14.1.10

Os Reis trouxéronnos moitos libros..


e deixáronnos algo de neve.
Si, este ano 2010, os Reis Magos chegaron a Galdo co agasallo que tendes no expositor, na entrada do colexio. Son novos libros para a nosa BIBLIOTECA que van estar uns días expostos. Supoñemos que serán ben recibidos por todo o alumnado.
Así que, adiante!. Abrídeos, botade unha ollada polas súas páxinas e lembrade os títulos dos que vos gustaría levar para a vosa casa.
Xa sabedes, o venres é o día que temos para visitar a BIBLIOTECA.
Alí vos agardan!

11.12.09

"Máis respostas ás preguntas...


que nunca te fixeches".

Este é o título dun libro recén chegado aos andeis da nosa Biblioteca.
Responde a máis de 100 preguntas.
Cantos pelos ten un home no seu corpo?
E unha muller?
E un neno?
Que hai no corpo humano que mide 100 000 km. de lonxitude?
Estas e moitas máis son as preguntas que teñen resposta neste libro.
Se vos gustou o primeiro, con este tamén vos divertiredes moito.

4.12.09

O LIBRO DAS M´ ALICIAS

Alicia cánsase de estar diante do ordenador...abre o frigorífico. No seu interior hai unha pota con coello e, nun prato branco, unha orella esquerda cun brinco de ouro con forma de estrela...

Oda a unha estrela


Recibimos un fermoso libro do poeta chileno Pablo Neruda.
Trátase de "ODA A UNHA ESTRELA".

"No alto dun rañaceos,
na imensidade da noite,
alguén rouba unha estrela.
Mais, no momento de gardala no seu peto,
comenza a súa odisea".

Novos libros


Onde viven os monstros
Autor do texto e das ilustracións: MAURICE SENDAK
Tradución: XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ

Esta obra publicada no 1963 é hoxe un clásico da literatura infantil.
A noite na que Max puxo o seu traxe de lobo e comenzou a facer trasnadas...

9.11.09

Comentario de Paula ( 2º curso )




Vouvos contar de que trata o libro que levei para a casa.
ANAMARCIANA trata dunha nena que vive no espacio e vai á escola.
Vai de excursión cos seus compañeiros.
Vive cos seus pais e co seu irmán. O seu irmán chámase Nanomarciano, o seu pai Roquemarciano e a súa nai Adelamarciana.
Este libro gustoume moito.
Recoméndovolo.

O venres, o magosto


Hai uns días os nenos e nenas de 1º Ciclo fomos apañar castañas a un souto da parroquia de Magazos.

Este venres día13 de novembro celebraremos no Colexio a festa do Magosto.

Ímolo pasar moi ben. Xa vos contaremos.

25.9.09

VENRES: día de Biblioteca


Hoxe é venres. Estamos na sesión de tarde e toca Biblioteca.

Os primeiros en chegar son os nenos e nenas de 6º.

Martín Prado vén para devolver o libro que levou a semana pasada: "HEROES, DEUSES E EMPERADORES". "Gustoume moito o libro--di MARTÍN-- porque ten uns debuxos impresionantes". E escolle outro sobre o corpo humano: "LA MÉDULA ÓSEA". "Agardo que me guste!"

Despois chega Manuel de 3º que levou a semana pasada "AS 7 BOLAS DE CRISTAL". "Había unha momia que atocou a un señor que se chamaba Tornasol e que tiña un corazón de ouro..."

Gustoume moito e hoxe levo "O CASO TORNASOL". Xa vos contarei!"

E así, un detrás doutro, pasan pola Biblioteca do Colexio moitos nenos e nenas. Cando toque o timbre de saída levarán nas súas mochilas un novo amigo para a casa.


23.9.09

Saúdos de María, Nuria, Judith e Rebeca

Ola, somos catro alumnas de 6º curso e queremos saudar a todos e a todas. A vindeira semana pensamos escribir nesta páxina para comentar tamén as nosas lecturas.