31.10.18

Bo día a tod@s! Aquí vos deixamos unha guía de lectura para o Samaín. Esperemos que disfrutedes moito con estes contos terroríficos!

27.6.18

PREMIOS SEMINARIO DE ESTUDOS TERRA DE VIVEIRO

O seminario de Estudos Terra de Viveiro entregou os premios do concurso de relatos e debuxos, ao que se presentaron 43 traballos entre os escolares da zona, o pasado venres 22 de xuño. 
Na categoría de relatos, gañou, Iago Vieira Rivas, alumno de 5º curso de primaria, e na categoría de debuxo, María Maragoto Palmeiro, alumna de 6º curso. Ámbolos dous, tiveron o seu agasalllo; Iago, unha cea na Chabola e María unha cea no Louzao. 


    Noraboa rapaces!




PREMIOS NA FASE PROVINCIAL DO CONCURSO DE RELATOS DAS LETRAS GALEGAS 2018

O mércores día 20 ás 18:30h, dous dos nosos alumnos de 5º de primaria, Lucia Gacio e Iago Vieira Rivas, conseguiron un premio na fase provincial do concurso de relatos polas Letras Galegas da Biblioteca municipal de Viveiro. No acto, tiveron que ler o seu relato e viñeron cargadiños de regalos, unha morea de libros moi variados: teatro,poesía,narrativa...
Recolleron o premio na Biblioteca Municipal Nodal,en Lugo.
NORABOA RAPACES!

PORQUE A LECTURA É ALGO MARAVILLOSO, NON DEIXEDES DE LER!















BÚSCA DO TESOURO

O último día de colexio despedimos o curso cunha BUSCA DO TESOURO de todo o cole. Todo o cole repartido en 8 equipos de 19 nenos e nenas de 3 anos a sexto. 

As normas: traballar xuntos, coidar uns doutros e non correr, e como obxectivo, conseguir o premio. Ah, e o máis importante, pasalo ben!!!!





12.6.18

" O DOCE MUNDO DO MEL DE GALICIA!


Que é o mel? Con este interrogante aparentemente sinxelo dá comezo unha campaña de sensibilización destinada aos máis cativos “O doce Mundo do Mel de Galicia”.
Esta actividade, solicitada o curso pasado e aceptada a finais deste curso escolar, achegou ao alumnado de primaria, o fascinante mundo da apicultura.