28.4.12

"Abril, libros mil "

"Abril, libros mil", dixo Paula , a de cuarto, cando estaba a facer un traballo para o mural sobre o Día do Libro.
E algúns compañeiros e compañeiras fixeron seu este novo "refrán" e rotularon esta frase nos seus traballos.
Tamén catro alumnos de sexto curso deseñaron candaseu cartel para o mural da Biblioteca.
Así que a nosa Biblioteca  loce na súa parede  unha chea de traballos: "23 de abril, Día do Libro", "Poesía e pintura/ Poem and paint", "Rosalía", "Consello de avoas"...

4.2.12

Un libro que me gustou

A min este conto gustoume moito, mesmo a parte na que o bisavó quere ir ao océano...pero o vento non lle deixa navegar. Daquela levántase moito vento e a barquiña empeza a dar voltas e voltas.
Gustoume o estilo co que está escrito.
DAVID BALSA

Novos libros

O noso expositor está cheo de libros novos.
Títulos coma Yared e a reciclaxe, Kofu e o tempo libre, Os dragóns do arco da vella, O carameliño sen cor e sen sabor, Os xemelgos, O zapateiro máxico, Kofu e o medo... E moitos máis agárdanos agora nos andeis da nosa Biblioteca sempre aberta.

1.2.12

O DÍA DA PAZ

Onte celebramos no noso colexio o DÍA  DA PAZ. O acto tivo lugar no patio do alumnado de Educación Infantil. Participamos todos os nenos e nenas do centro acompaañados polo profesorado. Houbo actuacións musicais e lectura de textos e poemas.
O máis novedoso foi unha solta de pombas que fixemos no intermedio do acto. Isto foi posible grazas á colaboración de Felipe, un rapaz veciño de Galdo, que trouxo cinco pmbas nunha gaiola. Foi moi fermoso ver como as pombas, nada máis se viron libres, votaron a voar. Despois dunhas voltas para se orientar desaparteceron da nosa vista.
E así este ano o noso colexio conmemorou este DÍA DA PAZ.

25.5.11

Recuncho LOIS PEREIRO

Na nosa Biblioteca preparamos un recuncho dedicado á obra do escritor LOIS PEREIRO.
Nel temos toda a obra publicada deste autor:
-Poemas 1981/1991
-Poesía última de amor e enfermidade ( 1992-1995 )
-Poesía completa
-Modesta proposición e outros ensaios
-Conversa ultramarina
E tamén exemplares das revistas Luzes de Galiza e Animal onde colaborou o escritor.

LOIS PEREIRO

Neste mes de maio no que andamos, Lois Pereiro foi o protagonista dos nosos murais.

13.4.11

Mural do Día Internacional do Libro Infantil

Realizamos un mural dedicado ao Día Internacional do Libro Infantil. Investigamos na Biblioteca e montamos unha exposición cos libros de H. C. Andersen. Tamén os nenos e nenas de 6º fixeron reseñas sobre o autor e algún debuxo.
Nenas e nenos de 2º

24.9.10

Os libros da BIBLIOTECA tamén podemos ir á túa casa

O vindeiro venres día 1 de outubro os libros da BIBLIOTECA comezaremos a visitar as casas do alumnado do colexio.
Para que estas visitas sexan posíbeis tendes que facer o seguinte:
1º.-Pasar pola BIBLIOTECA, no horario que vos indique o profesorado, e escoller o libro que máis vos guste.
2º.-Darlle todos os nosos datos aos encargados da BIBLIOTECA para que rexistren o préstamo.
3º.-Coidarnos con moito agarimo un máximo de 15 días, e
4º.-Devolvernos en bo estado á BIBLIOTECA do colexio.