29.5.18

IRMANDADE CON ESCARABOTE!

Ola compañeiros e compañeiras de Escarabote :)

Estamos ansiosas e ansiosos de vervos o venres!! non podemos cos nervios..mi madriña!! despois de dous anos sen vernos as caras temos ganas de compartir un día de convivencia tod@s xuntos,así que para ir abrindo boca,fixemos un video para presentarnos de novo.

VÉMONOS O VENRES EN ESCARABOTE!!!

APERTAS E BICAZOSSSSSS...



PREPARÁNDONOS PARA OS MAIOS!


O venres pasado, participamos nun obradoiro sobre os Maios. Membros da Asociación Campo de Urraca acercáronse ao centro a explicarnos a súa orixe, en qué consisten e cómo preparalos.

Moitas grazas!







E ao día seguinte saímos no xornal!


26.5.18

NOVAS ENTRADAS E CONCURSO VÍDEO DE VOZ NATURA

Xa temos novas entradas no blogue de Voz Natura!

E moi importante! Xa está aberto o concurso de vídeos de Voz Natura. Este é o noso! Esperamos que vos guste!

https://pr.easypromosapp.com/voteme/824821/630299574?ep1=ws


7ª CONVOCATORIA DA MICRORREDE DOS CETROS PLAMBE DA MARIÑA

De novo outra convocatoria da Microrrede dos Centros Plambe da Mariña. Este ano a temática foi "A Mariña en faminino".
No seguinte cartel poderedes ver os centros que participaron así como a programación das actividades.



No noso colexio traballamos o tema "Voces en feminino". Para iso o alumnado, xunto coas familias, elaboraron unha carcasa de CD nas que representaban cancións das cantantes Sofía Espiñeira e Guadi Galego. Tamén houbo quen se animou a realizar un videoclip de algunha das cancións!


Durante estos días, tamén poderedes gozar dela na entrada do colexio!


Por último comentar que, no seguinte enlace, poderedes ver fotografías e vídeos de todas as actividades que se realizaron durante os días 7,8,9 e 10 en Viveiro.






17.5.18

VISITA DAS PANDERETEIRAS "OS DO 21"



Que mellor maneira de celebrar as Letras Galegas que recibindo a visita das pandereteir@s da Asociación OS DO 21!! Coa axuda do seu acordeón e as súas pandeiretas, cantáronnos varias cancións tradicionais galegas. No facebook do colexio contades con vídeos sobre a actuación. Os nenos, nenas e maiores pasámolo xenial e cantamos algunha canción que coñeciamos moi ben como foi "A saia de Carolina".


16.5.18

PROGRAMA DE FROITA NA ESCOLA

Hoxe remata o período de reparto de froita na escola como alternativa saludable para o recreo. Foron dúas semanas nas que tomamos mazá, fresas, albaricoques, laranxas...





Viveiro Surf Escola

Esta semana, a clase de EF foi diferente. Aprendemos sobre surf como deporte de tempo libre e como opción na escola, da man de Viveiro Surf Escola.



AS NOSAS LETRAS 2018


A LINGUA GALEGA está de celebración!!! Mañá celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que este ano está adicado a unha escritora con alma galega chamada Mª VICTORIA MORENO MÁRQUEZ. É autora de moitos libros xa coñecidos para nós cos que contamos na nosa biblioteca escolar: "Leonardo e os fontaneiros", "Mar adiante","Eu conto, ti cantas...", "A festa no faiado"...



No colexio non paramos de traballar e os nenos e nenas esforzáronse moito e fixeron traballos marabillosos para conmemorar este día tan especial para os galegos.





Os nen@s de Infantil prepararon un mural precioso para a exposición da entrada; os nen@s de 1º e 2º de Primaria fixeron un libro e un mural sobre a vida e obra de Mª Victoria Moreno; os rapaces e as rapazas de 3º e 4º elaboraron carteis anunciadores das Letras Galegas 2018 que colgamos polo colexio; e os alumnos e alumnas máis maiores do colexio, os de 5º e 6º de Primaria, están a preparar un programa especial da nosa radio escolar que moi pronto poderemos escoitar en RadioGaldo. Estade atentos!!! Polo de agora deixamos unhas fotos e un vídeo cos traballos elaborados, esperamos que vos guste!!




14.4.18

VISITA DOS GARDAS FORESTAIS!

Grazas á colaboración dun pai dunha nena de 2º, onte no cole foi un día especial para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria viñeron un grupo de Gardas Forestaisfalarnos da loita contra os incendios.
Premendo na fotografía poderedes ter máis información!


VISITA DUN GARDA CIVIL DO SEPRONA

Premendo na imaxe poderedes ver o relativo á charla realizada pola Garda Civil que pertence ao Servizo de Protección da Natureza (Seprona) sobre o labor que leva a cabo na loita contra incendios.