son xeniais!

#clubdeciencias #expresiónoral #bilioinclusiva #bibliotecacreativa

OBRADOIRO DE PORTABOCADILLOS #fóraplásticos

Ola familias :)

A semana pasada tivemos de novo un OBRADOIRO COAS FAMILIAS e as súas fillas e fillos, incluso NETOS...

Dentro do noso PDI: "SOÑANDO MARES TRANSPARENTES" temos unha actividade que é #recreosceroplástico. Ata agora, conseguimos grandes cambios como traer a nosa propia botella de aceiro, non traer envases de plástico para as merendas... pero observamos que isto era máis complicado, así que, decidimos que os propios alumnos, axudados polas súas nais, avóas, pais, madriñas, tías...,fixesen os seus portabocadillos :)

MIRADE QUE PRECIOSIDADE! 
Ah!! a máquina de coser que temos na BIBLIOTECA funciona a tope, jejeee

#biblioinclusiva #igualdade #bibliocreativa




UN MAR DE PAZ

Ola rapazada :)

Despois do NADAL volvimos coas pilas cargadas para seguir coa nosa labor de PROTEXER OS NOSOS MARES...

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ e que mellor forma que reflexionar sobre o que lle estamos a facer ao noso planeta, á nosa terriña, aos nosos MARES...

Por iso quixemos lanzar as nosas MENSAXES, mensaxes de esperanza, do que queremos de verdade no día a día, comezando polo noso centro e rematando na rúa,no parque, na PRAIA...

Creo que a MENSAXE chegou ao noso concello... QUERÉDELO VER??

Mirade,miradeeee...neste video recóllese toda a vosa labor e empeño.

MOITAS GRAZAS RAPACES E RAPAZAS!!!

#cidadanía  #marestransparentes








20.12.19

RECOMENDACIÓNS LECTORAS, MUSICAIS, PELÍCULAS, DOCUMENTAIS, XOGOS

QUERIDOS REIS MAGOS...

Galdiño sabe que estades moi preocupados polo que está a acontecer coa contaminación e os PLÁSTICOS DO NOSO MAR, xa sabedes que o alumnado do #coledegaldo está a traballar nisto e que agora mesmo a concienciación é moi importante, por iso, vos deixamos unhas recomendacións para cada idade.

Tede en conta que son libros que teñen que ver co noso proxecto "SOÑANDO MARES TRANSPARENTES". Pero non só para nenas e nenos, tamén para a FAMILIA.


Xa sabedes que o alumnado de Galdo é moi creativo, así que, tamén vos deixamos recomendacións MUSICAIS, XOGOS DE MESA, DOCUMENTAIS E PELÍCULAS.

MOITAS GRAZAS POR FACERME CASO!!

UN SAÚDO DE GALDIÑO