Por fin "HABEMUS" VIDEO do entroido, jaaaaa. A mestra Inés recopilou tódalas fotos dos momentos vividos antes, durante e o mesmo día do entroido, para facer este vídeo marabilloso.
Desfrutade do voso traballo, porque tédesvos que sentir mooi orgullos@s, que satisfación máis grande saber que fixestes vós O VOSO disfrace , que axudastes aos vosos compañeir@s. Moitas grazas ás familias por colaborar nisto... sempre estades dispostas a todo.
MADRIGAL Á CIBDÁ DE SANTIAGO. FEDERICO GARCÍA LORCA
Chove en Santiago,
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
García Lorca, Federico (1978) Seis poemas galegos (Madrid: Akal, Col. arealongiña)
Sabedes que os poemas poden ser versionados por cantautores ou grupos? Aquí tedes un exemplo, dúas versións preciosas para ESCOITAR E SENTIR !
VERSIÓN DE CARLOS DÍAZdo poema de Federico García Lorca
Hoxe é o día internacional dos BOSQUES e tamén o Día da POESÍA , so tedes que mirar o voso patio para comprender que estades rodeados de natureza, de toda clase de árbores.
Por que relacionamos a poesía coa chegada da primavera?
Porque simbólica e etimoloxicamente relacionamos a
poesía coa creación, co rexurdimento da vida, o espertar na natureza
despois dos meses fríos do inverno, tempo do amor e da fertilidade,
enerxía vital.
En todas as culturas este período do ano aparece
vencellado aos procesos creativos. Na primavera énchese o mundo de
flores e de cancións. A primavera é o tempo dos namorados, mais tamén do
libro e da lectura (23 de abril), o tempo das Letras Galegas
(17 de maio).
Nas culturas clásicas e na cultura medieval de occidente
na primavera celebrábanse os festivais ou certames de poesía,
concentración de músicos e poetas. As grandes cortes do amor da Idade Media convocábanse preferentemente na primavera.
Este pequeno video é para que observedes e sintades todo aquilo que vos provoca a natureza e... por que non escribilo? da igual en que formato: poesía, unha carta, unha noticia, un conto...
"HAI MOMENTOS NO CAMIÑO NOS QUE AS PALABRAS NON SON NECESARIAS" Inés Castro.
GALDIÑO está supercontento ! A exposición realizada o #8M MULLERES ABRINDO "CAMIÑO" tivo un éxito rotundo.
Sabe que o traballo de pescuda da información foi frutuoso, xa que, grazas a vós, ás vosas aportacións e traballos, puidemos saber que é unha PERCEBEIRA, unha CAPITÁ de pesca e unha ENXEÑEIRA NAVAL. Todas estas mulleres son da nosa zona, concretamente de Viveiro e Xove.
O alumando de 4º, 5º e 6º preparou unha entrevista a cada unha e o resto dos cursos fixeron a parte da investigación da propia profesión.
Este foi o reparto :
ENTREVISTA a ANA MEITÍN,PERCEBEIRA, feita polo alumnado de 4º de E.P. O alumnado de 3 aniños fixo a parte plástica, os percebes e traballaron a súa fotografía. O alumnado de 1º investigaron sobre a súa profesión, aparellos, etc.
ENTREVISTA a LUCÍA FERNÁNDEZ CAO, ENXEÑEIRA NAVAL, feita polo alumnado de 5º de E.P . O alumnado de 5 anos fixo a parte plástica e investigaron sobre a súa profesión, centrados sobre todo nas pezas que fai Lucía, que son engranaxes e hélices. O alumnado de 3º E.P realizaron uns preciosos bosquexos de barcos feitos a carboncillo.
ENTREVISTA a ARANTXA TORIZA, CAPITÁ de pesca. Foi o curso de 6ºE.P quen lle realizou a entrevista, e o alumnado de 2ºE.P investigou sobre a súa profesión. Os máis pequenos, o alumando de 4 anos, fixo un TEMÓN e traballou a súa fotografía.
Tivemos a sorte de que viñeran ao centro e coñecelas en persoa.
o EQUIPO DE BIBLIOTECA fixo un genially para poder pescudar sobre estas mulleres e outras que nos abriron camiño a TODAS NÓS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS O VIDEO para que toda a comunidade educativa poidades desfrutar desta exposición. Canto nos tarda que podades vir en persoa ao centro.
Hoxe foi un día xeniaaaal ! tivemos a sorte de facer un OBRADOIRO DE RADIO cuns profes marabillosos de PONTE NAS ONDAS.
Nunha soa sesión traballamos os seguintes contidos:
ORALIDADE : dicción e proxección davoz, a locución e interpretación coa voz.
EDICIÓN DE SON : utilizando o programa de
distribución libre Audacity ensináronos a gravación e edición do son, e a
preparación e creación de podcasts, e o aloxamento en plataformas
dixitais.
RADIO EN DIRECTO : Montaxe dunha emisora, estrutura
dunha emisión: sintonías, cortes de voz, cortes de música, diferenza
entre locución e control técnico, elaboración dun programa, deseño e
tipoloxía de programas, como elaborar un guión e unha escaleta, temas a
tratar, música para incluír nos programas.
MOITAS GRAZAS A DAMIÁN E A XERARDO, DE SEGURO QUE REPETIREMOS ESTA EXPERIENCIA.
Sabemos que hoxe non foi o DÍA INTERNACIONAL DA RADIO ( 13 DE FEBREIRO) PERO PARA NÓS SÍ QUE FOI...