8.4.20

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

OLA RAPAZADA :)

Canto tempo sen saber nada de vós, bueno, algo sei porque ando a mirar eses blogues marabillosos das vosas mestras e vexo que seguides moi activos/as dende as vosas casiñas..bótovos moitísimo  de menos...

Estou soiño na biblioteca e quería propoñervos unha actividade que creo que vos vai gustar.

Como sabedes o 2 de ABRIL foi O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. A sección pratocinadora este ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetina ilustrada por Damijan Stepancic: FAME DE PALABRAS






O VINDEIRO 23 DE ABRIL será O DÍA DO LIBRO e GALDIÑO QUERE SABER SE LES NA CASA :)

Sabe que é moi importante ler...ler calquer tipo de tamática, dende libros de receitas, poesía, banda deseñada, aventuras...en galego, en castelán, en inglés...e agora temos mooito tempo para isto.

A súa proposta é que respondades a esta pregunta:


QUE TEN QUE TER UN LIBRO PARA QUE TEÑAS GANAS DE LELO?


  1. Pensa ben a túa resposta
  2. Escribe,redacta ordenadamente a túa resposta (xa sabes que escribir axuda a pensar mellor)
  3. GRAVA EN AUDIO A TÚA OPINIÓN ( entrada do blogue ESCOITA,MIRA E COMPRENDE)
  4. Envía o teu audio a esta dirección: ermiclase@gmail.com
Cos audios que cheguen farase un Podcast: un arquivo de audio para publicar incluindo todas as opinións. 

CONSELLOS: exprésate e explica ben a túa opinión. Grava ben,que se entenda claramente.

XA SABEDES,
 EN ABRIL ,LECTURAS MIL!








31.1.20

CLUB DE CIENCIAS: EXPERIMENTO FEITO POR 2º E.P

REPERCUSIÓN DO DESXEO NA VIDA DOS PINGÜÍNS


O alumnado de 2º de E.P está a investigar, dentro do PDI, A VIDA DOS PINGÜÍNS e como influe o cambio climático nas súas vidas. 

Levan todo o trimestre facendo traballos de investigación e dentro do CLUB DE CIENCIAS puideron observar canto tarda o xeo en derretirse co aumento da temperatura.

Mirade as súas conclusións :( 

A verdade é que lles encanta explicar o que ocorre ainda que ás veces sexa un pouquiño complicado,jaaaaa, as tomas falsas son xeniais!

#clubdeciencias #expresiónoral #bilioinclusiva #bibliotecacreativa

OBRADOIRO DE PORTABOCADILLOS #fóraplásticos

Ola familias :)

A semana pasada tivemos de novo un OBRADOIRO COAS FAMILIAS e as súas fillas e fillos, incluso NETOS...

Dentro do noso PDI: "SOÑANDO MARES TRANSPARENTES" temos unha actividade que é #recreosceroplástico. Ata agora, conseguimos grandes cambios como traer a nosa propia botella de aceiro, non traer envases de plástico para as merendas... pero observamos que isto era máis complicado, así que, decidimos que os propios alumnos, axudados polas súas nais, avóas, pais, madriñas, tías...,fixesen os seus portabocadillos :)

MIRADE QUE PRECIOSIDADE! 
Ah!! a máquina de coser que temos na BIBLIOTECA funciona a tope, jejeee

#biblioinclusiva #igualdade #bibliocreativa




UN MAR DE PAZ

Ola rapazada :)

Despois do NADAL volvimos coas pilas cargadas para seguir coa nosa labor de PROTEXER OS NOSOS MARES...

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ e que mellor forma que reflexionar sobre o que lle estamos a facer ao noso planeta, á nosa terriña, aos nosos MARES...

Por iso quixemos lanzar as nosas MENSAXES, mensaxes de esperanza, do que queremos de verdade no día a día, comezando polo noso centro e rematando na rúa,no parque, na PRAIA...

Creo que a MENSAXE chegou ao noso concello... QUERÉDELO VER??

Mirade,miradeeee...neste video recóllese toda a vosa labor e empeño.

