7.5.10

Punto de Lectura do alumnado de Infantil

Que vos parece o novo punto de lectura dos nenos e nenas de Educación Infantil?
Está situado na entrada das súas aulas e ten uns libros ben bonitos.
Que ben o van pasar os pequenos!

23.4.10

No día do libro...

...lemos frases arredor do libro.
Escollimos para vos, este provervio hindú.


"Un libro aberto é un cerebro que fala; Pechado, un amigo que espera; Esquecido, unha alma que perdoa; Destruído, um corazón que chora".

16.4.10

Ola, aquí estamos

Como todos
os VENRES,
aquí estamos.
Primeiro,
buscamos o libro
no andel
e despois
de anotar o préstamo,
levámolo
para casa.





















9.4.10

Hoxe a primeira en chegar á BIBLIOTECA foi...


María Valcarce Suárez, de 4º curso. Trouxo un libro para devolver: Patatas fritas.
Despois, chegou David Balsa. O libro que leu titúlase Como facer un comic.
Iria Pérez veu á Biblioteca por un libro para levar para a casa. Levou Glub, o incrible peixe bala.
E asi ata...58 nenas e nenos pasaron hoxe pola BIBLIOTECA do Colexio.

26.3.10

Nas vacacións, mellor con... un libro


Agora que veñen as vacacións e aproveitando que hoxe é venres imos pasar pola Biblioteca para escoller un novo amigo que nos acompañe.

12.3.10

Miguel Delibes


"Poco después de amanecer, el Nini se asomó a la boca de la cueva y contempló la nube de cuervos reunidos en consejo. Los tres chopos desmochados de la ribera cubiertos de pajarracos, parecían tres paraguas cerrados con las puntas hacia el cielo. Las tierras bajas de don Antero, el Poderoso, negreaban en la distancia como una extensa tizonera"
( Miguel Delibes, Las ratas, 1962 )
Hoxe os medios de comunicación viñeron cunha triste noticia. Morreu Delibes.
Desde o noso blog queremos lembrar hoxe a este escritor.
Buscamos no andel da Biblioteca do Colexio un dos seus libros.
E comezamos a ler.
Anímadesvos a ler alguna obra deste escritor?

26.2.10

Xa estamos de volta


a estamos de volta nas aulas despois destas pequenas vacacións do Entroido.
Eu entreguei hoxe o libro " A princesa e o guisante" e levo un libro que se titula " Transportes por terra, estrada e ferrocarril "

Martín ( 6º curso ):)

2.2.10

Antía vendo as novidades

Aqui temos a Antía vendo as novidades que están no expositor.

1.2.10

O expositor de libros


Hoxe, puxemos novos libros no expositor situado na entrada do cole. Son os últimos libros adquiridos para a nosa Biblioteca.
Dentro duns días poderedes levalos para a casa.

29.1.10

30 de xaneiro: DÍA DA PAZ

Quen envía algún texto
sobre o DÍA DA PAZ ?