Hugo Casas, de 3º curso cóntanos como transcurriu a Festa do Magosto no colexio, a tarde do 15 de novembro. Grazas, Hugo polo teu texto e o teu debuxo!
1.12.13
27.11.13
NA BUSCA DE MASCOTA
Ao longo deste trimestre traballamos na busca dunha mascota para a nosa renovada biblioteca. Establecéronse unhas bases e argallouse todo un concurso. Tratábase de buscar unha personaxe imaxinaria , acompañala de nome, lema e dunha historia que explicase a relación desa mascota coa nosa biblioteca.
Que bos traballos se fixeron!
os Bibliogrifos do 1º curso , gardiáns nocturnos da Biblioteca.
O Leo Libriño que le un contiño, de 2º curso
E as variadísimas mascotas de 3º, 4º, 5º e 6º curso
Os traballos estiveron expostos nos rincóns da Biblioteca dende finais do mes de outubro.
E...despois de moito estudar todas e cada unha das propostas, un xurado composto por un mestre de cada un dos ciclos, decidiuse polo traballo de Roque Basanta Núñez, de 4º curso. O coello GALDIÑO ( de Galdo, terra de coellos) é o elexido como mascota oficial da Biblioteca do cole de Galdo.
O xurado considerou que o de Roque foi un bo traballo, inédito e feito autónomamente, sen axuda. Mascota, nome, lema e historia correspóndense ca busca e coas bases do concurso. Noraboa, Roque! E Benvido Galdiño, o xa noso coelliño!
Logo, veremos un grande Galdiño 3D traballando pola e para a nosa Biblioteca. Galdiño na biblioteca, lendo caladiño...
5.11.13
RECURSOS PARA TRABALLAR O MAGOSTO
Que é o Magosto? Como? Cando? Por que a castaña é a protagonista desta Festa?Por que en Novembro?
Necesitamos estar ben documentados, informarnos e traballar o tema. Aquí temos algunhas recopilacións de recursos e ideas para ir preparando a Nosa Festa.
Castiñeiro,castañas e magosto , do CEIP de Monforte de Lemos
http://www.xunta.es/linguagalega/o_castineiro_a_castana_e_o_magosto
Recopilación Recursos para o Magosto dende CEIP Víctor Sáenz, de Mazaricos
https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/
Navegamos e investigamos. Logo, deixamos rexistro do que aprendimos. Imos aló! Toma castaña!

17.10.13
A boneca maldita
Gabriel relátamos unha historia arrepiante inventada por el e moi apropiada para as próximas celebracións de Samaín e Halloween.
Disfrutade dela se é que o medo non vos paraliza, ja,ja,ja,....buuuuuuuu!!!!!
Corre,corre cabaciña!
Esta vez é Cristina a que nos conta o relato inventado por ela e ambientado nunha casa da aldea.
Prestade moita atención
11.10.13
UNHA HISTORIA...DE MEDO?
Esta é a primeira das historias feitas e narradas polos nenos e nenas do cole, coa axuda dos nosos profes, en especial, do profe de Música, Marcial.
En concreto, o autor e narrador desta é Xoel Trasancos, de 5º curso.
Para oíla só tedes que clicar no arquivo de audio. Non a perdades!!!!

25.5.13
Observando polo microscopio
O alumnado do colexio estivo pasando polo Recuncho da Ciencia onde temos os vermes da seda.
Utilizamos un microscopio para poder ver como saían os vermes dos ovos e tamén para ver os Bombyx Mori que aínda son moi pequeniños.
Que ben o pasamos observando a estes animaliños!
Ñam, Ñam..., todo o día papando nas follas de moreira!

24.5.13
O recuncho da ciencia
Desde hai uns días temos aberto no noso colexio un RECUNCHO DA CIENCIA.
Neste recuncho puxemos un criadoiro de vermes da seda. Este vermiño, cientificamente coñecido com Bombyx Mori, é ben curioso e os nenos e nenas que visitamos este espazo apampamos diante do criadoiro vendo como os vermiños--ata agora moi pequenos--comen e comen nas follas de moreira, o único alimento que devoran.
Dentro duns días os vermes medrarán e entón comezarán a facer o seu casulo de seda.
Daquela xa vos teremos informados.

17.5.13
Tod@s somos Roberto Vidal Bolaño
14.5.13
UNHA PRIMAVERA DE POEMAS,EXPOSICIÓN NO CONCELLO
Xa están os portadores de poemas no Concello: papaventos da EEI San Roque, paxaros do CEP Lois Tobío e máis do CEIP Pedro Caselles Rollán, flores do CEIP de Covas e do CEIP de Cervo, abellas do IES Vilar Ponte, xoaniñas do IES María Sarmiento e as andoriñas do CEIP Santa Rita. Alí estarán expostos na aula de Usos Múltiples do Concello neste mes de Maio.
Moitas familias que apadriñaron conocidos e non tan coñecidos poemas. Unha actividade conxunta que quixeron facer os centros da zona.
Hoxe quedará inaugurada a exposición ás 18:30. Poderedes visitala o resto da semana.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

Gabriel Arias
Cristina