MOITAS GRAZAS RAPACES E RAPAZAS!!!

#cidadanía  #marestransparentes








20.12.19

RECOMENDACIÓNS LECTORAS, MUSICAIS, PELÍCULAS, DOCUMENTAIS, XOGOS

QUERIDOS REIS MAGOS...

Galdiño sabe que estades moi preocupados polo que está a acontecer coa contaminación e os PLÁSTICOS DO NOSO MAR, xa sabedes que o alumnado do #coledegaldo está a traballar nisto e que agora mesmo a concienciación é moi importante, por iso, vos deixamos unhas recomendacións para cada idade.

Tede en conta que son libros que teñen que ver co noso proxecto "SOÑANDO MARES TRANSPARENTES". Pero non só para nenas e nenos, tamén para a FAMILIA.


Xa sabedes que o alumnado de Galdo é moi creativo, así que, tamén vos deixamos recomendacións MUSICAIS, XOGOS DE MESA, DOCUMENTAIS E PELÍCULAS.

MOITAS GRAZAS POR FACERME CASO!!

UN SAÚDO DE GALDIÑO

4.12.19

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


Non existe mellor cousa que escoitar as REFLEXIÓNS que fan as nenas e nenos despois de ir ao teatro a dialogar con JORDI FABRA I SIERRA. 

O alumando de 3ºEP xa leu o seu libro: "EL CLUB DE LOS RAROS", e sacaron a conclusión de que "todos somos raros e únicos". Porque ser DIFERENTE MOLA! #bibliotecainclusiva




Invítovos a que ESCOITEDES o que din.




         


SEMANA DE ANIMACIÓN Á LECTURA #25

OLA FAMILIAS :)

Ao longo da semana pasada, tivemos a sorte de contar coas FAMILIAS de nenos e nenas de infantil: As nais de Mateo e Lucas da clase dos azuis; a familia de Valeria, da clase dos vermellos e a familia de Clara, tamén da clase dos vermellos.
Ainda nos queda unha sorpresa para mércores.

Estas foron as súas actuacións.

MIL GRAZAS POR ESTA SUPERCOLABORACIÓN, só ver a cariña das vosas/os fillas/os merece a pena :)

PORQUE NA HORA DE LER TAMÉN CONTAN AS FAMILIAS!








27.11.19

SEMANA DE ANIMACIÓN Á LECTURA #25N

Comezamos a semana coa lectura dun libro moi fermoso cheo de VALORES DE IGUALDADE, o título é 
"IRINA BAILARINA" da editorial Embora edicciones

A lectura foi feita por Ana, a nai de Lidia da clase dos azuis.
MIL GRAZAS FAMILIA :)


26.11.19

25N NON TEÑAS MEDO!

Ola rapazas e rapaces :)

Hoxe, 25 de NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, fixemos visible o noso traballo, sabemos que NON só se traballa nun día, senon, o resto do ano, comezando por tratar e respectar aos nosos compañeiros/as no patio, falándolles ben, na rúa, na casa.

Por iso, educamos en VALORES, CONCIENCIANDO e que mellor forma que a través dos libros, cancións, manifestos...

O alumnado do CEIP P. SANTA RITA DI:

NIN UNHA MÁIS !



14.11.19

O NOSO PLÁSTICO DO DÍA A DÍA...


Ola rapaces, ides alucinar co visionado deste video! Xa sabedes que a semana pasada tivestes unha tarefa común: baleirar as papeleiras de cor amarelo onde depositastes o plástico das merendas que trouxestes, durante unha semana, para o recreo de media mañá. 

MIRADE O RESULTADO...COMO QUEDOU O ACUARIO??????

TEREMOS QUE REFLEXIONAR SOBRE ISTO??? 




GALDIÑO ESTÁ MOI PREOCUPADO E QUERE LANZAR UN RETO:


DURANTE A VINDEIRA SEMANA TEREDES QUE CONSIGUIR SER A CLASE QUE MENOS PLÁSTICO TRAIA DAS MERENDAS :)

SEREDES CAPACES?